A Xunta colabora coa 38ª Feira do bonito de Burela, que se celebra a fin de semana do 3 e 4 de agosto

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron na presentación da programación deste ano 

Burela (Lugo), 26 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia apoia un ano máis a Feira do Bonito de Burela, que alcanza a súa 38ª edición a fin de semana do 3 e 4 de agosto. Dende o ano 2019 conta co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron hoxe na presentación do programa xunto cos organizadores e representantes das demais entidades colaboradoras. 

Os responsables autonómicos puxeron en valor a longa traxectoria desta cita gastronómica, unha das máis emblemáticas da Mariña. Destacaron a súa importancia "para promocionar un produto que proporciona a Burela unha proxección nacional moi relevante e repercute en todos os sectores de actividade da vila, incluído o turístico". A feira conta co apoio do Goberno galego para asumir os custes de organización e a difusión das actividades.

Subliñaron o compromiso da Consellería do Mar co sector pesqueiro de Burela a través de campañas promocionais para fomentar o consumo dos produtos do mar e tamén coa mellora das infraestruturas portuarias.

Entre as máis recentes impulsadas este ano no porto burelés destacaron a renovación de 56 novas defensas e cinco morróns de grandes dimensións para reforzar a seguridade da frota e mellorar as condicións de amarre; a renovación das portas dos departamentos do punto limpo; o acondicionamento do firme na zona de manobras de carga e descarga de mercadorías do peirao comercial ou o proxecto para reforzar o dique de abrigo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
353332 {"title":"A Xunta colabora coa 38ª Feira do bonito de Burela, que se celebra a fin de semana do 3 e 4 de agosto","published_date":"2024-07-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105742-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"353332"} galicia C. do Mar https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-26/353332-xunta-colabora-coa-38-feira-do-bonito-burela-se-celebra-fin-semana-do-3-e-4-agosto https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.