Todas las noticias de c. de emprego, comercio e emigración en Galicia en los últimos 30 días
Más de 100 Resultados. Desde Sábado 17 Febrero 2024 hasta Domingo 16 Febrero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Viernes 14 Febrero 2025
A Xunta lanza a convocatoria unificada de apoios á dixitalización, modernización e sustentabilidade do tecido comercial e artesanal cun orzamento de case 4 M€
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde orientada a favorecer actuacións que contribúan á implantación dun comercio máis innovador e sustentable, procurando unha maior axilización nas tramitacións co gallo de maximizar o impacto no sector
- A convocatoria contempla tres liñas de axudas -compatibles entre si-, orientadas á dixitalización do punto de venda, á mellora da imaxe e eficiencia enerxética do local e, como novidade, ao uso de embalaxes sustentables
- Incrementando a intensidade das axudas ata o 80%, cobre actuacións como a implantación e mantemento web, márketing dixital, loxística, reformas do espazo comercial, sistemas de eficiencia enerxética ou compra de materiais reciclables
Jueves 13 Febrero 2025
A Xunta enxalza o papel de AJE Galicia e a colaboración con esta entidade na retención do talento mozo e no pulo á remuda xeracional do tecido empresarial
- José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas abertos Investigo (4,8 M€) e Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€) ou o de primeira experiencia profesional (6,3 M€), que se lanzará en próximas semanas
- Salientou a estratexia global que desenvolve o Goberno galego para potenciar o emprendemento con medidas ás que neste exercicio destinará máis de 32 M€
- Puxo en valor a contribución dos autónomos á economía galega e o apoio do Executivo galego a este colectivo cunha orde unificada de axudas de máis de 40 M€ para as que se implementou un chatbot de resolución de dúbidas
- Mencionou distintas accións do Goberno autonómico para a atracción de talento interno como foráneo, entre elas feiras de emprego que se celebrarán na Arxentina (6 e 7 de marzo) e O Uruguai (10 de marzo) da man das empresas galegas
A Xunta destaca o labor do obradoiro Arte Arrebol para a protección e mantemento do entroido tradicional de Xinzo de Limia
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe este taller, especializado na elaboración das máscaras da tradicional Pantalla de Xinzo de Limia
- Aurora Dacal e Santiago Martínez son o equipo deste obradoiro —o único dedicado á elaboración de máscaras de Entroido inscrito en Artesanía de Galicia— que dedican parte do seu traballo a divulgar o seu oficio con cursos de formación
A Xunta impulsa a avaliación da eficacia e impacto das súas políticas activas de emprego a través dun convenio pioneiro coa Universidade de Santiago
- José González pon en valor que a firma deste marco colaborativo supón dar un paso fundamental na fiscalización independente e autónoma das medidas promovidas polo Goberno galego neste eido, analizando e contribuíndo a mellorar a súa eficiencia
- A USC encargarase da investigación aplicada, do deseño do marco metodolóxico e da elección das ferramentas máis axeitadas para este cometido, así como da súa aplicación nos diferentes informes e estudos para medir o impacto e seguimento
- González destaca a aposta da Xunta por políticas sólidas, transparentes e nacidas no diálogo social fronte á falta de compromiso do Goberno central coa negociación colectiva e coa análise do impacto en asuntos como a redución da xornada
- Para seguir potenciando o mercado laboral galego, o conselleiro lembrou as demandas realizadas ao Executivo relacionadas coa flexibilización dos fondos de formación ou a cesión das competencias na homologación de títulos estranxeiros
Miércoles 12 Febrero 2025
A Xunta destaca en Vigo a aposta pola excelencia dos centros comerciais abertos no marco da nova convocatoria de 2,5 M€
Vigo, 12 de febreiro de 2025 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou esta tarde varios establecementos adheridos ao Centro Comercial Aberto Zona Náutico no marco da campaña San Valentín en Zona Náutico, unha acción de dinamización que busca incentivar as compras nas tendas asociadas durante estas datas, fomentando así o comercio de proximidade. Gabriel Alén fixo ...
A Xunta presenta en Pontevedra as axudas impulsadas polo Goberno galego para o tecido autónomo e o sector comercial
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e o director xeral de Comercio e Consumo debullaron os apoios dispoñibles nun evento organizado por APE Galicia
Belén do Campo inaugura o obradoiro "Renova VII" no que se formarán 20 persoas en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas
- A delegada da Xunta visitou o taller de formación que conta cun apoio da Xunta de case 412.000 euros e que se prolongará durante 9 meses
- A representante do Goberno autonómico destacou que este obradoiro está organizado por Ames e Brión
As axudas extraordinarias da Xunta para o retorno de persoas emigrantes poderán solicitarse desde o vindeiro 20 de febreiro
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas dotada cun crédito inicial de 2,3 M€ —que se poderá reforzar segundo a demanda— e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias
- Permiten cubrir necesidades iniciais dos galegos retornados incluíndo, unha axuda específica para as familias con fillos menores e unha para apoiar o acceso a unha vivenda, valorando especialmente o establecemento no rural
- Desde 2018, lévanse investido 14 M€ para atender a 5.400 familias retornadas —ata 20.000 persoas beneficiadas— procedentes de máis de 60 países, sendo Venezuela, Cuba e Arxentina as principais orixes dos beneficiarios, dos que un 54% son mulleres
- No 2024, a Xunta realizou a maior ampliación de fondos desta liña, o que permitiu cubrir a demanda coa a cifra anual máis alta de solicitudes concedidas ao atender 1.159 familias, que se instalaron en preto de 150 concellos galegos diferentes
Martes 11 Febrero 2025
A Xunta prevé estender este ano a un milleiro de establecementos o proxecto piloto de reclamación dixital en materia de consumo
- José González destacou que esta iniciativa é pioneira a nivel estatal e que se está a estender tamén á electricidade e á telefonía para avanzar na simplicidade, axilidade e eficacia do proceso de reclamación en beneficio dos consumidores
- Este sistema enmárcase no labor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que conmemora os seus 30 anos de andaina e que no 2024 atendeu máis de 37.500 consultas e tramitou máis de 20.200 reclamacións
- La Crisálida e Calzados Yolanda forman parte dos 12 establecementos da cidade herculina e dos máis de 80 da provincia da Coruña que contan con esta opción
- O conselleiro subliñou o esforzo de Galicia a prol do comercio local co novo Plan estratéxico 2025-2030, que abarcará distintos apoios lanzados esta semana como os destinados aos CCA e á dixitalización, innovación e sustentabilidade do sector
Domingo 9 Febrero 2025
A Xunta lanza a nova convocatoria de Escolas Abertas para impulsar a formación especializada dos docentes das entidades galegas do exterior
- Esta iniciativa do Goberno galego promove a formación especializada para as persoas que imparten docencia nas entidades galegas do exterior, en actividades como baile, percusión, pandeireta ou cociña, entre outras
- Trátase de cursos presenciais que pretenden garantir a participación da cidadanía galega no exterior, tanto na vida social como na vida cultural de Galicia, de cara a dinamizar as comunidades galegas de Europa e América
A Xunta e a Fundación RIA potencian as prazas de abastos como o mellor escaparate do produto galego a través das xornadas 'Encontros de mercado'
- O programa de actividades desenvolverase entre os meses febreiro e abril no marco da exposición adicada a estes espazos que está aberta ao público durante o primeiro trimestre deste ano en Casa RIA
- A iniciativa, que se artellará en varias xornadas, inclúe visitas ao mercado de abastos da cidade compostelá, conferencias e experiencias gastronómicas, con convidados internacionais como Carolyn Steel ou Ruth Rogers, ademais de chefs galegos
- José González sinala a importancia destes encontros para visibilizar e poñer en valor estes enclaves prioritarios do ecosistema comercial e territorial das vilas e cidades galegas, cun gran vencello á contorna na que se integran
- Avanza que o Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030 promoverá medidas específicas para impulsar o seu potencial, promovendo ademais a súa certificación co selo de Mercados excelentes
Sábado 8 Febrero 2025
A Xunta premiará a excelencia dos centros comerciais abertos no marco das axudas de 2,5 M€ para fortalecer a súa capacidade dinamizadora en vilas e cidades
- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a nova orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para apoiar as actividades das agrupacións de comerciantes, buscando primar a calidade e a innovación das súas propostas
- A convocatoria prevé axudas extraordinarias de 50.000€ para recoñecer o labor dos mellores CCA, co obxectivo de apoiar de campañas adicionais que teñan como obxectivo promover o comercio local e chegar a novos clientes
- Este ano tamén se avanzará na creación do rexistro e reconfiguración dos centros comerciais abertos, con nova denominación e imaxe propia, concibida desde unha dinamización integral das contornas comerciais
- Estas medidas enmárcanse no Plan estratéxico do comercio 2025-2030, baixo o que se engloban outros apoios como os dirixidos a impulsar a modernización, dixitalización e sostibilidade do comercio retallista (3,9M€) e que se publicará o venres 14
A Xunta avanza na aposta pola atracción de talento emprendedor ao rural coas reunións do proxecto Fixar que potencian os espazos 'coliving'
- A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social asistiu hoxe en Laxe á segunda xuntanza desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego coa Asociación Cultural Sende e da que forman parte os coliving de Sende, Anceu e iSlow
- O obxectivo destes encontros é fomentar o intercambio de experiencias e fortalecer as relacións entre os participantes desta acción, que o Executivo galego potenciará este ano cunha segunda edición, e seguir promovendo novas ideas e proxectos no rural
- Marta Mariño lembrou o éxito da experiencia piloto de Fixar, desenvolvida en 2024 e na que participaron 60 emprendedores de diferentes perfís que tiveron a oportunidade de realizar diferentes estadías nos coliving participantes
- A nova edición de Fixar afondará en determinar potenciais negocios necesarios no ámbito comarcal e avanzarase no aproveitamento de sinerxías locais coa Rede de Polos despregada por toda Galicia, que conta actualmente con 15 oficinas
Viernes 7 Febrero 2025
A Xunta pon de relevo as axudas de formación a demanda do tecido produtivo entre o sector turístico e hostaleiro de Pontevedra
Vigo, 7 de febreiro de 2025 A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, presentou esta mañá as axudas de formación a demanda do tecido produtivo galego impulsadas polo Goberno galego aos membros da Federación Empresarial de Turismo e Hostalaría de Pontevedra (Feprotur). A directora xeral fixo fincapé no esforzo estratéxico que está a realizar a Xunta para flexibilizar ao máximo a formación para o empre...
A Xunta destaca en Marín as novas achegas para fortalecer a capacidade de dinamización económica e territorial dos centros comerciais abertos
Marín (Pontevedra) , 7 de febreiro de 2025 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e da alcaldesa de Marín, María Ramallo, participou esta mañá na inauguración da feira de oportunidades Stock Marín, unha iniciativa organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín que conta co apoio da Xunta e que se celebrará durante toda a fin de semana...
A Xunta destina preto de 700.000 € para impulsar accións de divulgación, formación e asesoramento en economía social no marco da Rede Eusumo
- Poden optar ás achegas, de ata un máximo de 190.000 euros, asociacións, entidades locais, cámaras de comercio, universidades ou organizacións sindicais, empresariais ou profesionais adheridas á rede autonómica Eusumo de fomento da economía social
- A previsión é que se poidan beneficiar destas axudas unhas 40 entidades, que poderán realizar arredor de 200 actividades para unhas 4.000 persoas
- O prazo de solicitude permanecerá aberto desde mañá ata o próximo 7 de marzo
Jueves 6 Febrero 2025
A Xunta consolida a súa aposta polo comercio de proximidade coas novas achegas aos centros comerciais abertos
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Arteixo na presentación da campaña de dinamización do comercio local En febreiro, en Arteixo, celebramos o amor, promovida polo Centro Comercial Aberto do municipio
- A convocatoria de 2025 destinada a estas entidades publicarase mañá no DOG por valor de 2,5M€ cunha intensidade da axuda que pode chegar ata o 90 %
- Trala presentación desta iniciativa, o director xeral participou na xuntanza da mesa local de comercio da localidade na que tamén estiveron o alcalde de Arteixo, outros representantes municipais e de comerciantes da localidade
A Xunta reforza o compromiso coa empregabilidade da mocidade subindo a preto de 6,3 M€ o orzamento de 2025 do programa de 1ª experiencia profesional
- A acción forma parte da batería de medidas destinadas á forza laboral interna, chave para cubrir as demandas do tecido produtivo xunto a un plan de captación de talento que inclúe feiras de emprego na Arxentina (6 e 7 de marzo) e O Uruguai (10 de marzo)
- José González destacou que, tendo en conta a boa acollida do 1ºexperiencia, se incrementa nun 50% a contía anual destinada a estes apoios para promover a inserción laboral de máis xente nova, coa estimación de beneficiar a 650 mozos
- Sobre a visita, sinalou que Citanias Obras y Servicios -con 18 traballadores contratados co 1º experiencia dos que 16 seguen na empresa- exemplifica a aposta da Xunta por reter talento novo, impulsar a remuda no tecido produtivo e cubrir vacantes
- As achegas a prol do emprego xuvenil como as de 1ª experiencia profesional enmárcanse na Estratexia Mocidade Activa, que impulsará o Executivo e que inclúe outras como os programas Investigo (4,8 M€) ou o Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€)
Miércoles 5 Febrero 2025
A Xunta convoca o programa Aprol Economía Social con 5 M€ para impulsar o emprego e fomentar a competitividade de cooperativas e sociedades laborais
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde 2025 destas achegas, que apoian a incorporación de socios ou traballadores e a quen se estableza por conta propia e se sume logo a estas entidades
- As contías increméntanse se as beneficiarias finais son mulleres, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos ou emigrantes retornadas, así como no caso de concellos rurais, cooperativas xuvenís ou de nova creación con catro socios ou máis
- Entre os anos 2017 e 2024, a Xunta destinou case 34 millóns de euros a esta iniciativa, permitindo a incorporación de case 6.200 persoas a cooperativas e sociedades laborais
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración investirá máis de 44 millóns de euros en 2025 no sector da economía social, un 2,77% máis ca este ano
A Xunta avanza na elaboración da Estratexia Mocidade Activa apostando por un enfoque transversal entre as diferentes áreas de goberno
Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2025 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo unha reunión de traballo coa directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e coa directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, co gallo de seguir avanzando no deseño e elaboración da Estratexia Mocidade Activa, unha planificación que se está a deseñar no marco do traballo transversal das diferentes conse...
Martes 4 Febrero 2025
As asociacións de entidades da Economía Social poderán solicitar desde mañá as axudas da Xunta para o seu funcionamento
- O DOG publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas, dotada con 330.000 € para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e de empresas de inserción
- Con elas apóianse ata o 90% dos gastos de funcionamento e o prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar desde mañá
- Na actualidade, Galicia conta con máis de 3.500 entidades —entre cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas inserción—, das que 230 naceron no último ano
Galicia comeza 2025 coa cifra de paro máis baixa desde que hai rexistros e con 1.067.089 persoas afiliadas á seguridade social, o mellor xaneiro desde hai 16 anos
- A comunidade suma a 46ª caída interanual do paro consecutiva e a cifra de desempregados (121.320) —o mellor xaneiro desde 1996— sitúaa como a 4ª CCAA con maior porcentaxe de caída no último ano, máis dun punto por riba da media española
- O paro diminuíu no último ano nas catro provincias, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e entre os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración, neste último caso coa cifra máis baixa desde novembro de 2008
- As actividades económicas nas que máis están a descender as cifras de desemprego son o sector primario, a construción e a industria
- Tocante ás contratacións, a modalidade indefinida increméntase en máis de dez puntos por riba da media estatal
Lunes 3 Febrero 2025
A Xunta unifica nunha única convocatoria con case 4 M€ os apoios á dixitalización, modernización e sustentabilidade do tecido comercial e artesanal
- Rueda sinala que a Administración autonómica busca "promover o comercio local de proximidade e tamén a cada vez máis puxante artesanía galega" ao tempo que se aposta por unha maior axilización nas tramitacións para maximizar o impacto no sector
- Subliña que a convocatoria establece tres liñas de axudas -compatibles entre si-, orientadas á dixitalización do punto de venda, á mellora da imaxe e eficiencia enerxética do local e ao uso de embalaxes sustentables
- Incrementando a intensidade das axudas ata o 80%, cobre actuacións como a implantación e o mantemento web, márketing dixital, loxística, reformas do espazo comercial, sistemas de eficiencia enerxética ou compra de materiais reciclables
- Esta medida enmárcase no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que estará rematado este trimestre e co cal a Xunta busca garantir o futuro dun sector prioritario para a economía, o emprego e a vertebración do territorio
- Para seguir potenciando as actuacións a prol do sector impulsadas por Galicia con fondos propios —máis de 10,4M€ en 2024—, a Xunta reclama ao Goberno central acceder a recursos Next Generation que o Executivo ten reservados sen executar
Domingo 2 Febrero 2025
A Xunta consolida o apoio á contratación de mulleres en sectores masculinizados con 1,7 M€ no 2025
- Como novidade este ano estas achegas inclúense no Galicia Emprega (19,7 M€) que busca incentivar a contratación nos colectivos con máis dificultades de inserción laboral e do que se poden solicitar as axudas ata o 30 de setembro
- Este programa está enfocado a favorecer a empregabilidade de mulleres, persoas mozas, paradas de longa duración, retornadas, estranxeiras, con discapacidade, en risco de exclusión e maiores de 52 anos
- Poden optar aos apoios as persoas empregadoras e empresas —incluídos os autónomos, as sociedades civís e as entidades sen ánimo de lucro— que contraten de xeito indefinido persoas dos colectivos con maior dificultade de inserción laboral
- Entre os anos 2018 e 2024, a Xunta investiu neste programa máis de 85,6 M€, con máis de 8.200 empresas beneficiarias que posibilitaron máis de 10.500 contratacións
Sábado 1 Febrero 2025
A Xunta lanzará o venres a nova orde de achegas para os centros comerciais abertos potenciando a súa excelencia e capacidade de dinamización territorial
- José González avanza que a convocatoria de 2025, que amplía o orzamento ata os 2,5 M€, busca potenciar esta figura clave para a vertebración das vilas e cidades galegas, sinalando que as asociacións poderán concorrer a premios extraordinarios de 50.000 euros
- Este ano tamén se avanzará na creación do rexistro e reconfiguración dos centros comerciais abertos, seis na provincia de Ourense, con nova denominación e imaxe propia, concibida desde unha dinamización integral das contornas comerciais
- Estas medidas enmárcanse no Plan estratéxico do comercio 2025-2030, que estará rematado este trimestre e co que a Xunta busca garantir o futuro dun sector prioritario para a economía e o emprego
- A elas súmase a orde unificada de achegas para autónomos (40M€), para as que se vén de implementar un chatbot de resolución de dúbidas, e que incorporan programas como o Bono Remuda para impulsar o mantemento dos negocios no territorio
- Para seguir potenciando as actuacións a prol do sector impulsadas por Galicia con fondos propios —máis de 10,4M€ en 2024—, a Xunta reclama ao Goberno central acceder a recursos Next Generation que o Executivo ten reservados sen executar
Viernes 31 Enero 2025
A Xunta convoca por 1,4 M€ as axudas para promover a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial entre o tecido produtivo galego
- O DOG publica hoxe a orde en virtude da que se poden solicitar axudas de ata 9.000 € para medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo e de ata 20.000 € para financiar o investimento necesario de cara a garantir o traballo en remoto
- Con este programa de apoios, que inclúe tamén axudas para a implantación de plans de igualdade nas empresas e de medidas de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), o Executivo autonómico espera chegar a unhas 230 firmas
A Xunta lanza unha nova edición do certame Cooperativismo no Ensino e dos Premios á Cooperación
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2025 de ambos certames, unificándoos por primeira vez na mesma orde para maior simplificación e poderanse presentar solicitudes desde mañá ata o 30 de abril
- O Goberno galego destina en conxunto 43.000 €, dos que 28.000 son para o certame Cooperativismo no Ensino 2025 e 15.000 € para os Premios á Cooperación e enmárcase na aposta global da Administración galega a prol da economía social
- O certame escolar estará aberto á participación do alumnado de infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial e o centro gañador e o accésit poderán entrar a formar parte dos programas de emprendemento na economía social e mentorización do Goberno galego
- Cos galardóns de cooperación o Executivo galego premiará á entidade que destaque polos valores cooperativos, ao mellor proxecto novo e á traxectoria dunha cooperativa
A Xunta convoca as bolsas para universitarios no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para impulsar a súa especialización e inserción laboral
- O DOG vén de publicar a convocatoria de nove bolsas formativas de 10 meses de duración nas sete oficinas do IGCC
- Oito das bolsas céntranse nos dereitos das persoas consumidoras e na seguridade dos produtos, mentres a novena aborda a promoción e defensa da competencia
- Canto á localización dos bolseiros, tres formaranse na oficina de Santiago e os outros seis nas da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo respectivamente
- O obxectivo da Xunta é fomentar a formación práctica en materia de consumo de titulados con licenciatura ou grao, co gallo de impulsar a súa incorporación ao mercado laboral, ao tempo que se avanza na defensa dos consumidores e usuarios
Jueves 30 Enero 2025
A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea lanzando novos apoios enfocados a reter o seu talento en Galicia
- José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas Investigo (4,8 M€), o de primeira experiencia profesional (6,3 M€) ou o Galicia Emprega Moz@s (3,5 M€)
- Salientou a vocación emprendedora da comunidade galega, que desenvolve accións ligadas ao territorio como o proxecto Fixar, que potencia o modelo dos colivings para atraer emprendedores e se enmarca na estratexia global galega neste eido
- Puxo en valor a contribución dos autónomos á economía galega e o apoio do Executivo galego a este colectivo cunha orde única de axudas de máis de 40 M€
- Mencionou distintas accións do Goberno autonómico para casar oferta e demanda laboral, impulsando tanto a atracción de talento interno como foráneo, entre elas os apoios ao retorno emprendedor dotados este ano con 1M€ e publicados hoxe no DOG
O delegado territorial visita o obradoiro 'Mar de Santiago IV', en Vilanova, e destaca a gran empregabilidade que tiveron as edicións pasadas
- O programa é posible grazas a un investimento da Xunta de Galicia de preto de 412.000 euros
- Reguera lembrou a alta demanda de traballadores que existe no sector turístico e hostaleiro
A Xunta salienta a eficacia do programa de emprego de Garantía Xuvenil e as medidas a prol de incentivar a empregabilidade da mocidade en Galicia
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego dúas preguntas sobre as políticas impulsadas polo Goberno galego a favor do emprego entre este colectivo prioritario
- Salientou que a convocatoria do Programa de Garantía Xuvenil para as anualidades 2024-25, cun investimento de 6,6M€, permiten impulsar en Galicia 15 obradoiros que benefician uns 240 mozos e mozas en toda a Comunidade
- Sinalou outras medidas en marcha, como os incentivos á contratación que ofrece o Galicia Emprega ou o Programa Investigo, que abre o prazo o 4 de febreiro para favorecer a contratación de investigadores e tecnólogos menores de 30 anos
A Xunta reforza a colaboración co sector da construción poñendo o foco na formación e na atracción de talento para cubrir vacantes
- José González pon en valor a construción como motor de emprego, destacando que os últimos datos da EPA constatan o aumento de ocupados no sector (+6,74%), un escenario no que Galicia rexistra máis emprego que o ano anterior (1,1 millóns)
- Debulla as medidas impulsadas pola Xunta para dar resposta a retos que enfronta o sector, como a falta de man de obra, o absentismo ou remuda, impulsando tanto as oportunidades da forza laboral propia como a atracción de talento foráneo
- En clave interna, destaca a aposta estratéxica polo impulso das formacións á carta do tecido produtivo, na liña do convenio vixente coa Fundación Laboral da Construción que permitirá a capacitación de máis de 1.700 persoas
Miércoles 29 Enero 2025
A Xunta reforza os apoios ao tecido autónomo avanzando na simplificación administrativa e na redución burocrática
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2025 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na xornada de presentación das axudas do Goberno galego para autonómos e pemes organizada por AJE Galicia. Alí, puxo en valor que a Xunta vén de lanzar por primeira vez unha orde unificada de axudas específicas para autónomos, dotada con máis de 40 M€, co obxectivo de avanzar na simplificación administrat...
A Xunta destaca o valor das iniciativas a prol da dinamización das vendas do comercio local
Vigo, 29 de xaneiro de 2025 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Vigo na entrega de premios da última campaña de nadal organizada polo Centro Comercial Aberto de As Travesas (Aetravi) co apoio do Goberno galego para dinamizar o comercio local. O director xeral salientou o valor de iniciativas coma esta, que contou cun total de 117 establecementos adheridos, para impulsar as vendas e xerar riqueza na contorn...
A Xunta lanza a convocatoria deste ano de formación a demanda das empresas dixirida a persoas traballadoras e dotada con 4 M€
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde destes apoios que se poderán solicitar a partir do vindeiro 5 de febreiro e ata o 30 de setembro a través das entidades e centros de formación acreditados
- Como novidade, amplíase o prazo de presentación de solicitudes en relación ao do ano pasado -o primeiro no que se publicaron estas achegas- facilitando a posibilidade de impartir ofertas de grao C conducentes á obtención de certificados profesionais
- Esta iniciativa potencia tamén de maneira decisiva as formacións de curta duración, é dicir, de grao B, que é un módulo de entre 200 e 300 horas, e mesmo microformacións concretas de 40 horas dun grao A
Martes 28 Enero 2025
A Xunta presenta en Madrid as vantaxes da ferramenta de intelixencia artificial EMi para impulsar a empregabilidade e avanzar na cobertura de vacantes
Madrid, 28 de xaneiro de 2025 A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, realizou hoxe unha ponencia sobre a ferramenta EMi, implantada nas 54 oficinas de emprego de Galicia, no acto de presentación da última publicación da revista Cuadernos del mercado de trabajo, editada polo Observatorio das Ocupacións do Servizo Público de Emprego Estatal e que no seu número 12 adica un artigo a este software de intel...
A Xunta celebrará en marzo feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai para potenciar a captación de talento exterior da man das empresas galegas
- José González explicou as políticas que implementa Galicia para casar oferta e demanda laboral, impulsando tanto as oportunidades da forza laboral propia como a atracción de talento foráneo, sempre de xeito ordenado e da man do tecido produtivo
- Sinalou a eficacia da ferramenta EMi, que xa permitiu 24.500 perfilados, e as medidas para optimizar as listas de demandantes de emprego, con 35.000 compromisos firmados de actividade e 8.500 persoas inseridas laboralmente
- Puxo o foco no impulso da formación á carta, con medidas como a reedición das microformacións a demanda das empresas que se publica mañá (4M€), e destacando que Galicia será pioneira no impulso dun decreto a favor das microcredenciais
- Mirando a terceiros países, destacou que Galicia pon o foco na atracción de talento dos galegos da diáspora, con apoios como as Bolsas BEME ou a segunda edición do programa Retorna Cualifica Emprego, ambos abertos actualmente
- Subliñou a necesidade de abordar políticas para reducir o absentismo, especialmente elevado en Galicia, e anunciou a posta a disposición, no seo do Diálogo Social, dun informe impulsado pola Xunta para identificar as causas e deseñar posibles solucións
A Xunta convoca o programa Investigo 2025 con case 5 M€ ao abeiro da Estratexia Mocidade Activa para reter o talento de ata 215 persoas menores de 30 anos
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta iniciativa que se enmarca na nova estratexia para a xente moza que —tan só no caso da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— estará dotada con 20 millóns de euros
- A nova edición está avalada polo precedente de que arredor do 52% dos beneficiarios das convocatorias anteriores continúan a traballar nas empresas que confiaron neles
- En concreto, finánciase a contratación indefinida e a tempo completo por 12 meses de persoas desempregadas de entre 16 e 30 anos por parte de empresas cualificadas como iniciativas de base tecnolóxica e/ou que traballen en investigación e innovación
- Por primeira vez, resérvase 1 millón de euros do orzamento para as entidades privadas sen ánimo de lucro que teñan como actividade principal a I+D+i
- Entre os anos 2022 —cando se estreou o programa— e 2024, a Xunta destinou máis de 27 millóns de euros a esta iniciativa, con máis de 210 empresas beneficiarias que posibilitaron case 900 contratacións de persoas mozas
Lunes 27 Enero 2025
O novo programa integrado de emprego de Salceda de Caselas conta cun apoio da Xunta de 220.000 euros
Salceda de Caselas (Pontevedra), 27 de xaneiro de 2025 A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu á inauguración do programa integral de emprego de Salceda de Caselas que conta cun apoio da Xunta de 220.000 euros. Alí tamén estivo a alcaldesa do municipio, María Dolores Castiñeira. Grazas a esta iniciativa, un total de 100 persoas de colectivos con especiais dificultades de acceso a un posto de tr...
A Xunta apoia con preto de 412.000 euros o obradoiro de emprego dual Ulla-Umia que formará a 20 persoas de Valga, Moraña e Portas
Valga (Pontevedra), 27 de xaneiro de 2025 A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu á inauguración do obradoiro de emprego dual Ulla-Umia, impulsado polo concello de Valga e ao que están tamén asociados cos municipios pontevedreses de Moraña e Portas. Esta iniciativa recibiu unha axuda da Xunta de preto de 412.000 euros no marco da convocatoria de 2024 e conta cunha vintena de persoas participante...
Domingo 26 Enero 2025
A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades das empresas e cualificar arredor de 2.500 persoas desempregadas
- O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda das necesidades e crecemento dos sectores, promovendo oportunidades para as persoas sen traballo
- A convocatoria establece o compromiso de contratar a entre o 40 % e o 60 % do alumnado participante nas accións formativas, posibilitando así crear postos de traballo especializados e avanzando na cobertura das vacantes das empresas
- Ao abeiro da orde, á que se levan orzamentos 19 M€ desde 2023, empresas de sectores estratéxicos como o naval, a automoción ou o agro alimentario xa puideron solicitar e impartir as súas propias formacións, contratando deste xeito persoal cualificado
- A medida súmase a outras coas que o Goberno autonómico seguirá impulsando en Galicia para o financiamento de accións formativas á carta das empresas e sectores, e promovendo a contratación de persoas desempregadas, como o Galicia Emprega
- O prazo de presentación de solicitudes arranca o vindeiro venres, 31 de xaneiro, e prolongarase ata o 30 de setembro de 2025, sendo a data límite para a realización de accións formativas o 28 de novembro
Sábado 25 Enero 2025
A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional
- Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores, creando pezas únicas e personalizadas
- José González enxalza o seu traballo como formadora e divulgadora, contribuíndo na formación de novos talentos a través do programa 'Aprender da tradición. Oficios e técnicas', iniciativa pioneira da Xunta para avanzar na transmisión ás novas xeracións
- Cun orzamento de 1,2 millóns de euros, o Goberno galego reforza este ano o labor da Fundación Artesanía de Galicia no marco do firme compromiso con este sector prioritario, clave no emprendemento ligado ao territorio
- Para consolidar este esforzo, Galicia vén de reclamar ao Goberno central acceso aos fondos Next Generation -que o Executivo ten reservados e sen executar- para apoiar proxectos singulares no eido do comercio e da artesanía como o programa 'Vilas Vivas'
Jueves 23 Enero 2025
A Xunta e o Cluster da Automoción e Mobilidade avanzan na súa colaboración para cualificar máis de 1.000 persoas neste sector
- O Goberno galego destina a esta iniciativa máis de 360.400 euros coa finalidade de impartir máis de 70 accións formativas de curta duración deseñadas e impartidas polo Ceaga sobre materias relacionadas co sector da automoción
- Na xuntanza púxose de relevo a necesidade de ofrecer unha formación á carta do tecido produtivo para favorecer a competitividade do tecido produtivo e atender a retos globais como a cobertura de vacantes
- A colaboración con Ceaga é unha das que o Executivo autonómico mantén con cluster e entidades clave para o desenvolvemento económico da comunidade e a elas destina en total uns 7,5 M€ co fin de formar máis de 17.000 galegos e galegas
A Xunta e Anfaco-Cecopesca analizan vías de colaboración para reforzar a empregabilidade e a remuda xeracional no sector mar-alimentario
- Na xuntanza, na que tamén participou a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, abordáronse medidas impulsadas pola Xunta para aliñar a formación para o emprego en liña coas necesidades das empresas e clústeres sectoriais
- Así, púxose en valor a nova convocatoria de unidades formativas que se lanzará nos vindeiros días cun orzamento de 8 M€ e que, como principal novidade, contempla que tamén poidan ser solicitadas por asociacións empresariais sen ánimo de lucro
- Tamén se debullaron as posibilidades que ofrece para o sector mar-alimentario o Plan de atracción de talento que impulsa a Xunta da man do tecido produtivo, como o programa Retorna Cualifica Emprego
A Xunta lembra que desde mañá se poden solicitar as axudas para autónomos englobadas na orde única dotada con máis de 40 M€
- Trátase da primeira convocatoria unificada para autónomos impulsada co gallo de avanzar na redución burocrática e co obxectivo de beneficiar 8.700 traballadores por conta propia
- As cinco liñas englobadas na orde estimulan desde o inicio de actividade —con apoios que inclúen a cota cero— á súa consolidación e mantemento —co Bono Autónomo e Bono Remuda—, ademais de axudas para conciliar e o Bono Nova Oportunidade
- Entre as novidades, e dentro da aposta por facilitar a transmisión de negocios rendibles no territorio, o Bono Remuda engadirá axudas para os autónomos que traspasan o negocio por xubilación, ademais das incluídas para quen asume a empresa
- A maiores, mañá tamén abre o prazo de presentación da orde de 1,35 M€ para apoiar a contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador por parte de autónomos, cun bono de contratación e outro de formación compatibles entre si
Miércoles 22 Enero 2025
A Xunta visibiliza en Croacia o papel de Galicia como Rexión Emprendedora Europea 2025
Zabok (Croacia), 22 de xaneiro de 2025 A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asiste hoxe en representación de Galicia á convención Zagorje 2025: Regional Investment Summit, unha cumbre organizada pola provincia croata de Krapina Zagorje, que comparte coa Comunidade galega e coa rexión polaca de Mazovia o recoñecemento a Rexión Emprendedora Europea 2025, un galardón que recoñece o esforzo e as estratex...
A Xunta abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para a mocidade galega residente no exterior
- O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con bolseiros BEME do curso 2024-2025 e unha profesora dun dos másteres para destacar o impacto desta medida no retorno e na formación cualificada
- As 250 axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, chegan ata acadar bolsas de entre 8.000 e 12.500 euros, en función da duración do mestrado e o continente de procedencia do beneficiario
- A Secretaría Xeral da Emigración destinará máis de 2,5 millóns de euros a esta medida, incluída na Estratexia Retorna 2023-2026 e con esta nova convocatoria terá ofrecido preto de 2.000 oportunidades de retorno a través dunha bolsa
A Xunta convoca as axudas que buscan impulsar en sindicatos e organizacións empresariais os gabinetes técnicos para promover a igualdade laboral
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria cun orzamento de 400.000 euros para cubrir os gastos de creación e/ou funcionamento ordinario destes órganos entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025
- O obxectivo é facilitar a promoción dos valores da igualdade de xénero e a loita contra a fenda salarial dentro dos lugares de traballo
Martes 21 Enero 2025
A Xunta reclama ao Goberno central unha maior colaboración e a asignación de fondos europeos para potenciar o impulso do comercio de proximidade
- José González insta á necesidade de sumar esforzos entre administracións, demandando que Galicia acceda a recursos Next Generation -que o Goberno reservou e non está a executar- para potenciar os proxectos que impulsa a Xunta para o sector
- Entre eles destaca a aposta polos mercados de abastos, potenciando o selo de Mercados Excelentes, e para o que a comunidade galega conta cunha folla de ruta coa que vai determinando que prazas de abastos poden ter as condicións para selo
- A Xunta investiu no 2024 máis de 10,4 M€ de fondos propios ao sector, con medidas como os Bonos Activa Comercio, e finalizará este trimestre o Plan estratéxico de comercio 2025-2030 para avanzar nunha folla de ruta con eixos como 'Vilas Vivas'
- O conselleiro reitera ao Estado a importancia dunha cogobernanza real coas comunidades, tendo en conta a súa capacidade de xestión e as súas particularidades, como xa demandou co reparto dos fondos de formación para o emprego
- Esta xuntanza súmase ás mantidas polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración cos secretarios de Estado de materias relacionadas coa Consellería, como as que tiveron lugar cos de Traballo e de Migracións
A Xunta destaca a súa aposta a prol do emprego inclusivo e da integración laboral das persoas con discapacidade no sistema produtivo
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, destacou hoxe a aposta da Xunta a prol do emprego inclusivo e da integración laboral das persoas con discapacidade no sistema produtivo. Nesta liña, puxo de relevo o apoio do Goberno galego ao labor dos centros especiais de emprego, un eido ao que leva destinados máis de 126 millóns de euros nos últimos seis anos co obxectivo...
Lunes 20 Enero 2025
A Xunta enxalza o labor das entidades galegas en Madrid visibilizando o talento profesional, empresarial e cultural da colectividade no mundo
- Na xuntanza, celebrada na Casa de Galicia, participaron preto dunha vintena de asociacións culturais e profesionais que desenvolven o seu labor na comunidade autónoma de Madrid
- José González pon de relevo o traballo destas entidades a prol da extensión de imaxe de Galicia e polo seu papel fundamental como embaixadoras das grandes capacidades e do espírito emprendedor que atesoura a Comunidade e que trascende fronteiras
- Lembra que o Goberno autonómico mantén un forte compromiso co labor do tecido asociativo para asegurar que siga sendo un punto de referencia e de encontro para a comunidade galega
A Xunta informa a AJE Lugo de 21 liñas de axudas xa convocadas que suman 215 M€ para apoiar a actividade de pemes e autónomos
- O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unificou cinco liñas específicas para autónomos coa finalidade de axilizar a tramitación e avanzar na simplificación administrativa
- Na primeira quincena de xaneiro tamén se convocaron a maior parte dos programas xestionados polo Igape, para facilitar que o tecido empresarial coñeza con antelación os apoios públicos dos que vai dispoñer
A Xunta destaca o proxecto Amodo como exemplo de novas fórmulas de comercialización do produto artesán galego
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron hoxe en Ourense a tenda Amodo, na que se poden mercar produtos de oito obradoiros inscritos en Artesanía de Galicia
- Gabriel Alén e Elena Fabeiro visitaron tamén o taller do sombreireiro Félix de Martín, un artesán de referencia que está a impartir o Curso completo de sombreirería no marco do programa formativo "Aprender da tradición. Oficios e técnicas"
Domingo 19 Enero 2025
A Xunta destaca o papel do patrimonio cultural galego como motor de vertebración do territorio na Festa dos Fachós de Castro Caldelas
Castro Caldelas (Ourense), 19 de xaneiro de 2025 O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa alcaldesa do concello de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, asistiu hoxe á inauguración da Festa dos Fachós, unha das tradicións máis significativas de Galicia que se conmemora cada 19 de xaneiro neste municipio ourensán e que xira arredor do simbolismo e o culto ao lume, ofrecendo ademais un completo programa festiv...
Sábado 18 Enero 2025
A Xunta e o Concello de Outeiro de Rei avanzan na súa colaboración para impulsar a creación de emprego vinculado ao territorio
- Na xuntanza tamén participou a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado
- Entre outras cuestións, analizaron o desenvolvemento do obradoiro dual Camiño da Chaira VIII, ao que está asociado este municipio xunto cos de Castro de Rei -entidade promotora- e Cospeito
- Tamén trataron o programa integrado de emprego que promove este concello xunto aos de Rábade, Friol, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abandín e Mondoñedo
Viernes 17 Enero 2025
A Xunta convoca a batería de medidas para apoiar aos autónomos a través dunha orde única de máis de 40 M€ apostando pola simplificación administrativa
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a primeira convocatoria unificada para autónomos co gallo de axilizar a tramitación de achegas e avanzar na redución da carga burocrática e que prevé beneficiar 8.700 traballadores por conta propia
- As cinco liñas englobadas na orde estimulan desde o inicio de actividade —con apoios que inclúen a cota cero— á súa consolidación e mantemento —co Bono Autónomo e Bono Remuda—, ademais de axudas para conciliar e o Bono Nova Oportunidade
- Entre as novidades, e dentro da aposta por facilitar a transmisión de negocios rendibles no territorio, o Bono Remuda engadirá axudas para os autónomos que traspasan o negocio por xubilación, ademais das incluídas para quen asume a empresa
- A maiores, hoxe tamén se publica a orde de 1,35 M€ para apoiar a contratación do primeiro, segundo e terceiro traballador por parte de autónomos, cun bono de contratación e outro de formación compatibles entre si
Jueves 16 Enero 2025
A Xunta promove cun xogo a vocación emprendedora nas aulas de secundaria e alenta a mocidade a crear novos negocios como unha opción para o emprego
- Esta ferramenta foi desenvolvida pola editorial de xogos de mesa Buscalume, un proxecto empresarial asesorado pola Rede de polos de emprendemento
- José González destacou que o xogo do emprendemento difunde de maneira amena e accesible valores e aspectos asociados ao proceso emprendedor como a competitividade saudable, a colaboración e habilidades de negociación, entre outros
- Román Rodríguez pon en valor o impulso desta cultura desde o sistema educativo a través do Plan Eduemprende, con especial fincapé na FP
- Esta iniciativa enmárcase na aposta do Goberno galego a prol do emprendemento como vertebrador do territorio e que desenvolve cunha estratexia global á que este ano destina 32 M€
Miércoles 15 Enero 2025
A Xunta analiza coa Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao vías de colaboración a prol da súa formación e cualificación profesional
Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2025 O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, reuniuse hoxe con representantes da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, encabezadas pola súa presidenta, María Jesús González, para analizar posibles vías de colaboración a prol da súa formación e cualificación profesional e para coñecer os proxectos que a federación ten previsto desenvolver este ano. Na xunta...
Martina Aneiros destaca a aposta da Xunta por adaptar a formación para o emprego ás necesidades reais da comarca de Ferrolterra
- A delegada territorial da Xunta en Ferrol visitou esta mañá o centro formativo de Windar Renovables, no polígono industrial de Vilar do Colo, onde se está a impartir un curso de iniciación á soldadura apoiado polo Goberno galego
- A acción formativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Xunta e Asime para a anualidade 2024-2025 coa finalidade de avanzar na cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica
Martes 14 Enero 2025
Ortiz salienta a repoboación forestal dos montes de Vigo e a formación laboral xeradas a través dos obradoiros de emprego
- A delegada da Xunta en Vigo visitou o obradoiro forestal financiado polo Goberno galego con máis de 205.000 euros
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración adica este ano 3,9 millóns para un total de dez cursos na área viguesa
A Xunta convoca as probas de avaliación de competencias clave para acceder á formación dos certificados profesionais de nivel 2 e 3
- A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglés
- Está dirixida a persoas que non teñan título da ESO ou Bacharelato e que desexen cursar certificados profesionais que inclúen como requisito esa formación
- Desenvolveranse dúas probas, en maio e en outubro, para que os participantes que no primeiro exame non superaran algunha competencia na que se inscribiron teñan unha segunda oportunidade sen ter que agardar a unha nova convocatoria
- Desde 2009 xa participaron neste procedemento preto de 46.000 galegos e galegas
A Xunta defende o apoio ás cámaras de comercio para impulsar a produtividade e a competitividade do tecido empresarial galego
- José González explicou que esta reunión se enmarca na escoita activa cos principais axentes sociais e económicos e na colaboración público-privada para seguir desenvolvendo iniciativas a prol do crecemento de Galicia
- Salientou o papel chave destas entidades e a importancia de telas en conta nas medidas da Administración autonómica
- O Executivo galego investiu no último ano máis de 320.000 € nos plans formativos das cámaras de comercio no eido comercial que beneficiaron a 900 persoas
- Puxo de relevo a figura dos autónomos e o apoio a este colectivo con accións como a orde única de máis de 40 M€ coas axudas específicas para este sector co fin de avanzar na simplificación administrativa e facilitar o seu labor
Domingo 12 Enero 2025
A Secretaría Xeral da Emigración e a Axencia Galega de Innovación avanzan na colaboración para atraer talento investigador do exterior
- O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo
A Xunta salienta a creatividade do comercio local de Vigo na gala de premios 'Ilumina o teu escaparate'
Vigo, 12 de xaneiro de 2025 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou esta mañá na gala de entrega de premios da terceira edición da campaña Ilumina o teu escaparate, unha iniciativa organizada polas asociacións de comerciantes e que contou co apoio da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para activar o consumo nos pequenos establecementos da...
Sábado 11 Enero 2025
A Xunta participa na XVI Festa do comercio organizada pola Asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos de Ribadeo
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe ao acto co que culmina o ano no que Acisa conmemorou o seu 35º aniversario
A Xunta premia cinco centros galegos no marco do concurso Eduemprende Idea 2024 para fomentar o espírito emprendedor entre o alumnado
- O DOG vén de publicar a concesión de distincións a dúas propostas do CIFP Politécnico de Santiago e a outras catro do IES A Guía (Vigo) e dos CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa), Paseo das Pontes (A Coruña) e Portovello (Ourense)
- O certame diríxese ao alumnado de Formación Profesional, de ensinanzas deportivas, de artes plásticas e de deseño da Comunidade
- O Goberno galego destina 12.000 euros en premios a estes galardóns e a posibilidade de que os proxectos se incorporen aos viveiros de empresa en centros educativos e reciban asesoramento da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego
Viernes 10 Enero 2025
A Xunta pon en valor o labor da Asociación Boirense de Empresarios á hora de dinamizar o comercio local
Boiro (A Coruña), 10 de xaneiro de 2025 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, estivo hoxe no concello coruñés de Boiro, onde visitou a praza de abastos e diversos establecementos comerciais, ademais de participar na entrega de premios no marco da campaña de Nadal organizada pola Asociación Boirense de Empresarios (ABE) e apoiada pola Xunta. En total, unha trintena de persoas resultaron beneficiarias de bonos de desconto de ...
Belén do Campo informa das iniciativas de formación que a Xunta impulsa cos concellos de Carballo e Coristanco e con 6 entidades deste municipio grazas a un apoio de case 2,3 M€
- A delegada da Xunta coñeceu o obradoiro Lubiáns, unha iniciativa de formación que organizan os concellos de Carballo e Coristanco para mellorar a empregabilidade de 15 persoas cun investimento autonómico de case 309.000 euros
- A representante do Goberno autonómico comprobou tamén o funcionamento de varios dos cinco cursos de Accións Formativas para o Emprego que está levando a cabo o Concello de Carballo grazas a un apoio da Xunta de máis de 284.000 euros
- Este municipio recibiu tamén máis de 1,6 millóns de euros para seis entidades para levar a cabo outros 26 cursos AFD
A Xunta financia con preto de 206.000 euros o obradoiro dual de emprego 'Lavadoiros Ferrol 1' no que se están a formar dez alumnos
- A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá no centro de emprego da cidade aos participantes deste itinerario formativo especializado en fábricas de albanelería e que permitirá reparar catro lavadoiros do municipio
- Este é un dos catro obradoiros duais que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia este curso 2024-2025 en Ferrolterra cun investimento conxunto de 1,3 M€
Jueves 9 Enero 2025
A Xunta participa en Lalín na entrega de premios do certame de escaparates de Aldeas de Nadal e destaca o éxito desta iniciativa a prol do comercio local
- Este concurso, apoiado polo Goberno galego, contou coa participación de 31 comercios e complementouse coa posta en valor de catro escaparates baleiros nos que se recrearon diferentes escenografías e estampas navideñas
A Xunta lanzará este ano a 2ª edición do proxecto Fixar para continuar impulsando a través dos 'coliving' o talento emprendedor no rural galego
- Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o Executivo galego está a impulsar coa colaboración da Asociación Cultural Sende
- José González pon en valor que tras o éxito da iniciativa piloto, desenvolvida en 2024 e na que participaron 60 emprendedores, o Goberno autonómico botará a andar unha nova edición do programa este ano
- Como novidade, profundizarase en determinar potenciais negocios necesarios no ámbito comarcal e avanzarase no aproveitamento de sinerxías locais e coa propia Rede de Polos despregada por toda Galicia, que conta actualmente con 15 oficinas
- Trátase dunha das múltiples medidas encadradas na estratexia global de emprendemento impulsada pola Xunta e á que se destinarán máis de 32 millóns de euros neste exercicio, con foco na vinculación co territorio
Rueda aposta por reforzar a Estratexia Retorna este ano e pide axilizar os trámites para as persoas migrantes e retornadas
- Demanda ao Goberno central máis rapidez á hora de validar os títulos formativos doutros países
- Salienta que as políticas de retorno da Xunta facilitaron o regreso de 8.500 galegos do exterior no 2023, cifra récord por terceiro ano consecutivo
- A Estratexia Galicia Retorna conta cun cento de medidas para apoiar o regreso coma bolsas para cursar FP ou un máster na comunidade ou un programa para promover contratos de traballo
Miércoles 8 Enero 2025
A Xunta pon en valor a aposta pola dixitalización do comercio local de Carballo, recoñecida nos Premios Galegos de Comercio
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, fixo un percorrido pola praza de abastos e por diferentes establecementos do comercio local da localidade, destacando o papel do sector como motor económico e de dinamización da vila
- Ademais, participou na presentación de LoPróximo, unha plataforma dixital implantada polo Centro Comercial Aberto de Carballo galardoada recentemente nos Premios do Comercio Galego 2024
Martes 7 Enero 2025
A Xunta avanzará este 2025 na dinamización de sectores económicos estratéxicos no marco da rede de polos de emprendemento que conta con 15 centros
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de pechar en 2024 senllos proxectos piloto neste sentido nos Polos de Ferrol e do Carballiño, no marco dunha Rede que leva atendido máis de 3.000 negocios desde a súa posta en marcha
- Estas primeiras iniciativas avogan por revitalizar eidos como o da construción, o tecnolóxico ou o comercio no caso ferrolán; e o sector primario, o do turismo ou o dos coidados no do Carballiño
- A Xunta destinará 32 M€ a darlle un pulo ao emprendemento aliñado co territorio e atraendo o talento de colectivos como a xente nova ou os galegos retornados no ano no que ostentará o recoñecemento de 'Rexión emprendedora europea'
Lunes 6 Enero 2025
A Xunta reafirma o pulo á economía social como motor socioeconómico cunha nova convocatoria do certame Cooperativismo no ensino e dos Premios á cooperación
- Estes recoñecementos publicaranse por primeira vez nunha única orde co fin de avanzar na simplificación administrativa e na difusión deste modelo empresarial
- O certame escolar estará aberto á participación do alumnado de infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial
- Cos galardóns de cooperación, o Executivo galego premiará a entidade que destaque polos valores cooperativos, o mellor proxecto novo e a traxectoria dunha cooperativa
- A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina este ano á economía social máis de 44 millóns de euros, superando nun 2,7% os orzamentos de 2024 ao efecto
Domingo 5 Enero 2025
A Xunta visita máis dunha trintena de centros educativos con máis de 2.000 alumnos para fomentar o consumo responsable co gallo do Nadal
- A Escola Galega de Consumo —dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— vén de impulsar obradoiros no marco do programa Infonadal en 13 centros da provincia da Coruña, 8 na de Pontevedra, 6 en Lugo e 5 en Ourense
- Orientados a estudantes de infantil e primaria, o obxectivo é acadar futuros consumidores informados, conscientes e responsables a través da posta en valor tanto da etiquetaxe como dos mecanismos de control da seguridade de produtos
Jueves 2 Enero 2025
A Xunta impulsa en Madrid a divulgación da técnica tradicional da pasamanería aplicada á moda
- A Fundación Artesanía de Galicia patrocinou un ciclo de catro obradoiros impartidos por profesionais de Artesanía de Galicia especializados en artesanía téxtil, en colaboración coa marca de roupa artesanal Carmen 17
- A iniciativa —que tratou o bordado e a estampaxe sobre téxtil— pechouse en decembro con dous cursos de bordado ao aire impartidos pola artesá Zeltia ao Aire
A Xunta destinará en 2025 case 5 M€ ao programa Investigo, que xa permitiu a contratación de máis de 860 persoas mozas desempregadas en actividades de I+D+i
Ponte Caldelas (Pontevedra), 2 de xaneiro de 2025 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, avanzou hoxe que a nova edición do programa Investigo, que foi avaliado no último Consello da Xunta, contará cun orzamento de 4,8 millóns de euros para apoiar a contratación de menores de 30 anos desempregados no eido da investigación, a tecnoloxía e a innovación. Por primeira vez, a iniciativa intégrase na nova Estra...
Belén do Campo destaca o exemplo de inclusion laboral de Carmen Álvarez como emprendedora no marco de Artesanía de Galicia
- Esta artesá é a propietaria de Carmelamola, no mercado de San Agustín, unha marca de bixutería que forma parte de Artesanía de Galicia dende o ano 2023
Miércoles 1 Enero 2025
A Xunta beneficiou máis de 30.000 familias do exterior en 2024 coas súas iniciativas sociais e a prol do retorno
- O apoio ao emprendemento galego que regresa do exterior foi decisivo en 2024, con 150 beneficiarios procedentes de 30 países e un orzamento de 1,23 millóns de euros
- A través dos Programas Conecta, 107 mozos galegos do exterior participaron en iniciativas para reforzar o seu vínculo con Galicia
- O orzamento da Secretaría Xeral da Emigración previsto para 2025 medrará un 10% ratificando o compromiso co benestar, coa integración e co desenvolvemento persoal, profesional e cultural dos galegos do exterior
Lunes 30 Diciembre 2024
A Xunta incorpora novas funcionalidades tecnolóxicas para avanzar na axilidade e na eficacia das oficinas de emprego de Galicia
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2024 A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta mañá a oficina de emprego de Santiago Norte, onde se vén de instalar un dos novos caixeiros que se irán implantando progresivamente en toda a rede a longo de 2025, no marco do proceso de modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia. A directora xeral puxo en valor as funcionalidades tecnolóx...
Domingo 29 Diciembre 2024
A Xunta eleva ata case 33 M€ as axudas a centros especiais de emprego e empresas de inserción para apoiar a empregabilidade de máis de 5.000 persoas
- O DOG publicou senllas ordes aumentando ata os case 31 millóns de euros as achegas para centros especiais de emprego (5,1 M€ máis) e ata máis de 1,8 millóns as de empresas de inserción (330.000 € máis) co obxecto de chegar a máis beneficiarios
- Para promover a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos CEE, ademais de beneficiar unhas 5.000 persoas con discapacidade, prevese crear case 60 empregos indefinidos e que se contraten uns 130 profesionais para apoiar preto de 1.000 persoas con dificultades para acceder ao mercado laboral
- No caso das empresas de inserción, ademais de apoiar a empregabilidade de case 170 persoas en situación ou risco de exclusión social, tamén serán posibles apoios ao traballo para unha decena de persoas de nivel técnico ou de dirección destas empresas
Sábado 28 Diciembre 2024
Dous terzos dos concellos da nosa Comunidade contan con algunha iniciativa emprendedora liderada por galegos retornados co apoio da Xunta
- Na última década, a liña de axudas ao retorno emprendedor da Secretaría Xeral da Emigración apoiou cun investimento directo de 5,3 millóns de euros a posta en marcha de máis de 800 proxectos, ubicándose case a metade -o 48%- fóra das cidades
- A idade media dos participantes sitúase nos 41 anos, cun perfil altamente formado no que o 45% conta con estudos universitarios, e acadando na última edición do programa a paridade, cun 50% de beneficiarios mulleres
- As empresas apoiadas a través do programa Retorno Emprendedor contan cunha notable diversidade e capacidade de innovación, encadrándose en sectores como o primario, a hostalaría, o comercio, a industria 4.0, a enxeñaría ou o deseño
- A iniciativa, incluída na Estratexia Galicia Retorna, conta con participantes de países dos cinco continentes, entre os que sobresaen Venezuela, o Reino Unido e a Arxentina
Jueves 26 Diciembre 2024
A Xunta fomenta o consumo responsable entre a rapazada de Beade co gallo do Nadal
Beade (Ourense), 26 de decembro de 2024 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Beade unha das accións da Escola Galega de Consumo —dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, dentro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración—no marco do seu programa Infonadal 2024. En concreto, unha vintena de nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria participantes nun dos ...
A Xunta pon en valor os produtos da praza de abastos e dos comercios de Ribeira co gallo do Nadal
Ribeira (A Coruña), 26 de decembro de 2024 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe a praza de abastos de Ribeira e reuniuse con representantes do Viamare Centro Comercial Aberto (CCA) co gallo de apoiar os praceiros e praceiras desta localidade coruñesa, así como os establecementos de comercio polo miúdo, nestas datas festivas tan importantes para incrementar o número de vendas de proximidade. Ademais, na reuni...
Miércoles 25 Diciembre 2024
A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre o talento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede de polos
- O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con estudantado universitario de último ano grazas á plataforma U4Impact
- Na actualidade, e no marco dos seus respectivos proxectos de fin de grao ou mestrado, xa hai unha decena de mozos e mozas traballando activamente en colaboración con nove empresas emerxentes da Comunidade
- A iniciativa permítelles incrementar a súa empregabilidade adquirindo experiencia real en contornas innovadoras, ao tempo que as empresas poden acelerar os seus respectivos proxectos estratéxicos sumando unha nova visión
Lunes 23 Diciembre 2024
Belén do Campo felicita á artesá galega Carla Souto que recibiu unha bolsa Eloy Gesto nos premios Artesanía de Galicia 2024
- Este recoñecemento vai dirixido aos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación e está dotado con 4.000 euros para investir nun centro de formación de prestixio
A Xunta e a Fundación Santa María La Real potencian as oportunidades laborais de colectivos prioritarios con novas lanzadeiras de emprego
- Ambas partes desenvolven unha nova edición do programa "Hubs de activación da empregabilidade", con dúas fases e seis lanzadeiras de emprego das que tres xa están en marcha e nas que aínda se poden inscribir as persoas interesadas
- A iniciativa prolongarase ata novembro do vindeiro ano e terá un dos seus núcleos no Centro de Orientación ao Emprendemento da Coruña, ademais de en Pontevedra e no centro do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) de Redondela
- O obxectivo é activar persoal e profesionalmente aos participantes, mellorando a súa empregabilidade con competencias transversais e coas habilidades máis demandadas no mercado laboral actual, incluídas as competencias verdes
- Dirixido a parados de longa duración, inmigrantes, mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas con discapacidade, ata un 51% das 80 persoas participantes na primeira edición deste programa obtiveron emprego por conta allea
O Instituto Galego do Consumo e Turismo de Galicia afondan en vías de colaboración a prol da defensa dos consumidores no caso da axencia A&M Tours
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2024 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañados pola xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, mantiveron hoxe unha reunión de coordinación para analizar as reclamacións das persoas afectadas pola situación da axencia de viaxes A&M Tours. O obxectivo deste encontro é afondar na colaboración e...
Domingo 22 Diciembre 2024
A Xunta pon en valor os establecementos distinguidos cos Premios do Comercio Galego 2024
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana os profesionais recoñecidos con estes galardóns que outorga a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- O Premio Comercio 2024 recaeu na librería Lectocosmos (Lugo), Vicente Ábalo (Vilagarcía de Arousa e Pontevedra) obtivo o Premio Comercio Traxectoria 2024 e o Premio Comercio Emprende 2024 foi para AO Domini (Ourense)
- A maiores, a Asociación Centro Comercial Aberto Carballo recibiu o Premio Comercio Dinamización 2024 e o Premio Comercio Consumo Responsable 2024 entregouse a La Böcöque (Cangas)
A Xunta axilizará co arranque de 2025 a habilitación dos libros de subcontratación na construción coa introdución da tramitación electrónica
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2024 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, mantivo un encontro con representantes das principais entidades empresariais do eido da construción en Galicia co gallo de darlles a coñecer os avances implementados pola Xunta para axilizar a habilitación dos libros de subcontratación requiridos na promoción de cada obra. En concreto, segundo explicou o secretario xeral, os...
Sábado 21 Diciembre 2024
A Xunta participa na entrega dos XIII 'Premios Rebulir da Cultura Galega' que recoñecen o labor da emigración en Cataluña
Ramirás (Ourense), 21 de decembro de 2024 O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e pola directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participou hoxe no acto de entrega dos XIII Premios Rebulir da Cultura Galega, no marco da 19ª edición do Festival Internacional Rebulir. En concreto, entregou a mención honorífica colectiva a representantes da ...
A Xunta participa en Madrid en senllos encontros co Estado e co resto de autonomías para avanzar na xeración de emprego e no impulso da economía social
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2024 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron esta semana en Madrid en senllos encontros con representantes do Goberno central e doutras comunidades autónomas co gallo de avanzar na xeración de emprego e no impulso da economía social. Así, na primeira reunión —correspondente ás ...
A Xunta pon en valor o evento 'Da Néboa Experience' para impulsar a visibilidade e a comercialización da Artesanía de Galicia
- A xerente da Fundación Artesanía Galicia, Elena Fabeiro, asistiu á inauguración deste mercado de Nadal que se celebra ata mañá domingo na Coruña e no que participan unha selección de oito profesionais adheridos ao selo
Viernes 20 Diciembre 2024
Arranca o obradoiro rural de emprego "Terras de Camba I", con 20 desempregados de Rodeiro, Agolada e Dozón
- O programa é posible grazas a un investimento da Xunta de Galicia de preto de 412.000 euros
- Reguera participou na inauguración e lembrou a alta demanda de traballadores que existe nas áreas de albanelería e forestal
A Xunta pon en valor os máis de 800 proxectos de éxito apoiados ao abeiro do Programa Retorno Emprendedor para seguir impulsando o tecido empresarial galego
- O titular de Emprego salienta as oportunidades que ofrece o talento retornado para consolidar Galicia como un referente estatal e europeo no eido do emprendemento vinculado ao territorio, avalado xa co galardón a Rexión Emprendedora Europea 2025
- O Executivo galego xa investiu desde o ano 2013 máis de 5,3 M€ nesta iniciativa, aos que se sumará 1 millón máis contando cos orzamentos de 2025, e que está enmarcada dentro do apoio ao emprendemento realizado a través da rede de polos
- Ata o momento, e con achegas que poden chegar ata os 10.000 por beneficiario, xa se apoiaron iniciativas procedentes de retornados de 40 países, en sectores como a hostalaría, o comercio, a Industria ou o deseño
- José González destacou a asesoría que de xeito complementario lles ofrece o programa Merlo para o éxito dos seus negocios, incluíndo mentoría e asesoramento en áreas como a comunicación, a administración ou as finanzas
A Xunta eleva ata máis de 10,5 M€ as axudas a entidades sen ánimo de lucro para contratar case 530 persoas e facilitar a súa empregabilidade nos servizos sociais
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde coa ampliación de orzamento desde os case 9,3 millóns de euros iniciais, que xa supoñían unha suba superior ao 9% en relación ao importe do exercicio anterior
- Permitirá chegar a 233 entidades beneficiarias, que deben ter como actividade principal o fomento de accións destinadas á inserción de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, servizos comunitarios, maiores, mulleres ou infancia
- Tivéronse en conta as que desenvolven proxectos singulares, aquelas que prestan servizos a outras asociacións, colectivos con máis dunha área de actuación autonómica e as que teñen máis de 100 profesionais no seu cadro de persoal
Jueves 19 Diciembre 2024
Ana Ortiz clausura o programa integrado de emprego que formou a 100 persoas en o Porriño
Vigo, 19 de decembro de 2024 A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este xoves na clausura do Programa Integrado de Emprego (PIE) que se celebrou durante o último ano no Concello de Porriño. A representante autonómica, que estivo acompañada polo alcalde, Alejandro Lorenzo, destacou a alta porcentaxe de inserción laboral que acadou a iniciativa. ...
A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social para consolidar o emprego de calidade e abordar retos do mercado laboral
- José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e proxectos de 2025, incluído o plan de traballo xunto co tecido produtivo e as centrais sindicais
- Pon de relevo o labor do Goberno galego da man das empresas para a cobertura de vacantes, unido á aposta pola modernización do Servizo Público de Emprego e pola formación á carta a través das microformacións promovidas desde Europa
- Fai fincapé na importancia da colaboración público-privada a través do proceso de escoita activa aberto para abordar cuestións de calado como a redución da xornada laboral ou o absentismo, que demandan actuacións coordinadas
Belén do Campo inaugura o obradoiro de emprego forestal Lambre-Mandeo 2024 no que se formarán 20 persoas en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
- A delegada da Xunta participou na apertura deste taller de formación que conta cun apoio da Xunta de case 412.000 euros e que se prolongará durante 9 meses
- A representante do Goberno autonómico destacou que neste obradoiro dual participan os concellos de Vilarmaior, Aranga, Irixoa e Monfero
0 Resultados. Desde Sábado 17 Febrero 2024 hasta Domingo 16 Febrero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Filtros
0 Resultados. Desde Sábado 17 Febrero 2024 hasta Domingo 16 Febrero 2025
Si no encuentras lo que buscas, usa los filtros de búsqueda para afinar la búsqueda y obtener resultados más precisos.
Filtros