Todas las noticias de goberno galego en Galicia en los últimos 30 días
Más de 100 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Sábado 27 Julio 2024
Rueda destaca a importancia da colaboración público-privada para consolidar Galicia coma unha terra atractiva para investir
- "É preciso seguir traballando con sentidiño para ofrecer estabilidade e transmitir que Galicia é unha comunidade acolledora", resaltou
- Salienta o papel dos galegos do exterior no futuro da comunidade autónoma e aposta por seguir impulsando as políticas de retorno
Viernes 26 Julio 2024
A Xunta pon a disposición de veciños, turistas e peregrinos a humanizada praza do Souto de Valga
- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe no acto no que se inauguraron as obras que dotaron o espazo de máis zonas verdes e de lecer
O Goberno central rectifica e inclúe a Galicia no Proxecto Viena que permitirá construir 301 vivendas protexidas en 4 solos da Sareb na comunidade
- A incorporación da comunidade ao programa fora unha das demandas efectuadas pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, na reunión mantida en maio coa ministra Isabel Rodríguez, reiterada posteriormente por carta e no encontro da pasada semana en Betanzos
- Os catro solos onde se construirá vivenda protexida sitúanse nos concellos de Ribeira, Cangas e Lugo
- M. Allegue reitera a capacidade de xestión e de cumprimento da Xunta e amosa a disposición do Goberno galego "para seguir afondando nesta colaboración que nos permita seguir incrementando o parque público de vivenda no noso territorio, ofrecendo vivenda pública accesible aos diferentes colectivos que a demandan"
A Xunta e a Asociación As San Lucas de Mondoñedo tratan novas colaboracións para as festas deste ano
Lugo, 26 de xullo de 2024 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse hoxe con representantes da asociación As San Lucas de Mondoñedo para tratar novas colaboracións de cara á celebración das Festas das San Lucas deste ano. A Xunta cooperará na loxística do evento, que atrae a multitude de visitantes. En concreto, o Goberno galego financiará a instalación de gradas na praza da Catedral para mellorar a seguridade e ...
A Xunta colabora coa 38ª Feira do bonito de Burela, que se celebra a fin de semana do 3 e 4 de agosto
- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron na presentación da programación deste ano
Merelles salienta a relevancia do apoio da Xunta aos festivais para consolidar o turismo urbano en Galicia
- Turismo de Galicia colabora co desenvolvemento do programa festivo de María Pita e do Festival Noroeste Estrella Galicia
A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de comerciantes na revitalización do comercio local
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV edición da feira de oportunidades Bueu non stock
- Gabriel Alén lembrou que este ano o Goberno galego destinou 2,25 millóns de euros ás axudas para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos
- Tamén subliñou que a Administración galega resolveu recentemente a convocatoria de achegas deste ano á transformación dixital, a innovación e a modernización do sector comercial e artesanal con máis de 2 M€ distribuídos entre 400 beneficiarios
Rueda avanza que a Xunta destinará ao Campus Industrial de Ferrol 6,6 M€ ata 2028, case o dobre que no período anterior
- Salienta que o obxectivo é que a universidade teña "a capacidade e tranquilidade" de poder planificar o traballo nos vindeiros anos cun "orzamento fixo"
- Ferrol foi o primeiro campus de España en conseguir o recoñecemento da súa especialización, e agora é o primeiro tamén en renovalo
- Destaca a importancia de formar en Galicia a profesionais especializados en sectores con futuro coma as novas industrias ou as enerxías renovables
A Xunta reforza o equipamento de rescate dos GES de Ponteceso, Muros, Quiroga, O Grove e Terra de Celanova
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na entrega de xogos de ferramentas para excarceración e coxíns pneumáticos para elevación de cargas
- O equipamento forma parte da dotación coa que o Goberno galego apoia estes grupos na comunidade, no marco dos máis de 27M€ investidos en material de servizos de emerxencias municipais, tanto GES como Protección Civil
Jueves 25 Julio 2024
A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no mundo
- Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con máis de 9.000 socias e socios
- Neste evento gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas do palangreiro Argos Georgia, afundido en augas arxentinas
- Nos próximos días, o titular de Emprego, Comercio e Emigración manterá diferentes encontros institucionais con galegos residentes na Arxentina e no Uruguai para seguir estreitando lazos coa comunidade galega do exterior
Miércoles 24 Julio 2024
Ana Ortiz destaca o compromiso da Xunta co festival Iacobus Maris Experience para "converter a Vigo en parada dos grandes veleiros"
- A delegada da Xunta, Ana Ortiz, presentou o evento que se celebra no peirao de Trasatlánticos do 24 ao 28 de xullo
- O festival conta con activid ades para nenos e maiores, xogos infantís, casetas de comida e bebida, concertos e visitas guiadas aos barcos
A Xunta promove a reinterpretación dos sombreiros tradicionais galegos no festival Asnot de Padrón
- A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, entregou hoxe o Premio Internacional de Sombreirería Chapeu Contest 2024, que recaeu na revisión dun sancosmeiro tradicional da sombreireira holandesa Amber van Thull
- A reinterpretación do pucho tradicional galego presentada por Marta Estévez, acadou o recoñecemento na categoría Aprendiz
- O Goberno galego patrocina por primeira vez este festival de divulgación da sombreirería co obxectivo de que se afiance como o evento de referencia para os profesionais da sombreirería e dos complementos de moda de Galicia
O Festival Sinsal celebra esta fin de semana unha nova edición co patrocinio da xunta a través de FEST Galicia
- O evento sorprende ao público do 26 ao 28 de xullo cun cartel secreto conformado por 26 bandas de diversos estilos e procedentes de 15 países
- Mañá haberá unha actividade previa no porto de Vigo coa actuación de 'Ombligo', para a que quedan entradas á venda con descontos para titulares do Carné Xove da Xunta
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude achégalle un financiamento de 70.000 euros a esta cita musical adherida á marca de festivais do Goberno galego e incluída no programa estival de actividades 'CulturON'
Román Rodríguez celebra que o CESGA logre captar 47 M€ de Fondos Europeos porque demostra "a gran calidade do seu proxecto e o liderado de Galicia"
- A nosa Comunidade consigue o 75% do total de fondos repartidos entre todos os membros da Rede Española de Supercomputación (RES) a partir do PERTE Chip
- Esta tecnoloxía permitirá avanzar no descubrimento de novos medicamentos, no deseño de novos materiais ou na optimización dos procesos de produción na industria
A Xunta somete a información pública o plan de xestión do Monumento Natural da Costa de Dexo
- Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin durante un mes contado a partir de mañá
Martes 23 Julio 2024
Belén do Campo anima aos artesáns da Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia
- Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros
- As achegas apoian a asistencia dos obradoiros a feiras de todo o mundo, ademais de financiar a organización destes eventos desde concellos ou asociacións de artesáns
- A orde -que en 2023 acadou case 80 entidades beneficiarias- responde á importancia do sector en Galicia tanto no plano social e cultural como no económico
O Museo Catedralicio de Mondoñedo exhibe unha peza de cerámica de época baixoimperial cedida pola Xunta
- Foi descuberta nunha escavación financiada polo Goberno galego no 2017 e presenta unha inscrición interpretada como un Crismón arcaico
Gómez Caamaño subliña o compromiso da xunta cos hospitais comarcais tras 10 anos de melloras no Hospital Público da Mariña, que atende a 70.000 persoas
- Sinala que o proxecto para seguir ampliando este hospital, cun investimento de 30M€, está moi avanzado e debe desenvolverse de forma compatible coa actividade asistencial
- Lembra que desde 2015 a Xunta investiu 19 millóns de euros en melloras que marcaron "un antes e un despois" neste hospital público
- Destaca que a convocatoria das prazas de difícil cobertura por concurso de méritos posibilitou a incorporación de 16 novos especialistas en áreas clave do hospital
A Xunta e Conxemar analizan melloras para o Ifevi para dar continuidade á feira internacional dos produtos do mar conxelados nas mellores condicións
Vigo, 23 de xullo de 2024 O Goberno galego e a Asociación Española de Maioristas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura, Conxemar, analizan posibles melloras para o Instituto Feiral de Vigo -Ifevi- co fin de garantir a continuidade nas mellores condicións da feira organizada na cidade olívica por esta entidade. O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secret...
A Xunta fixa os criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado a investimentos en infraestruturas de carácter estratéxico
- O Diario Oficial de Galicia publica a orde que concreta os criterios de reparto dunha dotación de case 8,5 millóns de euros para esta liña de acción
- Ao abeiro desta medida, os concellos poderán recibir financiamento de ata o 50% do importe total dos proxectos cun límite de 700.000 euros
- A contía total do Fondo de Cooperación Local ascende a 152,3 millóns de euros coa suma do fondo base e o adicional
Rueda destaca que a Xunta reforza a protección do patrimonio natural coa renovación da frota de vehículos dos axentes medioambientais
- O obxectivo é dotar ao persoal de recursos máis modernos, seguros e sostibles
- Salienta a importancia de coidar o medio natural, "un tesouro insubstituíble" que xa é o principal atractivo para os turistas que visitan Galicia
- O 42% do territorio galego está baixo algún tipo de protección pola súa singularidade ou biodiversidade
- A Xunta destinou nos últimos cinco anos 195 M€ a melloras en zonas protexidas
- Galicia é pioneira na posta en marcha dunha brigada especializada na investigación de delitos medioambientais
Medio Rural reitera o seu apoio ao fomento do castiñeiro e á recuperación de soutos como acción para coidar o territorio
- A titular da Consellería puxo de relevo a aposta por aqueles produtos da nosa comunidade recoñecidos por unhas características específicas
- Ademais, destacou as achegas destinadas ao fomento do castiñeiro, nas que na convocatoria actual se rexistraron 118 solicitudes, ademais daquelas dirixidas ás frondosas e o labor das agrupacións forestais de xestión conxunta
- Cualificou a Alibós como unha empresa que "impulsa ao sector primario, repercute de forma positiva no consumidor e garante os beneficios dun produto ecolóxico e saudable"
A Xunta entrega ao Centro do Medio Rural de Torroso material para prevención de incendios forestais
- A delegada territorial da Xunta de Galicia, Ana Ortiz, entregou este martes ferramentas destinadas a defensa dos montes e xardíns de Mos
A Xunta impulsa a mellora na eficiencia enerxética do campo de fútbol de San Tirso en Abegondo
- A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a instalación deportiva para coñecer as accións previstas ao abeiro do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
- Actuarase na cuberta dos vestiarios principais e substituirase a iluminación da área de xogo
- Un total de seis concellos da área da Coruña recibiron achegas do Goberno galego ao abeiro desta liña dotada con 5 millóns de euros e dirixida a municipios con menos de 15.000 habitantes
López Campos anima a participar na recollida de voces para promover a inclusión do galego no eido dixital
- Destaca a importancia que ten a "colaboración da poboación para avanzar na xeración de recursos, como é conseguir a maior cantidade de horas gravadas no noso idioma para que as ferramentas funcionen o mellor posible"
- A plataforma 'Common Voice' conta neste momento con 700.000 frases en galego que precisan ser lidas e agárdase superar o millón nos vindeiros meses
- A iniciativa de doazón de voz que hoxe comezou percorrerá un total de 16 concellos nesta segunda etapa, despois dunha primeira experiencia en Porto do Son e Melide
A Xunta reclama ao Goberno unha xestión planificada dos fondos europeos e advirte da súa desconexión coas necesidades das empresas
- Exixe unha cogobernanza real e efectiva destas axudas e que vaian acompasadas ao que a industria, as pemes e as persoas autónomas precisan
- Indica que, a día de hoxe, Galicia é a única comunidade autónoma que leva executado máis de tres cuartas partes dos fondos asignados
- Solicita, tamén, ese mesmo compromiso do Goberno en relación á planificación da rede de transporte eléctrico que condiciona o desenvolvemento de diversos proxectos industrias que supoñen un importante investimento para Galicia
- Contrapón a esta falta de resposta do Goberno, o compromiso da Xunta por facer de Galicia un polo de atracción industrial na Península, especialmente, no eido da economía verde e dixital
Galicia segue a superar os rexistros históricos de exportacións e suma máis de 12.800M€ entre xaneiro e maio
- Nos cinco primeiros meses do ano, as vendas ao exterior da Comunidade incrementáronse un 4,4% con respecto a 2023, ano récord das exportacións galegas no que se superou por primeira vez a barreira dos 30.000M€
- Maio volve ser un bo mes para as exportacións en Galicia, que crecen máis dun 9% en comparación co mesmo período do exercicio anterior
- Este incremento permite a Galicia contar cunha balanza comercial positiva en preto de 4.125M€ entre xaneiro e maio
Lunes 22 Julio 2024
A Xunta aumenta a capacidade de resolución da Atención Primaria así como o confort de pacientes e profesionais
- No ano 2023 o Goberno galego xestionou 37,8 M€ dentro do Marco Estratéxico de Atención Primaria para fortalecer o primeiro nivel asistencial, mellorando as infraestruturas e ampliando o equipamento clínico
- Entre as melloras levadas a cabo destaca a renovación de 26 salas de raios e a creación de outras tres novas, así como a adquisición dunha unidade móbil
- Tamén se adquiriron máis de 500 unidades de medidores de constantes vitais que integran os datos na historia clínica electrónica do paciente
- Sanidade está a traballar na xestión dos fondos do presente ano, que acadan un importe de 11 M€
- Os novos fondos destinaranse a equipamento habitual como tensiómetros dixitais, holters e oto-oftalmoscopios, e outro máis innovador, como tonómetros, dermatoscopios e aparellos de diatermia para fisioterapia
- A Xunta ten previsto realizar obras en distintos centros de primaria, poñendo o foco no correcto illamento e climatización
- O Goberno galego seguirá a traballar na abordaxe da cronicidade, investindo de novo na adquisición de sensores de glicosa para facilitar o día a día dos pacientes diabéticos
A Xunta continúa o traballo da man do tecido produtivo galego para garantir a cobertura de vacantes laborais e a remuda xeracional
- José González destacou o importante papel que xoga a Cámara santiaguesa como interlocutora entre a Administración pública e as máis de 30.000 empresas e autónomos dos 32 concellos que conforman a súa demarcación territorial
- Remarcou medidas que ten en marcha a Xunta para afrontar os retos do mercado laboral, como a flexibilización da formación adaptada ás necesidades das empresas ou a modernización do Servizo Público de Emprego
- Afondou no compromiso da Xunta co comercio para afianzar o crecemento económico mediante a xeración de riqueza e emprego locais
- Lembrou o impulso ao programa Retorna Cualifica Emprego, no que se seguirá avanzando esta semana coa viaxe á Arxentina e ao Uruguai
A Xunta enche o Monte do Gozo de actividades para toda a familia co Festival 'Revenidas Miúdo'
- O secretario xeral da Lingua e o director de Turismo de Galicia presentan esta cita que terá lugar o día 28
O Centro Dramático Galego estrea na MIT de Ribadavia o espectáculo 'Nada se sabe' en coprodución con Culturactiva
- Sobre o escenario, catro intérpretes con discapacidade dialogan co Filoctetes de Sófocles en versión de Manuel Lourenzo e codirección de Ignacio García e Fran Rei
- A estrea absoluta terá lugar este venres 26 de xullo no Auditorio Rubén García do Castelo e contará con servizos de accesibilidade
- A montaxe forma parte da actividade do 40º aniversario da unidade de produción teatral da Xunta, que coincide coa celebración das catro décadas do festival ribadaviense
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no acto do 65 Aniversario da creación da Agrupación de Tráfico da Garda Civil
A representante do Goberno galego destacou que "desde a súa fundación este corpo de seguridade desempeña un papel crucial na protección e asistencia de todos os cidadáns" ...
Convocada unha nova edición do premio de investigación 'Condado de Pallares', que conta co apoio da Xunta
- O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participaron na presentación do certame, organizado pola Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares
- O obxectivo é promover a investigación nas áreas de lingüística, historia, arte, arqueoloxía, antropoloxía, etnografía e folclore no territorio que conformaba o antigo condado de Pallares
Anxo M. Lorenzo celebra dez anos do Festival Hércules Brass en Celanova
- O director xeral de Cultura participa na presentación da iniciativa que reunirá algúns dos máis destacados profesionais en instrumentos de vento-metal
- Nos concertos actuarán os artistas internacionais Hakan Hardenberg de Suecia, Adam Rapa de Estados Unidos, Abel Pereira de Portugal e Local Brass Quintent de Francia
A Xunta aproba a construción de preto de 70 novos parques eólicos cun investimento de máis de 1.800 M€
- Galicia cumpre cos prazos establecidos polo Goberno central que marcaban o vindeiro 25 de xullo como data límite para obter a licencia de construción
- O Goberno galego está a preparar a futura Lei de administración ambiental simplificada, cuxo obxectivo é contribuír á transición cara a un novo modelo produtivo máis sostible e eficiente
A Xunta e a USC investigan o xacemento de corro dos mouros, en Lugo, que data do final da Idade de Bronce
- O delegado territorial, Javier Arias, indicou que o Goberno galego destina 30.000 euros á campaña de escavacións para estudar a funcionalidade desa estrutura singular
A Xunta impulsa a divulgación do oficio da sombreirería no 'Festival Asnot' de Padrón
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron hoxe na presentación deste evento que busca animar ao uso de sombreiros a través do humor e do enxeño
- A Xunta patrocina un mercado de sombreirería este mércores 24 de xullo, a 1ª edición do concurso Chapeu Contest que busca reinterpretar un sombreiro tradicional galego e unhas xornadas profesionais de sombreirería que se celebran entre hoxe e mañá
A Xunta reforza a contratación neste verán de auxiliares de policía local nos concellos máis turísticos
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que se destinan "145.000 euros" á contratación de profesionais "en once municipios" da comunidade
- O obxetivo é reforzar a seguridade nos concellos "nos que se multiplica a poboación" durante o periodo estival
- O Goberno autonómico leva investido máis de 1 M€ nestes apoios desde 2012
A Xunta intensifica a oferta turística do verán da cidade da Coruña co seu apoio ao Morriña Festival
- O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participan na presentación da cita que se celebra o venres e sábado
- Xosé Merelles salienta o compromiso do Goberno galego coa cidade co apoio de grandes eventos como este e outras citas musicais recentes como os concertos de Maná, Juan Luis Guerra, Luis Miguel ou o próximo de Rod Stewart, entre outros
A Xunta concerta once prazas para persoas sen fogar no centro de acollida e inclusión Padre Rubinos da Coruña
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle a resolución do concerto social convocado para a prestación deste servizo
Domingo 21 Julio 2024
A Xunta de Galicia adxudica as axudas ás galerías de arte para participar en feiras e mercados do sector
- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reforza esta liña de axudas ata 80.000€ para favorecer á proxección exterior dos creadores galegos
- As entidades apoiadas nesta convocatoria son a Galería Luisa Pita, Metro e Trinta, de Santiago de Compostela; a Galería Nordés e MoretArt, da Coruña, a Galería La Doce, de Boiro e a Galería PM8, de Vigo
Sábado 20 Julio 2024
Xosé Merelles salienta a capacidade do Camiño de Santiago para xerar riqueza no rural galego
- Participou esta tarde no VI Congreso 'Os roteiros de peregrinación como impulsores do turismo global', organizado pola Orde do Camiño de Santiago
A Xunta demanda máis diálogo por parte do concello e implicación do Goberno central no proxecto da Coruña como sede do Mundial de fútbol
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou no acto de presentación da candidatura elixida, onde reafirmou a vontade de colaboración do Goberno galego
- Para Diego Calvo ábrese unha nova etapa que require da participación de todas as administracións, tamén no financiamento a partes iguais
A Xunta reclama a Stellantis que teña en conta os provedores galegos en futuras licitacións
- A reunión convocouse para dar a coñecer a Stellantis o programa de axudas a provedores da automoción convocado pola Xunta e o borrador do Plan director para o sector, aprobado esta semana
- Na xuntanza tamén participaron o delegado de Compras de Stellantis na Península Ibérica, Luis Lozano; a presidenta e o xerente do Clúster de Automoción de Galicia (Ceaga), Patricia Moreira e Alberto Cominges, respectivamente; e o secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez
- Agradece o compromiso que vén mantendo Stellantis con toda a industria de compoñentes en Galicia exercendo unha función de empresa tractora que é fundamental, e apela ao traballo conxunto con toda a cadea de valor
Viernes 19 Julio 2024
A Xunta pon en valor o papel dos consellos reguladores na defensa da calidade alimentaria de Galicia
- María José Gómez reafirmou o apoio do Goberno galego a estas entidades, co fin de afianzar o peso das producións de calidade en Galicia e tamén no panorama nacional e internacional
- Puxo de relevo as axudas a estes organismos, o plan de promoción da calidade dotado este ano con 6 M€, a organización de sete feiras nas sete cidades galegas e a central de compras que xa está en fase piloto na web de Experiencias de Calidade
A conselleira M. Allegue destaca que eventos coma o festival IKFEM Tui-Valença fortalecen a eurorrexión
- A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a comisaria europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, participa hoxe na duodécima edición deste evento cultural
A conselleira do Medio Rural destaca a calidade dos viños da Ribeira Sacra e pon en valor o traballo dos viticultores e adegueiros
- Salientou a colaboración do Goberno galego co sector vitivinícola a través da súa Estratexia de dinamización e dun conxunto de axudas que ascenden a máis de 10 millóns de euros neste 2024
- Puxo de relevo a paisaxe dos viñedos, que xoga tamén un papel predominante na candidatura a Patrimonio de Humanidade da Ribeira Sacra
López Campos celebra os 40 anos da Mostra de Teatro de Ribadavia como evento esencial na evolución escénica de Galicia
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no acto de inauguración do festival, que se desenvolverá ata o 27 de xullo con máis dunha vintena de propostas artísticas en cartel
- Destaca a cultura, a historia e o humor como eixos vertebradores da MIT e os valores de compromiso co teatro en galego, coas novas tendencias e como entidade coprodutora
- A Xunta mantén o seu apoio ao encontro no marco da dinámica de colaboración cos eventos de referencia para o sector teatral
- O espectáculo de apertura é 'Dique', de Nova Galega de Danza en coprodución coa Xunta a través do Centro Coreográfico Galego, e o Centro Dramático Galego estreará 'Nada se sabe' con Culturactiva
Rueda destaca que o Goberno galego cumpriu o 100% das medidas anunciadas para os 100 primeiros días
- Salienta o valor da "palabra dada" para consolidarse como unha administración na que os cidadáns poden confiar
- Apunta á relevancia de iniciativas como a gratuidade da matrícula universitaria, o impulso de nova vivenda pública e máis prazas para maiores e persoas con discapacidade
- Recorda tamén outras propostas como o solo industrial gratuíto os primeiros 8 anos, a redución da tributación das herdanzas entre parentes ou a ampliación da fecundación in vitro e da conxelación de óvulos
A Policía Autonómica detén á persoa presunta autora de oito incendios forestais en Lalín
- A detención enmárcase na denominada 'operación Errante' co obxectivo de previr e atallar a sucesión de lumes na zona
Rueda destaca a recuperación do Teatro Cine Fraga como símbolo da aposta da Xunta pola preservación da riqueza cultural viguesa
- Asegura que a recuperación do inmoble supón "cumprir un compromiso" coa cidade, revitalizando un "espazo cultural pioneiro"
- Salienta a colaboración de ambas institucións para "traballar de xeito conxunto e coordinado para darlle a Vigo o espazo cultural que merece"
- Apuntou que, a partir de agora, os técnicos da Deputación e a Xunta elaborarán o plan de usos coa "participación, en especial, do enorme tecido cultural da cidade" para poder deseñar o proxecto construtivo e licitar as obras
A Xunta presenta o programa que asesorará de balde dentro da rede de Polos a 30 proxectos emprendedores en materia de márketing e comunicación
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron na presentación de Alento, iniciativa impulsada polo Goberno galego e o Clúster da Comunicación de Galicia
- Puxeron de relevo a Rede de polos de emprendemento con 14 centros abertos e o novo convenio co clúster para poñer en marcha por primeira vez este acción que apoiará a novos negocios en cuestións como a saída ao mercado ou a creación de marcas
Román Rodríguez coñece os proxectos de CETIM aos que a Xunta apoia con máis de 8 M€
- O conselleiro de Ciencia visita as instalacións deste centro tecnolóxico multisectorial para coñecer as iniciativas nas que traballan
- O Goberno galego ten colaborando coas súas iniciativas de investigación e ampliación de capacidades
Jueves 18 Julio 2024
A Xunta aborda coas federacións de transportes de viaxeiros as demandas do sector no desenvolvemento do Plan de Transporte Público de Galicia
- A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, recibiu representantes de Anetra-Galicia, Fegabus, Fegatravi e Transgacar
A Xunta reitera nun novo encontro o seu apoio aos mariscadores da ría do Burgo e lamenta a ausencia de representantes do Goberno central
- A Conselleria do Mar está á espera de recibir o informe da asistencia técnica da confraría sobre o estado dos bancos unha vez que finalizaron os traballos de dragaxe o pasado mes de maio
- O Estado aínda non remitiu o estudo da situación da ría, como require a declaración de impacto ambiental da obra, pese a que o prazo que outorgaba o citado documento venceu fai máis de quince días
- O Goberno galego reclama ao Executivo estatal que cumpra cos seus compromisos adquiridos como promotores da dragaxe e que, segundo os profesionais, aínda ten pendentes o abono das compensacións aos profesionais correspondentes a este ano
A Xunta e o Consorcio Zona Franca de Vigo renovan as súas liñas de colaboración mutua para impulsar a atracción de empresas en Galicia
- Tanto a conselleira como o delegado amosaron a súa disposición a seguir explorando novos ámbitos de traballo en común para xerar solo industrial e atraer novos proxectos empresariais cara á Comunidade
- Lorenzana enmarca a relación de colaboración co CZFV dentro dos obxectivos da política industrial do Goberno galego, que busca fomentar a colaboración público-privada e institucional para impulsar a competitividade dos sectores estratéxicos
Comezan as estadías do programa da Xunta Benestar en Balnearios
- Máis de 1.230 persoas pasarán 10 días nun dos 15 establecementos termais adheridos a esta iniciativa de envellecemento activo
- Este ano adiantouse o calendario de inicio para aquelas persoas que prefiran desfrutar desta experiencia durante o verán
Anxo M. Lorenzo celebra a ampla programación de actividades culturais no marco do Outono Lírico 2024
- O director xeral de Cultura participa na presentación do catálogo que contará, como mostra principal, coa ópera 'Madama Butterfly' composta por Giacomo Puccini
A Xunta inicia os traballos para modificar o decreto de ensinanzas universitarias co fin de afianzar unha oferta innovadora e adaptada á demanda social
- O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, reuniuse cos vicerreitores de Titulacións das tres universidades públicas galegas na primeira sesión de traballo ao respecto
Lorenzana destaca o nivel de implantación industrial que rexistra o concello de Curtis, foco de atracción de proxectos sustentables
- Apunta que nesta localidade teñen o seu emprazamento catro iniciativas empresariais declaradas prioritarias pola Xunta
- Considera que este interese investidor responde á política de incentivos á actividade empresarial que está a levar a cabo o Concello de Curtis, que é un dos 42 Concellos Emprendedores da provincia da Coruña, do total de 157 rexistrados en toda Galicia
- Na xuntanza, conselleira e alcalde abordaron a posibilidade de ampliar solo industrial no municipio para seguir facilitando a captación de empresas
Medio Rural reafirma a aposta pola transformación do leite en Galicia e avoga pola colaboración entre os axentes do sector a prol da súa sustentabilidade
- A titular da Consellería valorou os investimentos desta industria láctea en innovación e mellora das súas instalacións, para os que recibiu o apoio da Xunta
- Ademais, reiterou o compromiso do Goberno galego polo fomento da cooperación e o entendemento entre os axentes da cadea de valor do leite, destacando especialmente o papel dos gandeiros
A Xunta anima aos artesáns de Coruña a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da Artesanía de Galicia
- Talleres artesanais, Concellos e as asociacións profesionais e empresariais do sector poden beneficiarse desta orde de subvencións dotada cun orzamento de 265.000 euros
- As achegas apoian a asistencia dos obradoiros a feiras de todo o mundo, ademais de financiar a organización destes eventos desde concellos ou asociacións de artesáns
- A orde -que en 2023 acadou case 80 entidades beneficiarias- responde á importancia do sector en Galicia tanto no plano social e cultural como no económico
Belén do Campo anima ás entidades e centros de formación da Coruña a solicitar as axudas para formar ata 18.000 persoas sen emprego dando prioridade ás especialidades máis demandadas polas empresas
- Este programa, que busca flexibilizar a oferta formativa para adaptala á demanda real do mercado, vén de reforzarse cun 8,5% máis de investimento, ata chegar aos 76 millóns de euros
- Potenciaranse as especialidades máis requiridas polas empresas galegas e polas persoas traballadoras, facilitando o acceso do alumnado aos cursos co reto de dar cobertura ás vacantes existentes no mercado laboral
- Tamén como novidade, o alumnado sen a titulación necesaria para acceder a un curso poderá formarse dun xeito simultáneo e, ademais, habilítase a posibilidade de estudar un curso completo ou módulos específicos, dentro da aposta pola flexibilización
- As especialidades formativas prioritarias considéranse para toda Galicia e tamén por bisbarras concretas, potenciando as máis precisas para axustar oferta e demanda e avaliando a súa empregabilidade
- O prazo de solicitude das axudas para entidades formativas prolongarase ata o próximo 9 de agosto
A Xunta contribúe a diversificar a oferta musical deste verán en Ferrol co Festival de concertos Marola
- A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, presentou esta mañá no Concello de Ferrol esta nova cita musical que terá lugar os días 28 e 27 de xullo nos Xardíns de Herrera
- Trátase dun festival de pequeno formato que contará coas actuacións das bandas TT Syndicate e Faneka
A Xunta reafirma o seu compromiso coas cámaras de comercio como entidades clave para a dinamización económica e o impulso do emprendemento
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2024 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe á presentación da memoria de actividades da Cámara de Comercio de Santiago, na que se puxeron en valor as recentes accións desenvolvidas pola entidade, que representa os intereses de máis de 30.000 empresas e autónomos dados de alta nos 32 municipios da provincia da Coruña que conforman a súa demarcación territorial. O Gober...
A Xunta apoia ao transporte de mercadorías a través de axudas á modernización da frota e á formación dos profesionais do sector
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe a representantes da Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estradas de Galicia (Apetamcor) e da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (Fegatramer)
A Xunta estima un retorno de 3,85€ por cada euro investido na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- López Campos destaca que o estudo realizado "demostra o valor e a rendibilidade deste servizo que non ten ningún custo para as persoas usuarias"
- Ademais, a análise sitúa a media de satisfacción da cidadanía en 8,7 puntos sobre 10, amosando un impacto positivo
- Outro dos datos destacados indica que os galegos estiman que aforran 17,89€ ao mes grazas á implicación da Administración autonómica
- A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia atendeu no 2022 a máis de 800.000 usuarios e puxo a disposición da cidadanía máis de 7M de documentos
- O seguinte paso será poñer en marcha nos vindeiros meses unha ferramenta que lle permita ao público calcular o valor dos servizos que reciben
A Xunta e FEGEREC colaborarán na rehabilitación fisioterapéutica das persoas con enfermidades raras e neurodexenerativas
- A experiencia previa de colaboración acredita que as actividades recollidas no convenio melloran a calidade de vida dos pacientes con resultados mesmo mellores do agardado
- O Executivo galego achegará 32.000 euros no marco deste convenio
- Galicia conta cunha Estratexia galega de enfermidades raras presentada no ano 2021 que permite facer un seguimento do paciente desde que entra no sistema sanitario ata que dispón do tratamento axeitado para a súa doenza
- A Xunta puxo en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares para atender a pacientes con enfermidades raras, nas áreas sanitarias da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo, mellorando a atención a estes doentes
Rueda adianta que a Xunta busca reforzar a cooperación público-privada de cara o Xacobeo 2027
- Lembra que o Goberno galego impulsou que o Consello Xacobeo aprobase a ampliación dos beneficios fiscais para as empresas que apoien a celebración do Ano Santo
- Reivindica que o modelo turístico galego é sostible e sen masificacións, e cada vez máis desestacionalizado
A Xunta destina preto de 100.000 euros á renovación e mellora dos equipamentos culturais de 7 concellos da provincia de Ourense
- Manuel Pardo explicou que na liña de axudas para equipamento e mellora de instalacións culturais, na provincia de Ourense foron beneficiados, ademais de Entrimo, os concellos de Taboadela, O Carballiño, Bande, Cartelle, Baños de Molgas e A Pobra de Trives
- O delegado territorial sinalou que as subvencións permitirán reforzar os equipamentos culturais de Galicia con diferentes actuacións que inclúen ata dotar de equipamento e mobiliario, realizar obras de reforma, ampliar, modernizar ou mellorar os inmobles ou adquirir materiais técnicos
- A axudas enmárcanse no traballo da Xunta de Galicia por mellorar e impulsar as infraestruturas culturais galegas e garantir o acceso á cultura a todos os galegos na liña do Plan Xeración Cultura, a folla de ruta para este ano que inclúe un eixo centrado na mellora de infraestruturas culturais
A Xunta licita as obras de urbanización do polígono 2 de San Paio de Navia cun investimento de máis de 16 millóns
- A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves o segundo polígono do barrio vigués onde construiranse un total de 719 vivendas protexidas
- As obras do polígono 1 están xa en execución, con remate previsto na primavera do ano 2025
A Xunta destinará máis de 40.000 euros a mellorar o tellado da escola infantil pública autonómica de Vite
- O Goberno galego inviste 3 millóns de euros para realizar obras en centros de toda Galicia durante o verán
Miércoles 17 Julio 2024
A Xunta colabora co Club de Remo de Ares na adquisición dun esquife adaptado
- A entidade beneficiouse da liña de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para equipamento deportivo adaptado
- Aneiros coñeceu ademais a nova nave de embarcacións do club destinada a cubrir as necesidades de almacenamento
López Campos destaca a "difusión dos fondos das nosas institucións en distintos espazos culturais"
- A exposición itinerante 'Os traballos de Hércules' reúne 16 gravados orixinais que foron realizados a partir dunhas pinturas ao fresco do artista italiano Luca Giordano
- Trátase dunha das propostas do 'CulturON', o programa de verán do Goberno galego
A Xunta sacará a concorrencia pública a xestión do polígono agroforestal de Oímbra en setembro
- Así o anunciou a conselleira María José Gómez nunha visita a este municipio ourensán, coincidindo coa publicación hoxe no DOG da proposta de aprobación do proxecto básico deste polígono
- Esta iniciativa, desenvolvida ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, abrangue unha superficie total de 21,76 hectáreas, distribuídas en 72 parcelas de 73 propietarios
- O de Oímbra é un dos 34 polígonos agroforestais -21 deles na provincia de Ourense- en marcha na nosa comunidade, que supoñen a posta en valor de máis de 9.500 hectáreas distribuídas en preto de 31.600 parcelas propiedade de 9.220 veciños
Lorenzana remarca a aposta pola industria aeroespacial coa súa integración na política industrial da Xunta
- Apunta que se trata dun sector cunhas enormes posibilidades de crecemento, que achega un indubidable valor engadido á industria galega en termos de innovación tecnolóxica, competitividade, diversificación e emprego cualificado
López Campos destaca a contribución do voluntariado no coidado e conservación das illas Cíes
- A iniciativa pon en marcha unha serie de actividades para a preservación da illa e o seu entorno ademais de propostas lúdicas e deportivas
- O representante de Cultura da Xunta sinala que dende o Goberno galego existe o compromiso de promover unha oferta plural e de calidade, como os 44 campos de voluntariado ofertados na Comunidade
- Nesta edición participan por quenda 20 mozos de varias comunidades autónomas e outro países
Belén do Campo reúnese co alcalde de Boiro para abordar vías de colaboración
- No encontro a delegada informoulle da orde de 2,4 M€ de axudas aos concellos de menos de 50.000 habitantes para financiar a rehabilitación e rexeneración urbanas o que lle permitirá seguir avanzando na rehabilitación do Pazo de Goiáns
Gómez Caamaño anuncia o inicio mañá das obras do novo laboratorio de microbioloxía e da área de cardioloxía do Hospital de Monforte ás que a Xunta destina 1 M€
- Avanza a previsión da Xunta de licitar este ano o Plan director de reforma integral do hospital, que suporá a reestruturación de 10.000 metros cadrados para habilitar espazos máis amplos, modernos e funcionais
- Este verán tamén se licitarán os traballos da área de pneumoloxía e dixestivo, nos que o Goberno galego investirá 1 millón de euros
- Lembra as obras levadas a cabo por importe de 1,5 millóns de euros para a posta en marcha do laboratorio de análises clínicas, a ampliación do hospital de día oncohematolóxico e a mellora do servizo de farmacia hospitalaria
- Subliña que todas estas actuacións amosan o compromiso do Executivo autonómico pola potenciación dos hospitais comarcais
A Xunta recoñece o labor da Fundación Juan Soñador a prol dos menores
Allariz (Ourense), 17 de xullo de 2024 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o Campamento Espabila, organizado pola Fundación Juan Soñador no Albergue de Don Bosco. Unha iniciativa que conta, un ano máis, co apoio do Goberno galego. Durante a visita, o director xeral recoñeceu o labor desta entidade a prol da igualdade de oportunidades de todos os nenos, adolescentes e mozos, ofre...
A Xunta e concello de Riós selan o acordo para a reforma de rúa en Fumaces, mellorando a accesibilidade neste núcleo do municipio polo que pasa a Vía da Prata
- A actuación, que suporá un investimento de preto de 307.000 €, forma parte do Plan Hurbe impulsado pola Xunta, co que se contribúe a promover o desenvolvemento dos núcleos rurais da comunidade, como motores de dinamización
- A Xunta, a través da Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas, asume o 70% do orzamento, preto de 215.000€, e contratará e executará as obras
José González destaca o papel da Fundación Laboral da Construción na formación e impulso á cobertura de vacantes no tecido económico galego
- O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a sede galega desta entidade, onde remarcou a aposta da Xunta polas microformacións para atender ás necesidades das empresas galegas e favorecer a súa competitividade
- Subliñou que a colaboración entre Xunta e Fundación Laboral da Construción permitiu en 2023 realizar 145 accións formativas que beneficiaron a máis de 2.000 persoas
- González salientou a importancia do Diálogo Social para atender cuestións fundamentais que afectan a este e outros sectores, como a falta de man de obra, seguir reforzando a saúde laboral dos traballadores ou as taxas de absentismo
- Puxo en valor a modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia coa ferramenta EMi que se apoia na intelixencia artificial para casar oferta e demanda e mellorar a empregabilidade dos galegos e galegas que busquen activamente traballo
A Xunta reivindica a importancia de que todas as cidades galegas teñan un xulgado específico de violencia sobre a muller
- O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou ás seis mulleres vítimas destes últimos días en España durante á visita o Xulgado de Violencia sobre a Muller da Coruña
A Xunta convoca 10 bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro de Investigación
- Con esta acción, o Goberno galego destina un total de 266.414€ na investigación en relación coa lingua galega e na especialización da mocidade universitaria
- As persoas interesadas que cumpran os requisitos establecidos poderán enviar a súa solicitude a través da sede electrónica ata o 16 de agosto
A Xunta amplía ata os 50 M€ os préstamos directos ante o interese amosado polo tecido empresarial galego
- A convocatoria abriuse en xaneiro cun orzamento de 30M€, e desde entón recibíronse xa solicitudes por un importe próximo a esa cifra, motivo polo que o Goberno galego amplía o presuposto nun 70% achegando outros 20M€
- O obxectivo é mellorar as condicións de acceso ao crédito de pemes e autónomos, favorecendo a entrada a instrumentos de débeda nun contexto de aumento dos tipos de xuro
- O programa suma cinco liñas con dúas novidades: os préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior; e aqueles para as empresas de transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura, e para a industria manufactureira
A Xunta abre ao público o tramo da senda do paseo de Barbaña dende o Pazo dos Deportes Paco Paz á Ponte Codesal
- Trátase de case dous quilómetros no marco das actuacións da senda entre Os Remedios e Expourense licitada o ano pasado por preto de 4M€ para habilitar catro quilómetros de itinerario entre a estación intermodal e Expourense e Paco Paz
- A posta en servizo inclúe tamén a conexión coas sendas do río Barbañica, que permiten conectar Barbadás con Ourense
- A iniciativa forma parte do compromiso da Xunta de fomentar a mobilidade sostible nas contornas das cidades galegas
Martes 16 Julio 2024
Fabiola García sinala que as políticas de conciliación son chave para garantir a igualdade entre mulleres e homes
- Lembrou que Galicia é pioneira na gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos, tanto públicas como privadas, e que o vindeiro curso pechará o círculo educativo coa gratuidade das taxas universitarias para todos os alumnos
Lorenzana destaca o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, con 350 xa implantadas no país
- Son firmas de sectores tan diversos como o téxtil, o agroalimentario, o sector da maquinaria, as TIC, o farmacéutico, os servizos bancarios ou de consultaría
- Apunta que desde o ano 2019 as exportacións galegas a Alemaña creceron case un 25% e rexistraron o pasado ano os 1.815M€, mentres que as importacións acadaron un volume de 797M€
- Precisa que as empresas galegas que exportan regularmente a aquel país creceu no mesmo período un 15%, ata acadar a día de hoxe as 479, das que 316 o fan xa regularmente
- Manifesta a intención do Goberno galego de continuar abrindo mercado ao tecido empresarial a través de programas como o Plan Foexga e da convocatoria de misións comerciais
- A embaixadora amosa o seu interese pola política de incentivos da Xunta de Galicia para captar investimento foráneo, entre os que figuran a Oficina Económica de Galicia, o plan de aceleración de proxectos industriais e a Lei de Recursos Naturais
A Xunta lamenta que os 500 M€ que o Goberno central prometeu para un plan de reforzo das matemáticas e a lectura se queden en 95
- Os representantes da Consellería que participaron na Comisión Xeral de Educación expuxeron que os 5,27M€ que lle corresponden a Galicia son insuficientes para levar a cabo as melloras necesarias
A Xunta continúa reforzando os vencellos sociais e culturais coa mocidade galega do exterior
- Conecta con Galicia é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, destinada a facilitarlle á mocidade galega do exterior o contacto coas súas raíces
- Na presente edición, que se celebra no albergue xuvenil de Gandarío ata o 29 de xullo, participan 38 mozos e mozas procedentes de cinco países diferentes
- O representante de Cultura da Xunta, José López Campos, sinalou que as actividades poñen en valor o coñecemento do Camiño de Santiago e a cultura, como eidos fundamentais da identidade galega
- O titular de Emprego, José González, destacou a importancia de tender pontes coa emigración galega e de que as novas xeracións coñezan as oportunidades formativas e laborais que lles ofrece a Comunidade
A Xunta pon en valor o papel fundamental dos orientadores laborais como axentes clave para seguir mellorando a empregabilidade en Galicia
- A xuntanza de José González cos directores e orientadores laborais das oficinas de emprego da provincia de Lugo enmárcase no proceso de escoita activa que a Consellería ten aberto cos principais axentes sociais e económicos
- O conselleiro destacou os bos resultados do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego, que facilitou a contratación de máis de 4.300 persoas
- Fixo fincapé na modernización do Servizo Público de Emprego a través de medidas para casar oferta e demanda como a ferramenta EMi, favorecendo a empregabilidade das persoas que busquen emprego dun xeito activo
- Salientou a contribución dos orientadores laborais aos datos históricos do paro en Galicia, que en xuño baixou das 118.000 persoas desempregadas acadando a menor cifra desde que hai rexistros
A Xunta visita en Bolivia os proxectos financiados a través da Cooperación Galega en Charagua e a Chiquitanía
- O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE visitou as actuacións de cooperación para o desenvolvemento executadas pola Fundación Entreculturas Fe e Alegría en agrupación coa Fundación Taller de Solidariedade e por Médicos do Mundo
- Bolivia é considerado país prioritario para a Cooperación Galega e ten recibido case 7M€ a través dos cinco Plans directores executados
Manuel Pardo subliña as actividades e a implicación da Xunta pola presenza da muller no eido tecnolóxico
- Para o delegado territorial trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM
- O obradoiro 'Girl Steam' é iniciativa da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), co obxectivo de dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico
- No desenvolvemento dos obradoiros búscase trasladar mensaxes e elementos transversais como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía e o uso creativo da mesma, a colaboración, o traballo en equipo e a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento
A Xunta continúa reforzando os vencellos sociais e culturais coa mocidade galega do exterior
- Conecta con Galicia é unha iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, destinada a facilitarlle á mocidade galega do exterior o contacto coas súas raíces
- Na presente edición, que se celebra no albergue xuvenil de Gandarío ata o 29 de xullo, participan 38 mozos e mozas procedentes de cinco países diferentes
- O representante de Cultura da Xunta, José López Campos, sinalou que as actividades poñen en valor o coñecemento do Camiño de Santiago e a cultura, como eidos fundamentais da identidade galega
- O titular de Emprego, José González, destacou a importancia de tender pontes coa emigración galega e de que as novas xeracións coñezan as oportunidades formativas e laborais que lles ofrece a Comunidade
A Xunta fai entrega de dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro en Vilagarcía de Arousa
- Estas propiedades sitúanse na rúa Bosque de Desamparados e se destinan ao alugueiro para menores de 36 anos e maiores de 60
- As dúas vivendas forman parte das cincuenta que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten en propiedade neste municipio pontevedrés
- Martínez Allegue destaca o acceso á vivenda digna e de calidade para a cidadanía como unha das "prioridades absolutas do Goberno galego nesta lexislatura"
- Na provincia de Pontevedra, o IGVS conta con máis dun milleiro de vivendas de promoción pública para arrendar, cifra que ascende a preto de 3.800 en toda a comunidade
- A Xunta ten coma obxectivo duplicar o parque público de vivenda, ata chegar ás 8.000
A Xunta mantén un encontro co novo equipo directivo do centro de menores Santo Anxo de Rábade
- A educadora María Lence é a nova directora en substitución de Óscar Viñas, que deixa o posto para formar parte da nova estrutura provincial da Xunta
Lunes 15 Julio 2024
Rueda salienta a importancia da cultura para mostrar a identidade das cidades
- Destaca a exposición como unha gran forma de coñecer a singuralidade propia da cidade
- Agradece a posta en marcha de todas as iniciativas culturais na comunidade en prol de todos os galegos
Rueda informa da autorización da contratación das obras de rehabilitación de 4 edificios para crear 14 vivendas para alugamento social en Ourense, Ribadavia e Tui
- Salienta que unha das liñas da política de vivenda da Xunta é apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, o que tamén permite "darlles vida e evitar a súa degradación"
- A licitación destes contratos dividirase en tres lotes distintos, un por municipio, e suporá un investimento global de preto de 3,2 millóns de euros
- Os inmobles foron adquiridos pola Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no marco do Programa Rexurbe, por un importe de máis de 630.000 euros e están situados nos conxuntos históricos destes concellos
Ana Ortiz destaca a promoción do Bono Turístico da Xunta con doce establecementos adheridos en Vigo
- A delegada territorial en Vigo visitou este luns unha das axencias de viaxes que forman parte da nova campaña de Turismo de Galicia
- Os bonos, dos cales máis de 15.000 xa foron descargados por usuarios, poderán desfrutarse en estadías en Galicia do 10 de setembro ao 25 de decembro
A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de Coirós e Oleiros cun investimento conxunto de máis de 200.000€
- Estas axudas van dirixidas a mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia
- Estes apoios, en colaboración cos concellos, contribúen á captación de investimentos en Galicia e melloran a competitividade das empresas galegas
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.