O Centro Dramático Galego pon en marcha unha nova edición da Bolsa de Dramaturxia

Imagen del artículo O Centro Dramático Galego pon en marcha unha nova edición da Bolsa de Dramaturxia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O obxectivo desta iniciativa impulsada en colaboración con diferentes colectivos culturais é seleccionar un proxecto de escrita dramática para súa coprodución coa unidade teatral da Xunta de Galicia
  • Destínanse 6000 euros para a contratación desta dramaturxia, que deberá realizarse nun máximo de seis meses

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia acaba de abrir a terceira edición da Bolsa de Dramaturxia, unha iniciativa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolve en colaboración con diferentes colectivos culturais co obxectivo de seleccionar un proxecto de escrita dramática para a súa posterior coprodución co Centro Dramático Galego.

Esta nova convocatoria foi publicada hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais e forma parte da liña de apoio á dramaturxia galega actual que a unidade teatral pública leva a cabo a través de producións propias e do programa de coproducións.

Poden optar a esta bolsas as persoas dedicadas profesionalmente á escrita no ámbito das artes escénicas, sempre que desenvolvan a súa actividade maioritariamente en Galicia. Ademais, contan cunha dotación de 6000 euros para a contratación da escrita da dramaturxia a partir da proposta seleccionada e o período para a súa realización é de seis meses.

O prazo de solicitude estará aberto desde mañá e ata o vindeiro 27 de xuño e os proxectos deberán achegarse a través da sede electrónica da Xunta, incluíndo unha sinopse, a traxectoria da persoa ou persoas que participan na escrita e unha carta de motivación.

Unha comisión independente, integrada por representantes da Asociación de Dramaturxia de Galicia (DramaturGA) e do resto de colectivos colaboradores, será a encargada de seleccionar o proxecto gañador, tendo e conta a calidade, a oportunidade artística e a orixinalidade da proposta, así como a actualizade e interese da súa temática, a traxectoria artística e literaria da persoa que asina a proposta ou aspectos que teñen que ver coa duración e número de intérpretes do espectáculo resultante.

Os proxectos gañadores das anteriores convocatorias foron Relato para un incendio, de Ernesto Is, que foi levado a escena xunto á compañía aAntena, e Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva, que deu lugar á coprodución con Xerpo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
258889 {"title":"O Centro Dramático Galego pon en marcha unha nova edición da Bolsa de Dramaturxia","published_date":"2024-06-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/Dramaturxia_Corpoduci%C3%B3n2%C2%AAEdici%C3%B3n.jpg","id":"258889"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-12/258889-centro-dramatico-galego-pon-marcha-unha-nova-edicion-da-bolsa-dramaturxia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.