A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música para achegar esta experiencia a persoas con discapacidade auditiva

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A medida enmárcase nas iniciativas da Xunta para acadar os obxectivos que se recollen na Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia
  • O día do concerto de Budiño instalarase un punto onde as persoas interesadas en probar os equipos contarán con asistencia técnica e unha intérprete en lingua de signos 

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

A Cidade da Cultura de Galicia disporá no concerto de Budiño —programado para o Día da Música— de mochilas vibratorias equipadas con tecnoloxía para mellorar a experiencia musical de persoas xordas ou con perda auditiva. A medida enmárcase nas iniciativas impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para acadar os obxectivos da futura Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia.

O venres 21 de xuño, día do concerto, o Gaiás disporá na súa Praza central dun Punto de Accesibilidade onde as persoas interesadas en probar esta tecnoloxía poderán facer uso de seis equipos, contando con asistencia técnica e coa axuda dunha intérprete de lingua de signos para facilitar o seu manexo.

As mochilas están equipadas cun receptor FM que permite ás persoas sentir no seu corpo as vibracións da música, facilitando que gocen dunha mellor experiencia musical. A tecnoloxía mellora tamén a calidade da escoita das persoas con audiófonos ou con implantes cocleares xa que, a través dun colar conectado á mochila, o son se traslada limpo de ruído ambiente á prótese auditiva.

O uso destas mochilas súmase a outro tipo de iniciativas coas que a Cidade da Cultura está a traballar para mellorar a súa accesibilidade, moitas delas en colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, como a organización de visitas comentadas ás exposicións con intérpretes en lingua de signos ou a elaboración de material audiovisual para este colectivo.

A Xunta de Galicia celebra na Cidade da Cultura o Día da Música con Budiño, un dos músicos galegos máis internacionais, que presentará o seu último disco nun concerto gratuíto o venres 21 de xuño. O gaiteiro virá acompañado para a ocasión dun elenco de novas voces e talentos do neo-tradicional galego, cos que comparte o seu amor pola música de raíz e a vontade de experimentar coa electrónica.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271818 {"title":"A Cidade da Cultura ofrecerá mochilas vibratorias no Día da Música para achegar esta experiencia a persoas con discapacidade auditiva","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/MochilaVibratoria1.JPG","id":"271818"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271818-cidade-da-cultura-ofrecera-mochilas-vibratorias-dia-da-musica-achegar-experiencia-persoas-discapacidade-auditiva https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.