Galicia segue a superar os rexistros históricos de exportacións e suma máis de 12.800M€ entre xaneiro e maio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Nos cinco primeiros meses do ano, as vendas ao exterior da Comunidade incrementáronse un 4,4% con respecto a 2023, ano récord das exportacións galegas no que se superou por primeira vez a barreira dos 30.000M€
  • Maio volve ser un bo mes para as exportacións en Galicia, que crecen máis dun 9% en comparación co mesmo período do exercicio anterior
  • Este incremento permite a Galicia contar cunha balanza comercial positiva en preto de 4.125M€ entre xaneiro e maio

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2024

Galicia segue a acadar resultados históricos nas súas exportacións. Así, e tras pechar 2023 co mellor rexistro acadado ata o momento, tras superar por primeira vez a barreira dos 30.000M€, as vendas ao exterior galegas marcan un novo récord e suman, entre xaneiro e maio de 2024, máis de 12.800M€, tal e como amosan os últimos datos dispoñibles publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). 

Esta cifra supón un incremento do 4,4% con respecto ao mesmo período dese histórico 2023, e sitúa a Comunidade como a segunda co maior crecemento do Estado, soamente superada por Andalucía. Unha porcentaxe que contrasta cos datos arroxados na media nacional, onde as exportacións descenderon un -2,3% con respecto a ese mesmo período de xaneiro a maio de 2023.

O incremento permite tamén a Galicia contar cun saldo favorable de 4.124,14M€ entre as exportacións e as importacións contabilizadas entre xaneiro e maio, mentres que en España a balanza continúa en números vermellos.

No que respecta aos datos interanuais de maio, as vendas ao exterior aumentaron este mes un 9,4% con respecto a maio do ano pasado, sumando nesta ocasión 2.884M€. A porcentaxe galega mellora en sete puntos a media estatal de maio, onde o crecemento situouse, con respecto ao mesmo período do ano pasado, nun 2,3%. 

Entre os sectores que están detrás do ascenso das exportacións neste mes de maio figuran o dos combustibles, aceites minerais, cunhas vendas ao exterior que medraron un 90,2% máis que en maio de 2023; a automoción, cun incremento do 9,7% con respecto ao ano pasado na venda de automóbiles; e o naval, que no acumulado de xaneiro a maio destaca polo crecemento do 27,3%.

Por países, todos os estados cos que o peso do comercio galego é significativo aumentan, producíndose, no marco da Unión Europea, importantes ascensos nos principais compradores en relación ao mesmo período do ano anterior: Francia (+26,1%), Alemaña (+3,2%), e Italia (+1,1%). E tamén destacan outros destinos como Marrocos (+6,4%) ou Estados Unidos, que suma o 2,2% das exportacións galegas nos primeiros 5 meses do ano.  

O apoio da Xunta de Galicia  

Na procura de acompañar este traballo das empresas no actual contexto e de contribuír ao seu crecemento económico, a Xunta de Galicia segue a desenvolver unha Estratexia de Internacionalización que facilita a saída ao exterior do tecido empresarial da Comunidade e que ten, como principais claves, a aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores.

A través desta Estratexia, o Goberno galego mantén e reforza a súa colaboración co tecido produtivo galego, mellorando a súa competitividade a través da internacionalización e a dixitalización.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
344671 {"title":"Galicia segue a superar os rexistros históricos de exportacións e suma máis de 12.800M€ entre xaneiro e maio","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105949-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"344671"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/344671-galicia-segue-superar-os-rexistros-historicos-exportacions-e-suma-mais-12-800m-xaneiro-e-maio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.