A conselleira do Medio Rural destaca a calidade dos viños da Ribeira Sacra e pon en valor o traballo dos viticultores e adegueiros

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Salientou a colaboración do Goberno galego co sector vitivinícola a través da  súa Estratexia de dinamización e dun conxunto de axudas que ascenden a máis de 10 millóns de euros neste 2024 
  • Puxo de relevo a paisaxe dos viñedos, que xoga tamén un papel predominante na candidatura a Patrimonio de Humanidade da Ribeira Sacra

Monforte de Lemos, 19 de xullo de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na entrega dos premios da XXVIII Cata dos Viños da Ribeira Sacra, onde destacou a calidade da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra e recoñeceu o traballo e a dedicación de todos os viticultores e adegueiros que diariamente "coidan e respectan o sector".

Durante a súa intervención, a titular de Medio Rural trasladou os seus parabéns aos premiados e a todos os implicados na posta en valor da calidade desta DO. Nesta liña, fixo referencia aos dez indicativos de calidade que avalan a produción e características dos viños que se elaboran en Galicia e ao apoio que reciben por parte do Goberno autonómico.

A conselleira destacou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia impulsada pola Xunta e as diferentes liñas de axuda para o sector que contan cun orzamento de máis de 10 millóns de euros neste 2024. As achegas destínanse fundamentalmente á reestruturación e reconversión de viñedo, á promoción en terceiros países e á elaboración e comercialización de produtos do sector, complementadas con axudas de fomento á calidade promovidas pola Consellería.

María José Gómez referiuse tamén á paisaxe dos viñedos. Neste sentido, destacou que se trata dunha paisaxe que queremos "seguir impulsado, a través dos viños, posto que esta paisaxe vitivinícola tamén xoga un papel predominante na candidatura a Patrimonio de Humanidade da Ribeira Sacra".

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
337791 {"title":"A conselleira do Medio Rural destaca a calidade dos viños da Ribeira Sacra e pon en valor o traballo dos viticultores e adegueiros","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105031-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"337791"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/337791-conselleira-do-medio-rural-destaca-calidade-dos-vinos-da-ribeira-sacra-e-pon-valor-traballo-dos-viticultores-e-adegueiros https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.