Todas las noticias de c. de emprego, comercio e emigración; en Galicia en los últimos 30 días
102 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
Viernes 31 Mayo 2024
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración avalía coa Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos as súas principais demandas
- Avogou por unha Administración facilitadora para poñer a disposición dos autónomos axudas de xeito máis áxil para manter e motivar a súa actividade
- Na xuntanza incidiu na importancia da colaboración público-privada e no diálogo para seguir impulsando a actividade económica
- Abordouse tamén a necesidade de favorecer a remuda xeracional e de impulsar o emprendemento entre os retornados galegos
José González apela á colaboración dos actores da economía social para fortalecer un modelo baseado nas persoas e na cohesión do territorio
- Destaca a aposta da Xunta para que a economía social siga a ser unha fórmula de referencia en Galicia ao promover valores como a equidade, a xustiza, a solidariedade ou o compromiso coa sustentabilidade
- Sinala que a Xunta de Galicia apoia esta fórmula desde tres vertentes: a planificación, o marco lexislativo e o orzamentario
- A nova Estratexia de economía social, con horizonte 2027, aspira a atraer e reter talento, mellorar a competitividade e ao crecemento en sectores emerxentes
- O Goberno galego traballa no deseño da nova Lei de cooperativas de Galicia para adaptala ao novo contexto socioeconómico
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a investir 43,6 millóns de euros neste eido, un presuposto que creceu en 2024 nun 3%
A Xunta pon en valor A Noite Branca da Coruña como evento dinamizador do comercio local
- O director xeral de Comercio e Consumo asistiu a esta xornada organizada pola asociación comercial Zona Obelisco e lembrou que ata o 24 de xuño os centros comerciais abertos de toda Galicia poden solicitar as axudas para impulsar a súa innovación e dinamización
- A estas achegas o Goberno galego destina un total de 2,25 millóns de euros e con elas poderán financiarse gastos derivados de campañas de dinamización coma a Noite Branca, feiras de oportunidades ou eventos de promoción comercial, entre outros
- Gabriel Alén destacou que por primeira vez esta orde de axudas se complementará cunha convocatoria que se lanzará no segundo semestre do ano para financiar proxectos tractores de dinamización destas entidades
A Xunta lanza unha campaña de sensibilización para mellorar a identificación das enfermidades profesionais das mariscadoras e das redeiras
- Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca e busca un mellor coñecemento das causas laborais destas patoloxías co fin de que reciban a atención sanitaria axeitada e de que sexa recoñecido este dereito de saúde laboral destes colectivos
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais participou na presentación desta iniciativa e recoñeceu que contribúe á mellora das condicións de traballo nestas actividades
- A campaña inclúe a elaboración dun documento con información de utilidade para cada un dos colectivos e difundirase en xornadas nos lugares que o soliciten e tamén nas webs do Issga e de Anmupesca
Belén do Campo participa na inauguración do XI Congreso Nacional de Mudanzas que se celebra na Coruña
- A Coruña, 31 de maio de 2024
- A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou na apertura do XI Congreso Nacional de Mudanzas que se celebra estes días na cidade da Coruña. Trátase dun evento bianual que reúne a máis dun centenar de profesionais das mudanzas. A delegada da Xunta subliñou que este Congreso que xa vai pola XI edición é o punto de encontro máis relevante para o sector xa que supón unha oportunidade idónea para analizar o presente e o futuro de cerca de 200 empresas que forman parte da FEDEM (Federación Española de Mudanzas).
- Belén do Campo apuntou que os grandes retos deste colectivo son, por unha banda, a adopción de novas tecnoloxías para mellorar significativamente a eficiencia e o servizo ao cliente, e por outra banda, a sustentabilidade que non é só unha tendencia, senón unha responsabilidade. "As vosas empresas deben liderar co exemplo na implementación de prácticas amigables co medio ambiente. A optimización de roteiros para reducir emisións, a reciclaxe de materiais de embalaxe e a adopción de vehículos máis limpos son só algúns dos pasos que deberedes adoptar para contribuír a un futuro máis verde", apuntou a delegada.
- Belén do Campo tamén destacou o compromiso da Xunta de Galicia con eles e coas empresas concretamente cun novo programa dirixido á contratación de menores de 30 anos como primeira experiencia profesional, un programa mixto que ademais de promover con apoio económico(ata 20.000 €) a contratación, durante doce meses, ofrece formación.
Jueves 30 Mayo 2024
A Xunta aposta pola dixitalización para impulsar o emprendemento ligado ás necesidades do territorio
- José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento que leva atendidos uns 1.900 proxectos e na que se enmarca o Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios
- Sinalou que o Goberno galego fomentará a creación de proxectos coliving e coworking no rural e espazos de experimentación para novos negocios vinculados ao territorio nos que as persoas emprendedoras poidan testar os seus produtos e servizos
Galicia aposta polo benestar e a igualdade laboral coa estratexia de seguridade e saúde no traballo
- A xerente do Issga interveu hoxe na apertura do foro Novos retos en seguridade e saúde laboral: envellecemento poboacional, perspectiva de xénero e cambio climático, organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo
- A Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: horizonte 2027 recolle, entre outros, a importancia da perspectiva de xénero e a igualdade laboral, a participación dos interlocutores sociais e de tecer unha rede de alianzas
Miércoles 29 Mayo 2024
A Xunta salienta o apoio á creación de novas cooperativas coa Rede de polos de emprendemento
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na clausura da presentación da iniciativa EspazoCoop Emprende que pon en marcha a Unión de Cooperativas Galegas para promover esta fórmula empresarial en Galicia
- Puxo en valor a Estratexia de Economía Social con horizonte ata 2027 coa que o Goberno galego aspira a xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial
- O Goberno galego está a traballar no deseño da nova Lei de cooperativas para adaptala aos novos tempos contando coas achegas do sector
- O orzamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinado á economía social en 2024 creceu nun 3%, chegando ata os 43,6 millóns de euros
A nova estratexia da Xunta en seguridade e saúde no traballo pon o foco no avance cara unha protección máis eficaz dos riscos psicosociais nos espazos laborais
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, interveu hoxe na apertura da xornada técnica Xestión dos riscos psicosociais: abordaxe preventiva e normativa organizada polo Issga
- Sinalou que o Plan de actuación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para 2024 contempla a realización de accións formativas para incidir neste eido, xa que ten efectos sobre a saúde física e mental dos traballadores
- A Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: horizonte 2027 recolle, entre outros, a importancia da investigación, sensibilización, información e asesoramento técnico ás empresas sobre a avaliación dos riscos psicosociais
Martes 28 Mayo 2024
González reafirma o compromiso co emprendemento e o emprego para xerar riqueza e fixar poboación co foco posto no comercio e no retorno de emigrantes
- José González destacou a aposta por cubrir as arredor de 15.000 vacantes laborais existentes, coa ferramenta EMi que liga oferta e demanda con intelixencia artificial, a análise das necesidades laborais en comarcas concretas ou microformacións flexibles
- Anunciou iniciativas como proxectos de coworking e coliving na Galicia non urbana para fixar poboación atraendo nómades dixitais e espazos de experimentación para novos negocios onde os emprendedores poidan testar os seus produtos ou servizos
- Salientou o compromiso coas axudas a autónomos e o labor do futuro Centro de Orientación, Emprendemento, Acompañamento e Innovación, que servirá de nexo entre as Oficinas de emprego e os Polos de emprendemento (13 activos na actualidade)
- Na estratexia a prol do comercio, avogou por un Plan de remuda, pola redefinición dos centros comerciais abertos, por consolidar as prazas de abastos como "Mercados Excelentes" e por un mapa de comercio coas necesidades específicas de cada contorna
- Canto ao retorno de galegos, reeditarase o Programa Retorna Cualifica Emprego con traballos de calidade ofrecidos en orixe, axudas ao emprendemento ou as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para fomentar a volta de xente nova cualificada
- O conselleiro tamén considerou fundamental manter aberto o proceso de escoita activa iniciado para traballar da man da colaboración público-privada e do Diálogo Social, ao que quere dotar dunha maior profundidade e transversalidade
Lunes 27 Mayo 2024
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reúnese co presidente da Federación de Comercio da Coruña, Miguel Agromayor
A Coruña, 27 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuníuse co presidente da Federación de Comercio da Coruña, Miguel Agromayor, para escoitar e recoller as demandas do sector. No encontro informoulle das distintas liñas de axudas que ten abertas o Goberno galego para este colectivo. A máis recente son as axudas da orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que, cun importe de 2,25 mil...
Domingo 26 Mayo 2024
A Xunta aposta pola formación para previr os riscos laborais nos labores de aproveitamento forestal
- O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia impartiu a máis de 20 persoas coñecementos sobre as causas dos accidentes laborais investigados e asociados a operacións de tala e apeo coa motoserra, así como sobre medidas preventivas para tratar de eliminar ou reducir os riscos que os ocasionaron
- O Goberno galego está a desenvolver unha campaña para garantir a seguridade nos aproveitamentos forestais en zonas perigosas con formación e información ao persoal sobre os riscos máis habituais asociados a estas tarefas
Sábado 25 Mayo 2024
O delegado da Xunta en Bos Aires traslada unha mensaxe de tranquilidade á colectividade galega na Arxentina nun encontro cos responsables das entidades galegas
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2024 O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, mantivo unha reunión informativa con responsables das entidades da colectividade galega na Arxentina para trasladar unha mensaxe de tranquilidade aos galegos deste país. Durante a reunión, informouse aos asistentes sobre distintos aspectos dos programas da Xunta de Galicia, destacando a total normalidade no funcionamento das actividades, má...
A Xunta apoia a campaña internacional 'Quere o teu mercado' con actividades e promocións nos mercados coruñeses
- Na xornada celebráronse diversas actividades entre as que destacan actuacións musicais, sorteo de cestas de produtos, obradoiros infantís ou concurso de debuxos
- O obxectivo é promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade das praceiras e praceiros
José González reafirma no Día do Mercado de Galicia o pulo da Xunta para potenciar as prazas de abastos e sinala que son clave para dinamizar o emprego local
- Salienta que a Xunta traballa para darlle ao comercio de proximidade a relevancia que se merece e avanza a convocatoria en verán das axudas a concellos e asociacións de comerciantes para a mellora de instalacións e equipamentos
- Sinala que o Goberno autonómico aposta "con contundencia" por garantir as condicións óptimas de accesibilidade e adecuación das instalacións das prazas, favorecendo a celebración de actividades complementarias
- O titular de Emprego, Comercio e Emigración incide na colaboración máxima da Xunta cos praceiros de Ourense e aposta pola creación dunha comisión de seguimento supramunicipal para dar saída ás obras da Praza de Abastos número 1
Ana Ortiz anima á cidadanía a comprar nos mercados e prazas de abastos pola "garantía de calidade, servizo e atención"
- A delegada territorial da Xunta presentou este xoves en Baiona a campaña de promoción "Quere o teu mercado"
A Xunta pon en valor a profesionalidade e bo facer dos praceiros no Día do Mercado en Galicia
Ponteareas (Pontevedra), 25 de maio de 2024 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, con motivo do Día do Mercado en Galicia e a celebración na Comunidade autónoma da campaña internacional Quere o teu mercado, visitou hoxe a Praza de Abastos de Ponteareas, onde destacou o impulso que a Xunta está a darlle ao comercio de proximidade e ao produto local. Na iniciativa Quere o teu mercado, que está a impulsar a Xunta en Galicia, ...
Miranda inicia un viaxe a Venezuela para fortalecer os lazos coa comunidade galega e supervisar a xestión dos programas de atención aos galegos
- Esta viaxe mostra o compromiso continuo da Xunta coa súa comunidade no exterior, neste caso, cos galegos de Venezuela
Miranda: "a galeguidade impúlsase cada día desde os diferentes centros galegos do mundo"
- O secretario xeral da Emigración asiste a inauguración da nova sede da Casa de Galicia no Puerto de Santa María e destaca a importancia das casas de Galicia como embaixadoras da nosa cultura e identidade fóra da comunidade.
- O acto asistiron representantes do centro galego, do goberno municipal e o director xeral de Andalucía Global entre outras autoridades.
Viernes 24 Mayo 2024
A Xunta conciencia á rapazada do Carballiño sobre a importancia dos mercados e das prazas de abastos co gallo da campaña 'Quere o teu mercado'
O Carballiño (Ourense), 24 de maio de 2024 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu este mediodía no Carballiño a un obradoiro de alumnado de 3º e 4º da ESO co gallo da campaña da Xunta Quere o teu mercado, motivada polo Día do Mercado que se celebra mañá. En concreto, tivo lugar unha exposición de debuxos de produtos que se poden mercar nas prazas de abastos para dar mostra da variedade e riqueza destes espazos....
A Xunta reforza o traballo conxunto coas cooperativas do sector primario para cubrir as vacantes laborais existentes
- Neste novo encontro no marco do proceso de diálogo aberto con diferentes axentes xeradores de emprego abordouse a constitución dun grupo de traballo para atallar a escaseza de man de obra en sectores como o lácteo ou o vitivinícola
- Tamén se tratou o desenvolvemento da nova Lei de cooperativas, coa que se persegue axilizar a creación de novas entidades ademais de consolidar as existentes
A Xunta convida a través da Rede de polos de emprendemento a cambiar o modelo de negocio ou o seu enfoque na busca dunha maior competitividade
- A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe o foro A senda do emprendemento: pivotar para mellorar organizado por AJE Coruña co apoio do Goberno galego
- Enmarcada na axenda da Rede de polos que ten 13 centros activos na Comunidade, a acción serviu para que diferentes perfís profesionais compartiran as súas experiencias explorando novas posibilidades nos seus proxectos empresariais
A Xunta convoca 2,25 M€ en axudas para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos galegos
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que poderá destinarse a accións de dinamización comercial, fidelización de clientela, dixitalización ou para o mantemento da unidade xerencial
- O prazo de solicitude das achegas arranca mañá e prolongarase ata o 24 de xuño
- Esta convocatoria complementarase con outra nova -no segundo semestre do ano- para financiar iniciativas dinamizadoras dos centros comerciais abertos, co obxectivo de reforzar este sector, garantir a súa remuda e xerar puntos de atracción comercial
- As dúas iniciativas entroncan no compromiso de impulsar a competitividade do tecido comercial galego, asegurando a viabilidade e renovación xeracional dun sector chave no desenvolvemento da nosa Comunidade
Jueves 23 Mayo 2024
A Xunta debulla ante o empresariado de Lugo as axudas á disposición das persoas traballadoras autónomas e pemes
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, e a directora do Igape, Covadonga Toca, participaron nunha nova xornada organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia
- Fernández fixo fincapé na cota cero dispoñible para novas altas de autónomos durante os primeiros doce meses -entre outros apoios con prazo de solicitude aberto- ou o programa de 1ª experiencia profesional publicado onte no DOG
- A directora do Igape destacou a liña de préstamos destinada a autónomos e pemes para acceder a financiamento nas condicións máis vantaxosas e a nova liña para a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG -Ambientais, Sociais e de Gobernanza-
A delegada territorial de Ferrol anima aos 20 alumnos do obradoiro dual "Reinicia X" a aproveitar esta oportunidade formativa para o emprego
- Este obradoiro dual promovido polos Concellos de Mugardos, Fene e Ares conta cun investimento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 531.000 euros
- A iniciativa impártese nas modalidades de carpintería e moble e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións
A I Feira de Educación, Formación e Emprego organizada polo Pazo de Feiras e a Xunta abriu hoxe con case 40 expositores
- Na cita están presentes 17 centros educativos públicos lucenses que amosan a ampla variedade de titulacións de Formación Profesional que se imparten na provincia e o potencial das ensinanzas artísticas e de idiomas
A Xunta reforza a colaboración coa Asociación de empresas de Inserción de Galicia para avanzar no emprego inclusivo e nunha sociedade máis xusta
- Neste novo encontro no marco do proceso de diálogo aberto con diferentes axentes, José González puxo en valor o papel deste tipo de empresas no eido da sustentabilidade, confirmando o enfoque da 2ª Estratexia galega da economía social
- Abordáronse os bos resultados do proxecto piloto de arraigamento para a formación dirixido a persoas migrantes en situación irregular, que está facilitando a súa integración e a regularización da súa situación ao tempo que se cobren vacantes
A Xunta presenta na reunión do Observatorio Nacional de Artesanía que se celebra en Xixón a súa estratexia pioneira para garantir a remuda xeracional no sector
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe ao encontro impulsado por Fundesarte no que participan representantes do Estado e do resto de autonomías
- No marco do debate sobre os retos aos que se enfronta a artesanía, presentouse o programa da Xunta, único en España, 'Aprender da tradición. Oficios e técnicas', no que xa se teñen formado case un cento de persoas en Galicia en diferentes disciplinas
A Xunta promove en Lugo a responsabilidade social corporativa a través dunha xornada de concienciación e do programa Responsabilízate
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na última das catro accións programadas este mes para estudantes universitarios, na que puxo en valor o compromiso das firmas galegas coa sustentabilidade
- Nesa mesma idea afondou na sede da Asociación de empresarios do Polígono do Ceao e As Gándaras, onde se presentou a 4ª edición do programa Responsabilízate da Xunta que busca impulsar a Responsabilidade Social e á que xa están sumadas 149 empresas
A Xunta forma no posicionamento de marca para o aumento da competitividade das empresas a través do Polo de emprendemento de Melide
- A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou hoxe en Santiago de Compostela a actividade formativa 'Crea a túa marca explorando na súa identidade' organizada desde o Polo melidense
- Co gallo da actividade, diferentes proxectos de emprendemento recibiron nocións para desenvolver as súas respectivas marcas e traballaron en equipo para perfilar diferentes estratexias
- O Polo de Melide leva atendido desde que se inaugurou en novembro pasado arredor de 80 proxectos, relacionados sobre todo co sector servizos
O delegado territorial da Xunta destaca o papel dos centros comerciais abertos na dinamización do comercio local
- Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da Pasarela Ourense Centro, onde destacou que o comercio é fundamental no crecemento económico e social de Galicia
Miércoles 22 Mayo 2024
A Xunta destina preto de 4,2 M€ ao novo programa de 1ª experiencia profesional para impulsar a contratación de menores de 30 anos nas empresas galegas
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe esta iniciativa que prevé incorporar entre 250 e 410 persoas en toda Galicia, ás que se lles ofrece a oportunidade de acceder a contratos de formación e de recibir cualificación en competencias brandas
- Trátase dunha das medidas anunciadas polo presidente Alfonso Rueda para os primeiros 100 días da lexislatura
- Haberá axudas para a contratación de mozas e mozos tanto con titulación como sen cualificación acreditable, a tempo completo e por un período de doce meses
A Xunta remarca o traballo dos centros especiais de emprego de Galicia na inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral ordinario
- Neste novo encontro no marco do proceso de diálogo aberto con diferentes axentes, José González destacou os 131 centros especiais de emprego (CEE) activos en Galicia
- Agradeceu o labor de Cegasal no impulso destas entidades, que buscan proporcionar ás persoas con discapacidade a realización dun traballo produtivo con servizos de axuste persoal e social, facilitando a súa integración no mercado laboral ordinario
- Amosou o seu apoio á asociación no marco da tramitación da nova lei estatal de economía social, para a que xa presentaron as súas achegas
Martes 21 Mayo 2024
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración segue co proceso de diálogo aberto e reúnese coa Unión de Cooperativas Galega
- A Estratexia de Economía Social con horizonte ata 2027 aspira a xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial
- O Goberno galego está a traballar no deseño da nova Lei de cooperativas para adaptala aos novos tempos contando coas achegas do sector
- O orzamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinado á economía social en 2024 creceu nun 3%, chegando ata os 43,6 millóns de euros
Jueves 16 Mayo 2024
A Xunta pon en valor as súas políticas para unha economía verde e sustentable que aposte pola inclusión e polos beneficios sociais e colectivos
- O conselleiro José González destacou que a 2ª Estratexia da economía social Horizonte 2027 proxecta xerar 4.000 empregos, crear 400 novas entidades e posicionarse na economía circular e noutros eidos como o industrial e o tecnolóxico
- Dos 43,6 millóns de euros de orzamento cos que conta a economía social este ano, a Xunta xa convocou máis de 36 millóns en axudas para apoiar a creación e consolidación de entidades e para impulsar o emprego inclusivo
- Pola súa banda, Ángeles Vázquez salienta a contribución das entidades sociais ao desenvolvemento da economía circular para darlle valor aos residuos impulsando a inclusión social, a formación e a creación de emprego e o coidado medioambiental
A Xunta pon de relevo Expourense como recinto dinamizador da economía local no día no que inaugura 'Funergal', a súa primeira Feira internacional de 2024
Ourense, 16 de maio de 2024 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou este mediodía na inauguración da 12ª edición da Feira internacional de produtos e servizos funerarios Funergal. Alí, puxo de relevo a importancia de Expourense como recinto feiral, clave -dixo- para a dinamización socioeconómica da cidade e do conxunto da provincia de Ourense....
A Xunta inviste case medio millón de euros nos cursos de accións formativas para desempregados do Rosal
- O delegado territorial visitou o curso de Cociña que se está a levar a cabo na Escola Profesional de Hostalaría do Baixo Miño
- A Xunta inviste preto de 10 millóns de euros nos cursos AFD da área territorial de Pontevedra
Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Luísa Villalta
- A maiores, a Secretaría Xeral tamén subirá de xeito gratuíto a súa web o libro ilustrado na que se narra a vida da homenaxeada nesta data
Miércoles 15 Mayo 2024
A Xunta pon de relevo a colaboración da rede de polos con AJE Galicia para o fomento do emprendemento
- Esta tarde celebrouse en Vigo a xornada 'Aprende a xerar ingresos coas redes sociais da túa empresa', organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia
- Enmarcada nas accións da Rede de polos de emprendemento que ten 13 centros activos na Comunidade, forma parte tamén do convenio asinado con AJE Galicia para a titorización de negocios e a organización de congresos ou actividades de networking
A Xunta aposta a través do Polo de emprendemento de Silleda por reforzar o tecido produtivo local
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, inaugurou esta tardiña na sede do Polo o evento 'Somos negocio de proximidade: explorando fortalezas e oportunidades', para detectar oportunidades de crecemento como a dixitalización
- Aproveitou para destacar que o Consello da Xunta desta semana aprobou 2,25 millóns en axudas para os centros comerciais abertos, e sacará unha convocatoria nova este ano para financiar proxectores tractores de dinamización destas entidades
- Desde a súa posta en marcha en xullo de 2022, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda ten atendido máis de 200 proxectos, un 62% deles impulsados por mulleres
A Xunta pon en valor na 'Feira encontros 45+' as políticas autonómicas de emprego para incentivar a contratación dos colectivos prioritarios
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura desta iniciativa que promove a Cámara de Comercio da Coruña, co apoio da Administración autonómica
- Indicou que o Goberno galego inviste este ano 17,4 millóns para incentivar a contratación de desempregados con máis dificultades para acceder a un traballo
Martes 14 Mayo 2024
A Xunta destaca a relevancia do emprego dixital no mercado laboral do futuro na presentación do 6º congreso Flúor de márketing de Pontevedra
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou en Pontevedra na presentación do 6º Congreso Flúor de márketing dixital que organiza o Clúster da Comunicación co apoio da Xunta de Galicia
- A Administración autonómica está a desenvolver o Plan Galego de formación, con 117 millóns de euros de orzamento, adaptado á transición verde e dixital
- O representante autonómico participou tamén esta mañá nun encontro de networking celebrado pola Asociación de Empresarios Pontevedra, onde cifrou en 1.800 os proxectos asesorados na Rede de Polos de Emprendemento da Xunta
A Xunta achégalle aos máis pequenos o oficio dos zoqueiros a través da figura de Elena Ferro
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron esta mañá no CEIP Monte dos Postes de Santiago á primeira das demostracións incluídas no programa 'Artesanía na Escola'
- Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019, é a protagonista de 'Eu son zoqueira', a primeira das unidades didácticas deste proxecto de divulgación da artesanía entre os máis novos impulsado polo Goberno galego
Lunes 13 Mayo 2024
A Xunta debulla en Ourense as axudas a disposición das persoas traballadoras autónomas e pemes
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde nunha nova xornada organizada pola Asociación de Autónom@s e Pequenas Empresas de Galicia
- Fernández fixo fincapé nas máis de 5.000 solicitudes que acumula a cota cero para novas altas de autónomos e en apoios como os 13 Polos de emprendemento abertos ou as microguías que se veñen de publicar para impulsar a apertura de negocios
- Por parte do Igape, destacouse a liña de préstamos destinada a autónomos e pemes para acceder a financiamento nas condicións máis vantaxosas e a nova liña para a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ambientais, sociais e de gobernanza (ASG)
O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da 12ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal 2024
Ourense, 13 de maio de 2024 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da 12ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal 2024, que se desenvolverá entre o 16 e o 18 de maio, onde sinalou, o importante papel que xoga Expourense na dinamización económica da provincia de Ourense e de Galicia en xeral nun momento no que o tecido empresarial se enfronta a grandes retos. M...
A Xunta financia con máis de 3,7 M€ un total de 80 accións formativas para persoas desempregadas na área de Ferrolterra
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración oferta máis de 37.000 horas formativas nun total de 13 entidades da zona
Domingo 12 Mayo 2024
A campaña internacional 'Quere o teu mercado' desenvolverase en Galicia o 25 de maio coa participación de máis de 900 praceiros galegos
- A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración terá lugar o Día do Mercado en 41 prazas galegas que toman parte desta actuación
- Na xornada celebraranse diversas actividades entre as que destacan showcookings, actuacións musicais, sorteo de cestas de produtos, obradoiros infantís ou concurso de debuxos
- O obxectivo é promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade das praceiras e praceiros
Sábado 11 Mayo 2024
A Xunta apoia en Sober os Xogos Autonómicos de Campo a través e petanca para persoas con discapacidade intelectual
Sober (Lugo), 11 de maio de 2024 A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, apoiou hoxe coa súa presenza en Sober a edición número 27 dos Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual, promovidos por Special Olympics Galicia. A directora xeral puxo en valor os arredor de 200 participantes na cita e o labor da asociación organizadora, formada por familiares de persoa...
A Xunta promove con case 5 M€ a contratación este ano de 152 desempregados menores de 30 anos en actividades de I+D+i ao abeiro do Programa Investigo
- José González destacou que as axudas van dirixidas a empresas cualificadas como iniciativas de base tecnolóxica e a outras do sector privado que traballen en investigación e innovación
- Destacou que desde 2022 que se convocou o programa Investigo por vez primeira, mobilizáronse máis de 27 millóns de euros ao abeiro da iniciativa, conseguindo impulsar preto dun milleiro de contratacións
- Recalcou que medidas coma esta están a incidir no aumento do emprego xuvenil, tal e como reflectiron os datos do paro do mes pasado, nos que o colectivo de menores de 30 anos mostrou a menor cifra de desempregados nun abril desde que hai rexistros
- Referiuse tamén a ferramentas a prol do emprendemento como a Rede de polos, que leva atendido preto de 500 proxectos na provincia de Pontevedra
Viernes 10 Mayo 2024
A Xunta referenda o seu compromiso coa dinamización do comercio local coa súa participación na décima edición da Noite Branca en Lalín
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na inauguración da iniciativa promovida pola Asociación de Empresari@s de Deza e o Centro Comercial Aberto de Lalín
A Xunta destaca o novo taller de xastrería de Fernando Freire como exemplo de emprendemento artesán e transmisión dun oficio tradicional
- O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, destacou o papel da artesanía como xerador de emprego e dinamizador do comercio durante a inauguración deste obradoiro en Santiago
- Fernando Freire é docente dun dos cursos de especialización do programa 'Aprender da tradición. Oficios e técnicas' impulsado pola Xunta para mellorar a capacitación profesional dos artesáns galegos e garantir a remuda nos oficios tradicionais
- Esta iniciativa vinculada á xastrería artesanal é pioneira en España e o obxectivo do Goberno galego é continuar nesta liña para seguir formando futuros xastres
O obradoiro galego de tornería de madeira de Aitor Martínez recibe o premio ao talento emerxente do Círculo Fortuny
- O artesán obtivo o galardón a Joven Promesa na terceira edición dos Premios Maestro Artesano impulsados polo Círculo Fortuny
- Aitor Martínez, pertencente á marca Artesanía de Galicia, xa resultara finalista nos Premios Nacionais de Artesanía 2022, na categoría Premio Emprendemento
A Xunta estrea en Hijos de Rivera un ciclo de xornadas sobre as boas prácticas en responsabilidade social para atraer talento e xerar oportunidades laborais
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na primeira das catro xornadas programadas este mes para estudantes universitarios, na que puxo en valor o compromiso das firmas galegas coa sustentabilidade
- Destacou o papel referente de Galicia co impulso da Responsabilidade Social Empresarial e polos criterios medioambientais para favorecer a competitividade do seu tecido produtivo
- As xornadas porán en valor o impacto positivo destes compromisos en firmas galegas como Hijos de Rivera, Profand, Nauterra ou ASM Lab
José González pon en valor os recursos galegos ao emprendemento e salienta que a cifra de menores de 30 anos sen emprego acadou un mínimo histórico en abril
- Explicou que o Goberno galego traballa para dar ás persoas emprendedoras todas as facilidades, unificando e coordinando todas as iniciativas, recursos e instrumentos, un eido ao que a Xunta destina este ano 31 millóns de euros, un 51,6 % máis que en 2023
- O último informe GEM 2022/2023 reflectiu que a Taxa de Actividade Emprendedora (TEA) na comunidade galega elevouse ata o 5,4 %, sendo o segundo valor máis alto desde 2010
- Estes bos datos únense aos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social de abril: Galicia lidera a caída do desemprego en España ao tempo que aumentaron as cotizacións polo que a comunidade crea emprego
Jueves 9 Mayo 2024
A Xunta promove a conservación e a remuda da olería tradicional de Buño
- A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse ata a Casa do Oleiro para coñecer os resultados do curso de formación 'Formas tradicionais da olería de Buño' impartido dende finais de ano por Antonio Pereira 'O Rulo'
- O curso enmárcase no proxecto 'Aprender da Tradición. Oficios e técnicas', impulsado pola Xunta en 2023 para conservar e renovar técnicas e oficios tradicionais co gallo de mellorar a capacitación dos artesáns galegos e de captar novos talentos para o sector
Miércoles 8 Mayo 2024
A Xunta promove a linguaxe inclusiva dentro do seu campus formativo a prol da igualdade laboral que rolda xa as 6.000 persoas usuarias
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, presentou esta tarde en Ourense a xornada 'A necesidade da linguaxe inclusiva para axudar a construír unha nova sociedade'
- Desde a posta en marcha do Campus formativo en igualdade laboral en 2021, emitíronse case 9.000 certificados de aproveitamento pola participación en cursos e obradoiros sobre igualdade laboral e de prevención e tratamento do acoso no traballo
A delegada da Xunta en Ferrol clausura no campus industrial a xornada 'Moda inclusiva, Moda-b'
Ferrol, 8 de maio de 2024 A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, clausurou esta tarde a xornada Moda inclusiva, Moda-B, sobre a adaptación da moda ás circunstancias psicomotrices das persoas con diversidade funcional. Na súa intervención Aneiros puxo o aceno no auxe que está a adquirir o sector da moda "un dos principais motores industriais da economía da nosa comunidade" e destacou a importancia da celebración de eve...
Martes 7 Mayo 2024
A Xunta reafirma o seu compromiso co comercio de Vigo, cidade que mobilizou máis capital durante a 5ª campaña Bono Activa Comercio con case 1,2 M€
- O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, reuniuse coas asociacións de comerciantes da cidade, onde destacou que o conxunto da provincia de Pontevedra mobilizou máis de 4,5 millóns en vendas
- Gabriel Alén asegurou que en outono haberá unha nova edición da campaña Bono Activa Comercio, tras a quinta durante a que se descargaron máis de 109.000 bonos desconto na provincia pontevedresa, situándose á cabeza de Galicia
- Dos 6.850 negocios adheridos, preto de 2.500 sumáronse na provincia de Pontevedra e -deles- máis de medio milleiro eran vigueses
Sábado 4 Mayo 2024
A Xunta colaborou coa construción do Albergue da Finca Tenreiro de Oleiros a través de cinco edicións de obradoiros de emprego
- A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo
- As alumnas e alumnos seleccionados para o obradoiro de emprego de Oleiros, en convocatorias realizadas nos últimos anos, participaron con traballos de albanelería, carpintería e moble
- Lado apuntou que a Xunta xa aprobou a convocatoria 2024-2025 dos obradoiros de emprego (duais e para a mocidade) cun investimento que supera os 46 millóns
A Xunta impulsa en Chantada o oficio da ourivería a través dun obradoiro colaborativo esta fin de semana
- A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá esta actividade na que se está a elaborar unha xoia para a virxe do Faro, dirixida pola ourive compostelá Susi Gesto
José González visita a 61ª Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia
Ribadavia (Ourense), 4 de maio de 2024 O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo alcalde de Ribadavia, César Fernández, visitou este mediodía a 61ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, tras asistir onte ao acto de inauguración. No recinto da Alameda da localidade ourensá, González fixo un percorrido polos diferentes postos e puxo en valor tanto a calidade dos viños como o potencial dinamizador ...
Viernes 3 Mayo 2024
A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na 'Shopping Fest Ourense Centro'
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Anunciou que en datas próximas a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración activará unha nova edición da orde de axudas a centros comerciais abertos que estará dotada con 2,2 millóns de euros
A Xunta forma un cento de persoas na prevención da exposición ao radon en centros de traballo
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou o curso organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) para actualizar o marco normativo na materia e mellorar a xestión dos riscos nas empresas
A Xunta visita as iniciativas de formación que impulsa co Concello de Arteixo para mellorar a empregabilidade dun cento de persoas desempregadas
- A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, coñeceu o Programa integrado de emprego 'Arteixo 2023-2024' e o obradoiro 'Arteixo seguro 2023-2024', en marcha para impulsar a empregabilidade dos seus beneficiarios
- Destacou a relevancia destas iniciativas da Xunta para acadar máis e mellores oportunidades laborais entre persoas con maiores dificultades como mulleres ou menores de trinta anos e por engadir valor ás contornas nas que se imparten
A Xunta impulsa a transmisión da ourivería e da acibechería tradicional de Compostela
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron en Santiago de Compostela ao remate dun curso sobre 'Técnicas de ourivería e acibechería'
- O obradoiro foi impartido por Ricardo Rivas, recoñecido co Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2020
- O curso enmárcase no proxecto 'Aprender da Tradición. Oficios e técnicas', impulsado pola Xunta desde finais de 2023 e dirixido a conservar e a renovar técnicas e oficios tradicionais e captar novos talentos para o sector
A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na 'Shopping Fest Ourense Centro'
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial Aberto Ourense Centro
- Anunciou que en datas próximas a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración activará unha nova edición da orde de axudas a centros comerciais abertos que estará dotada con 2,2 millóns de euros
A Xunta forma un cento de persoas na prevención da exposición ao radon en centros de traballo
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou o curso organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) para actualizar o marco normativo na materia e mellorar a xestión dos riscos nas empresas
A Xunta visita as iniciativas de formación que impulsa co Concello de Arteixo para mellorar a empregabilidade dun cento de persoas desempregadas
- A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, coñeceu o Programa integrado de emprego 'Arteixo 2023-2024' e o obradoiro 'Arteixo seguro 2023-2024', en marcha para impulsar a empregabilidade dos seus beneficiarios
- Destacou a relevancia destas iniciativas da Xunta para acadar máis e mellores oportunidades laborais entre persoas con maiores dificultades como mulleres ou menores de trinta anos e por engadir valor ás contornas nas que se imparten
A Xunta impulsa a transmisión da ourivería e da acibechería tradicional de Compostela
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron en Santiago de Compostela ao remate dun curso sobre 'Técnicas de ourivería e acibechería'
- O obradoiro foi impartido por Ricardo Rivas, recoñecido co Premio Traxectoria nos Premios Artesanía de Galicia 2020
- O curso enmárcase no proxecto 'Aprender da Tradición. Oficios e técnicas', impulsado pola Xunta desde finais de 2023 e dirixido a conservar e a renovar técnicas e oficios tradicionais e captar novos talentos para o sector
Jueves 2 Mayo 2024
A Xunta avoga por unir sinerxías público-privadas para referendar a posición de Galicia como terra de oportunidades
- José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo, a economía social e o comercio para abordar en común os retos
- Como administración facilitadora para os investimentos en Galicia, avogou por simplificar e desburocratizar os procedementos
- O novo Mapa do Emprendemento da Consellería de Emprego está a reunir todos os recursos e entidades implicados en Galicia e en dúas semanas xa aglutina un total de 145 rexistros de axentes que promoven as iniciativas empresariais
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e reúnese cos líderes sindicais de CCOO e CIG en Galicia
- Nas xuntanzas incidiu na importancia da colaboración público-privada e no diálogo para seguir impulsando a actividade económica
- A nova estructura da Consellería reforza o emprego autónomo e a economía social para simplificar o catálogo de axudas de acordo co que precisan estes colectivos
- No Consello da Xunta do luns, precisamente, aprobáronse dous programas relativos a impulsar a economia social, para a transformación de empresas en cooperativas ou sociedades laborais, e o traballo autónomo, para a mellora da competitividade
A Xunta celebra o éxito da V edición do Bono Activa Comercio que se saldou con preto de 300.000 descargas para obter descontos por valor de 2,5 millóns
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe en Chantada dous dos 6.850 comercios galegos -case un milleiro na provincia de Lugo- que ofreceron descontos
- Destacou que xa se teña esgotado o crédito habilitado pola Xunta en tempo récord, o que permitiu que, en tan só cinco días, se acadasen os doce millóns de euros en vendas
A Xunta avoga por unir sinerxías público-privadas para referendar a posición de Galicia como terra de oportunidades
- José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo, a economía social e o comercio para abordar en común os retos
- Como administración facilitadora para os investimentos en Galicia, avogou por simplificar e desburocratizar os procedementos
- O novo Mapa do Emprendemento da Consellería de Emprego está a reunir todos os recursos e entidades implicados en Galicia e en dúas semanas xa aglutina un total de 145 rexistros de axentes que promoven as iniciativas empresariais
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e reúnese cos líderes sindicais de CCOO e CIG en Galicia
- Nas xuntanzas incidiu na importancia da colaboración público-privada e no diálogo para seguir impulsando a actividade económica
- A nova estructura da Consellería reforza o emprego autónomo e a economía social para simplificar o catálogo de axudas de acordo co que precisan estes colectivos
- No Consello da Xunta do luns, precisamente, aprobáronse dous programas relativos a impulsar a economia social, para a transformación de empresas en cooperativas ou sociedades laborais, e o traballo autónomo, para a mellora da competitividade
A Xunta celebra o éxito da V edición do Bono Activa Comercio que se saldou con preto de 300.000 descargas para obter descontos por valor de 2,5 millóns
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe en Chantada dous dos 6.850 comercios galegos -case un milleiro na provincia de Lugo- que ofreceron descontos
- Destacou que xa se teña esgotado o crédito habilitado pola Xunta en tempo récord, o que permitiu que, en tan só cinco días, se acadasen os doce millóns de euros en vendas
Miércoles 1 Mayo 2024
O Mapa do emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso de iniciativas empresariais en Galicia
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aspira a facilitar, con este novo espazo web, o desenvolvemento de novas actividades empresariais, reunindo todos os axentes territoriais e servizos ao dispor dos emprendedores na comunidade
Martes 30 Abril 2024
A Xunta presenta en Lugo pola súa relevancia no sector forestal unha nova campaña para garantir a seguridade nos aproveitamentos en zonas perigosas
- González agradeceu a implicación das asociacións e empresas representativas deste eido económico á hora de previr os riscos laborais das persoas traballadoras para asegurar a súa competitividade e que siga servindo de panca impulsora do medio rural
- O acto sucedeu á presentación en Ourense a pasada semana doutra campaña do issga para previr caídas de altura pola instalación de paneis solares en cubertas
- Con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se conmemorou o pasado domingo 28 de abril, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten preparadas outras accións formativas ou en colaboración con distintos sectores
Martina Aneiros anima aos particulares a descargar o Bono Activa Comercio co que acceder a descontos de ata 30 euros nos negocios de proximidade
- Esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que alcanza a quinta edición, está dotada de 2,5 M€ e prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas
- Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento da convocatoria
Marta Mariño toma posesión como nova directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
- Trátase dunha nova Dirección Xeral que responde á decisión estratéxica de impulsar o emprendemento e a economía social como vías para a xeración de máis riqueza e mellor emprego e de dinamización da nosa economía
- Titulada en Dereito e funcionaria do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, Marta Mariño ostentou diferentes xefaturas nos últimos anos, sendo na actualidade deputada autonómica pola provincia de Pontevedra
Lunes 29 Abril 2024
A Xunta destaca o éxito da V edición do Bono Activa Comercio con preto de 300.000 descargados por particulares nos catro primeiros días
- José González visita esta tarde dous comercios da rúa Xoán XXIII de Ourense que participan nesta campaña e ofrecen os descontos financiados polo Goberno galego
- Destacou esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, dotada con 2,5 millóns de euros para mobilizar 12 millóns en vendas
- Un total de 6.583 negocios adheríronse a esta iniciativa nas catro provincias
- Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento da convocatoria
A Xunta inviste case 3,7 millóns de euros en máis de 85 cursos de acción formativa para desempregados na área de influencia de Pontevedra
- O delegado territorial visitou o curso de soldadura que se está a levar a cabo en Bueu
- A Xunta inviste preto de 10 millóns de euros nos cursos AFD da área territorial de Pontevedra
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración inicia un proceso de escoita activa coa patronal e os sindicatos para dar solucións aos novos retos
- Están previstas nos vindeiros días xuntanzas con cada un dos representantes dos sindicatos de UXT, CCOO e CIG co obxectivo de seguir matendo un posicionamento de escoita activa cos axentes sociais e económicos para acertar no deseño das medidas
- Avogou pola colaboración público-privada para que Galicia siga creando emprego de calidade nun mercado de traballo dinámico e inclusivo
Domingo 28 Abril 2024
A Xunta referenda a súa aposta pola innovación no comercio e pola remuda dos negocios
- José González comprometeu apoiar a dixitalización do sector retallista e a fidelización da clientela dos negocios de proximidade
- Puxo en valor iniciativas como o Bono Activa Comercio que, desde o pasado venres, poden solicitar os particulares
- O Goberno galego seguirá a impulsar o emprego autónomo e o emprendemento e ten en marcha un programa de remuda cun cento de negocios adheridos para a busca de persoas interesadas en darlles continuidade
A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o certame "Deseña unha xoia para a túa nai"
- O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso infantil impulsado polo Colexio Oficial de Xoiería
- Entregáronse 12 galardóns -de entre os 80 finalistas seleccionados- que verán executados os seus deseños para agasallar no Día da Nai grazas ao traballo de xoieiros galegos, entre os que se atopan seis obradoiros de Artesanía de Galicia
Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do Día mundial da seguridade e saúde no traballo
A Xunta de Galicia, con motivo do Día mundial da seguridade e saúde no traballo, que se conmemora o día 28 de abril, quere reiterar un ano máis, o seu firme compromiso co emprego de calidade, co convencemento de que o primeiro chanzo pasa por garantir a seguridade e a saúde mediante unha adecuada xestión dos riscos laborais nos lugares de traballo. A Organización Internacional do Traballo (OIT) escolleu como lema para o ano 2024 Repercusi...
Sábado 27 Abril 2024
A Xunta impulsa en Ourense a comercialización de Artesanía de Galicia e a divulgación dos oficios artesanais
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración da XXVII Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra ata o domingo 5 de maio
- Nesta edición participan 18 obradoiros artesanais especializados en xoiería, coiro, manipulado de papel, téxtil e bixutería
- O evento traslada a súa localización este ano ata a praza Bispo Cesáreo e na programación inclúense obradoiros de cestería, de talla de vidro e de instrumentos musicais
A Xunta felicita ao grupo 'Las Rías' polos seus 50 anos como referente do sector da ferraxería e a bricolaxe e por incardinar os valores do cooperativismo galego
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que destacou o seu compromiso coa xeración de emprego e a riqueza pegada ao territorio
Viernes 26 Abril 2024
A Xunta pon en valor a capacidade dinamizadora do Bono Activa Comercio en Pontevedra na primeira xornada de uso polos clientes
- O delegado territorial visitou varias tendas do centro pontevedrés e corroborou a satisfacción dos comerciantes coa iniciativa
- Os Bonos Activa Comercio contan cun orzamento total de 2,5 millóns de euros para mobilizar 12 millóns en vendas
- Reguera lembrou a importancia de apoiar o pequeno comercio e favorecer a súa innovación
A Xunta activa desde hoxe a descarga por parte de particulares da 5ª edición do Bono Activa Comercio dotada con 2,5 M€
- A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración permitirá mobilizar 12 millóns de euros en compras nos establecementos de proximidade, a través destes bonos desconto de ata 30 euros por persoa
- Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento da convocatoria
- Os negocios que desexen participar nesta edición do programa levan adheríndose desde o pasado día 16 e teñen de prazo para facelo ata o 1 de setembro
Jueves 25 Abril 2024
Antonio Rodríguez Miranda toma posesión como secretario xeral de Emigración
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024 Antonio Rodríguez Miranda tomou posesión hoxe como secretario xeral de Emigración, dentro do organigrama da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Rodríguez Miranda confírmase así no cargo que leva ocupando desde decembro de 2012. Natural do concello ourensán da Bola, é licenciado en Ciencias Biolóxicas, na especialidade de Zooloxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, e...
Joaquín Macho Canales toma posesión como secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024 Joaquín Macho Canales tomou posesión hoxe como secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Ata o de agora, era o secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, cargo que ocupaba desde xuño do ano pasado. Nado en Sevilla, Macho Canales é Licenciado en Dereito pola Universidade Pontificia de Comillas. Desde 2006 é funcionario do corpo superior de Admin...
Gabriel Alén Castro toma posesión como director xeral de Comercio e Consumo
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024 Gabriel Alén Castro tomou posesión hoxe como director xeral de Comercio e Consumo dentro do organigrama da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Vigo, é mestre especializado en Educación Física. Alén foi delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense desde setembro de 2020 ata xaneiro de 2024. En agosto de 2020 foi elixido deputado a...
A Xunta apoia con preto de 355.000 € a contratación de persoas desempregadas en 16 concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de resolver a convocatoria do programa Aprol Rural dirixido a que concellos rurais contraten a persoas demandantes de emprego para a realización de tarefas relacionadas coa prevención de incendios
Miércoles 24 Abril 2024
A Xunta reivindícase como administración facilitadora do emprego con políticas de apoio, acompañamento e retorno para o traballo por conta propia e allea
- José González comprometeuse á "escoita activa" e a reforzar a colaboración público-privada e convocará en datas próximas os foros do diálogo social, da economía social e do comercio para avanzar na resposta da Administración aos retos económicos
- Avogou pola axilidade administrativa e a desburocratización para facilitar a actividade empresarial na comunidade como un dos pasos para xerar emprego de calidade, inclusivo e un crecemento económico intelixente
- O Goberno galego abordará nesta Lexislatura a innovación do sector do comercio e a súa dixitalización co deseño dun plan estratéxico co apoio dos seus axentes
- A Estratexia Galicia Retorna quere atraer 30.000 galegos no exterior ata 2026 e aproveitar o seu talento para dar cobertura a postos vacantes na comunidade
A Xunta destaca na Universidade da Coruña a súa aposta pola economía social como modelo solidario que xera riqueza e emprego pegados ao territorio
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na charla 'A economía social como impulso do emprendemento' para dar a coñecer esta fórmula entre o alumnado da UDC
- Na súa intervención na Facultade de Economía e Empresa da Coruña, puxo de relevo a 2ª Estratexia do Goberno galego neste eido e amosouse convencido de que a comunidade universitaria ten moito que dicir para a consolidación da economía social
- O orzamento da Xunta para a economía social supera este ano os 43,6 millóns de euros (un 3 % máis) para avanzar na difusión deste modelo empresarial, na creación e competitividade de iniciativas e na promoción do emprego inclusivo
Martes 23 Abril 2024
A Xunta impulsa o emprego rural mediante o apoio á contratación de máis de 400 persoas desempregadas nos concellos galegos
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a notificar a resolución da orde Aprol Rural á que se destinan este ano sete millóns de euros para dinamizar o emprego de proximidade e mellorar as oportunidades de persoas desocupadas
Sábado 20 Abril 2024
A Xunta organiza unha xornada técnica sobre benestar laboral no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027
- O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou esta semana esta xornada que dá comezo aos actos organizados co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que se conmemora o próximo 28 de abril
- Expuxéronse dúas propostas complementarias ao alcance do tecido produtivo galego para achegar o benestar laboral ás empresas con programas de promoción da saúde e para que coñezan os beneficios da certificación das boas prácticas
Viernes 19 Abril 2024
A Xunta salienta a importancia do programa Galicia Camiño Emprendedor para dar un pulo a negocios de hostalaría e aloxamento vencellados á ruta Xacobea
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, percorreu hoxe a segunda etapa da iniciativa autonómica de apoio aos autónomos, que discorreu entre Fisterra e Muxía
- Explicou que a actuación, baseada no mentoring, ofrece asesoramento ás persoas emprendedoras á vez que se percorren os tramos do Camiño
- Búscase axudar aos traballadores autónomos a consolidar os seus negocios ao tempo que se promociona Galicia e o Camiño como destino de ocio e actividade económica
- Puxo en valor o compromiso do Goberno galego polos traballadores autónomos, que representan en Galicia o 20,07% das persoas afiliadas, sendo a comunidade a primeira con maior peso do colectivo
A Xunta pon de relevo que o 57 % dos proxectos atendidos no Polo de emprendemento de Coristanco están impulsados por mulleres
- O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no evento 'Muller rural emprendedora, desafíos e oportunidades' celebrado en Santa Comba e organizado desde este Polo coruñés
- Salientou que -desde a súa inauguración en outubro de 2022- o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Coristanco ten atendido máis de 170 iniciativas, impulsadas por emprendedores cos que se realizaron preto de 900 titorías
- O conxunto da provincia da Coruña aglutina máis de de 500 iniciativas -no centro de Coristanco e nos de Ferrol e Melide- entre as que destacan as relacionadas co sector servizos, seguidas das do sector primario e da hostalaría
Jueves 18 Abril 2024
A Xunta pon en valor na feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade de Vigo a prol do emprendemento
- José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial entre a comunidade universitaria, con feiras ou premios ao emprendemento
- Nomeou a mocidade como colectivo prioritario nas políticas de emprego, con apoios como o programa Investigo ou os obradoiros de garantía xuvenil
A Xunta presenta aos empresarios do Porriño a cuarta edición do programa Responsabilízate para impulsar a Responsabilidade Social en 200 pemes galegas
- A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, lembrou que a iniciativa, que brinda asesoramento gratuíto, se atopa en fase de captación de empresas
- Os beneficiarios reciben formación e un plan de acción para implantar medidas de xestión medioambiental, social e de goberno cooperativo
Miércoles 17 Abril 2024
A Xunta lanza un espazo web que reunirá todos os recursos para impulsar o emprendemento en Galicia
- José González puxo en valor a Rede de polos que, con 13 centros en Galicia, xa asesorou ao redor de 1.600 novos proxectos empresariais en menos dous anos
- A Administración autonómica ten en marcha un plan de remuda para negocios sen continuidade ao que se adheriron xa un cento de empresarios
- Galicia consolidouse neste inicio de ano como a comunidade con maior esforzo investidor en materia de emprego, con máis de 200 millóns mobilizados
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.
0 Resultados
Si no encuentras lo que buscas, intenta afinar más la búsqueda para obtener resultados más precisos, usando los filtros de búsqueda.