A Xunta impulsa en Ourense a comercialización de Artesanía de Galicia e a divulgación dos oficios artesanais

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración da XXVII Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra ata o domingo 5 de maio
  • Nesta edición participan 18 obradoiros artesanais especializados en xoiería, coiro,  manipulado de papel, téxtil e bixutería
  • O evento traslada a súa localización este ano ata a praza Bispo Cesáreo e na programación inclúense obradoiros de cestería, de talla de vidro e de instrumentos musicais

Ourense, 27 de abril de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na inauguración da XXVII edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará aberta ao público ata o vindeiro domingo 5 de maio. O evento, que este ano cambia de localización e trasládase ata a avenida de Pontevedra e a praza Bispo Cesáreo (fronte á Alameda), está organizado pola Asociación de Artesáns de Ourense e conta co patrocinio da Xunta. 

Nesta edición participan como expositores 16 obradoiros de Artesanía de Galicia especializados na xoiería, no coiro, na bixutería, no manipulado de papel e no téxtil. En concreto, os obradoiros de Artesanía de Galicia son Xakarandá (Marín), Amorei (Soutomaior), Chueco (A Coruña), Mario López (Vigo), Silvereira (Ames), Zimzelatum (Gondomar), Paz Navas (A Coruña), A Sariña Maquinando (Ourense), Suso Calo - Lobo Tolo (Moaña), Mestura de Kores (Vigo), Rosa Fraíz (Vilagarcía de Arousa), María Aba (Ourense), Coiro Tres Pés (Pontevedra), Cabuxa (Tui), Taller Cruz (Vigo) e os artesáns Antolín Piel e Hiar Artesanía.  

O horario de apertura da feira é de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 h. a 21,00 h., e na programación de actividades inclúense cinco obradoiros de artesanía. Así, na xornada de hoxe, o artesán Carlos Sabrafén dirixe un obradoiro de instrumentos musicais en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 h. No mesmo horario, celebrarase un obradoiro de cestería impartido por Julia de Cal o mércores 1 de maio e o xoves día 2 será a quenda do artesán Miguel Carrera de Olería do Batán, que iniciará os máis pequenos no traballo co torno de olería en horario de 17,00 a 20,00 horas.

Mentres, o venres 3 de maio, tamén en horario de tarde, terá lugar un obradoiro de coiro para nenos e nenas a cargo de Lucía Casado, de Luciérnaga; e o último dos obradoiros será o de talla de vidro a cargo de Eugenio Soto, o sábado 4 de maio de 11,00 a 14,00 h. e de 17,00 a 20,00 h. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23903 {"title":"A Xunta impulsa en Ourense a comercialización de Artesanía de Galicia e a divulgación dos oficios artesanais","published_date":"2024-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23903"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-27/23903-xunta-impulsa-ourense-comercializacion-artesania-galicia-e-divulgacion-dos-oficios-artesanais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.