Anxo M. Lorenzo gaba a capacidade do alumnado de Primaria e ESO para achegarse á figura do Picasso coruñés

  • O director xeral de Cultura participou na entrega dos premios do IX Concurso de Debuxo Picasso, organizado pola Asociación da Prensa da Coruña co apoio da Xunta

A Coruña, 17 de xuño 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no Instituto IES Eusebio da Guarda (A Coruña) na entrega dos premios do IX Concurso de Debuxo Picasso, un certame organizado pola Asociación da Prensa da Coruña, co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que quere resaltar a figura do pintor na súa etapa na cidade herculina.

Nesta edición do concurso, destinado a alumnado de 3º a 6º de Primaria e da ESO de toda Galicia, presentáronse 350 traballos. O director xeral de Cultura destacou neste senso "o gran esforzo e capacidade entre os máis novos á hora de crear e transportarse a esa infancia na Coruña de Pablo Picasso". Así, Anxo M. Lorenzo, que tamén quixo felicitar ao profesorado, recordou que a esencia deste certame reside nesa "creatividade que entón xa amosaba o artista creando xornais para os seus familiares que incluían debuxos e textos".

En total, o xurado concedeu 9 premios e 18 accésits distribuídos en tres categorías segundo nivel de estudos, recoñecendo en cada unha delas as mellores redaccións, debuxos e xornais. Os galardóns recaeron en centros de Cambre, A Laracha, Ordes, Ferrol, Ourense, Culleredo, Oleiros, Narón, A Coruña e Sarria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272395 {"title":"Anxo M. Lorenzo gaba a capacidade do alumnado de Primaria e ESO para achegarse á figura do Picasso coruñés","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"272395"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272395-anxo-m-lorenzo-gaba-capacidade-do-alumnado-primaria-e-eso-achegarse-figura-do-picasso-corunes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.