A Xunta impulsa en Tui o foro profesional de artesanía e instrumentos musicais 'Resonancias' no marco do Festival Música no Claustro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O mércores 6 de agosto celebrarase a quinta edición desta xornada dedicada aos oficios artesanais vinculados á construción de instrumentos musicais, para a que xa están abertas as inscricións na páxina web da Fundación Artesanía de Galicia
  • Entre os relatores atópanse os titulares de cinco obradoiro de Artesanía de Galicia - tres deles especializados na construción e reparación de instrumentos musicais, un torneiro e unha xoieira - ademais da Oficina Española de Patentes e marcas
  • A xerente da Fundación Artesanía de Galicia e o director da Axencia Galega da Industria Forestal participaron en Tui na presentación do programa da XIX edición deste festival que é xa unha cita consolidade e de referencia en Galicia
Imagen del artículo A Xunta impulsa en Tui o foro profesional de artesanía e instrumentos musicais 'Resonancias' no marco do Festival Música no Claustro
Tui (Pontevedra), 28 de xullo de 2025

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, acompañada do director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou esta mañá na presentación da XIX edición do Festival Música no Claustro. Este evento, xa consolidado como unha cita de referencia no panorama cultural galego, celebrarase na Catedral de Tui entre os días 1 e 7 de agosto, e contará, por décimo ano consecutivo, co apoio da Xunta de Galicia.

No marco do festival, a Fundación Artesanía de Galicia e a Xera patrocinan a quinta edición de Resonancias, o foro profesional de artesanía e instrumentos musicais, que terá lugar o mércores 6 de agosto. A participación está limitada a un máximo de 50 persoas, que poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web da Fundación Artesanía de Galicia. O custo da matrícula é de 30 euros para o público xeral e de 20 euros para os obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia.

Programación do festival

A programación de Resonancias 25 abrirase cunha conferencia a cargo de Cristina Bordás, profesora emérita da Universidade Complutense de Madrid e figura de referencia no estudo dos instrumentos musicais en España, na que se reivindicará o papel fundamental dos construtores ao longo da historia. Baixo o lema "Identidades", esta edición afondará na propiedade intelectual e industrial no ámbito da artesanía da man da Oficina Española de Patentes y Marcas, que presentará as novas Indicacións Xeográficas para Produtos Industriais e Artesanais (IGAI), unha iniciativa posta en marcha pola Unión Europea en decembro de 2025. A xornada incluirá tamén unha mesa redonda sobre o vínculo entre arte, artesanía e autoría, na que participarán profesionais vencellados a Artesanía de Galicia: Susana Cabo Buján, propietaria da tenda Porta da Pía artesanía, adherida á marca; o artesán da madeira Aitor; e a artesá xoieira Jose Castro, de Noroeste Obradoiro, ambos titulares de obradoiros inscritos na marca Artesanía de Galicia.

Ao longo da xornada, as persoas asistentes terán a oportunidade de coñecer de preto o labor doutros tres obradoiros artesanais especializados na construción de instrumentos musicais. Trátase de Ana Fariña, especializada en violíns e violas; Guillermo Dacal, centrado na reparación de instrumentos de vento madeira e vento metal; e Ricardo Ramos, experto en instrumentos de corda, que afondará no cuatro portorriqueño. Este singular instrumento poderá escoitarse en directo grazas á interpretación musical de Pablo Hernández.

En paralelo, o luthier Adrián M. Pereiro presentará Un chelo, catro historias, un proxecto que en 2023 foi beneficiario das bolsas ensaia, unha iniciativa de apoio ao financiamento e desenvolvemento de proxectos sociais centrados na mocidade e no talento local. O instrumento protagonista desta proposta foi elaborado con madeiras galegas procedentes das catro provincias, entre as que se atopan ciprés, chopo, castiñeiro, piñeiro de Oregón, cerdeira, teixo e ameixeira.

A programación complétase cunha conversa entre a violinista Raquel Areal, integrante da Filharmónica de Berlín, e a xestora cultural María Casado, coordinadora do programa MUSAE de música nos museos do Ministerio de Cultura. Xuntas reflexionarán sobre as inquedanzas sonoras e as oportunidades que xorden na elección dun violín, afondando na simbiose entre construción, interpretación e repertorio.

Como en edicións anteriores, o foro está comisariado polo músico e investigador Samuel Diz, e centrarase na reflexión e na difusión do tecido profesional artesán, en diálogo con outras disciplinas afíns como a interpretación musical, a musicoloxía, a iconografía e a historia da arte, así como a xestión de coleccións museísticas e outras profesións técnicas vencelladas ao sector.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 28/07/2025
1136560 {"title":"A Xunta impulsa en Tui o foro profesional de artesanía e instrumentos musicais 'Resonancias' no marco do Festival Música no Claustro","published_date":"2025-07-28","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1136560"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-28/1136560-xunta-impulsa-tui-foro-profesional-artesania-e-instrumentos-musicais-resonancias-marco-do-festival-musica-claustro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.