A Xunta pon en valor as súas políticas para unha economía verde e sustentable que aposte pola inclusión e polos beneficios sociais e colectivos

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro José González destacou que a 2ª Estratexia da economía social Horizonte 2027 proxecta xerar 4.000 empregos, crear 400 novas entidades e posicionarse na economía circular e noutros eidos como o industrial e o tecnolóxico
  • Dos 43,6 millóns de euros de orzamento cos que conta a economía social este ano, a Xunta xa convocou máis de 36 millóns en axudas para apoiar a creación e consolidación de entidades e para impulsar o emprego inclusivo
  • Pola súa banda, Ángeles Vázquez salienta a contribución das entidades sociais ao desenvolvemento da economía circular para darlle valor aos residuos impulsando a inclusión social, a formación e a creación de emprego e o coidado medioambiental
Imagen del artículo A Xunta pon en valor as súas políticas para unha economía verde e sustentable que aposte pola inclusión e polos beneficios sociais e colectivos

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024 O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participaron hoxe na xornada Economía circular inclusiva. Promoción da economía social no ámbito da economía circular organizada na Cidade da Cultura pola Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga) e pola Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal). Alí, ambos representantes autonómicos destacaron as políticas da Xunta de Galicia a prol dunha economía verde e sustentable que aposte pola inclusión e polos beneficios sociais e colectivos por diante da rendibilidade económica.  

Así, na inauguración da xornada, José González referiuse á 2ª Estratexia galega da economía social Horizonte 2027, que precisamente leva por título Economía social para unha Galicia sustentable, co propósito de posicionar esta fórmula empresarial nos sectores verde, sustentable, industrial, tecnolóxico e dixital, ao tempo que contén medidas para xerar 4.000 empregos e crear 400 novas entidades.

Cun orzamento de case 170 millóns de euros -duplicando o executado coa 1ª Estratexia-, o conselleiro sinalou que a Xunta actúa así baixo a premisa de que o crecemento económico e a creación de oportunidades e empregos de calidade non están reñidos con avogar por unha sociedade máis xusta e igualitaria, cun apoio firme á inclusión laboral de colectivos vulnerables como as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión.

Entre as medidas concretas da 2ª Estratexia, González fixo fincapé na posta en marcha dunha rede de aceleradoras a través dos Polos de emprendemento e apoio ao emprego que permita atraer ideas e investimentos á economía social galega e implantar programas para identificar oportunidades de negocio. Tamén -entre outras accións- crearase un campus formativo para a capacitación de axentes intermedios e persoal de xestoría e incidirase na redución do tempo de constitución das entidades, o mesmo polo que se avogará no marco da nova Lei de cooperativas na que se está traballando da man do sector.

Para seguir dándolle pulo á economía social, o titular de Emprego sinalou que a Xunta conta neste 2024 cun orzamento de 43,6 millóns de euros, un 3% máis que no último exercicio. No que vai de ano xa se teñen convocado máis de 36 millóns en axudas para apoiar a creación e consolidación de negocios dentro desta fórmula empresarial e para impulsar o emprego inclusivo, entre elas -e relacionadas co obxectivo da xornada de hoxe- achegas por 2,7 millóns para fomentar a transformación verde e dixital a través do Bono Consolida, coa previsión de beneficiar unhas 200 entidades. A maiores, tamén se referiu á orde que se publicará proximamente por 2,3 millóns de euros para promover a creación de cooperativas e sociedades laborais.

Colaboración vital

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, que clausurou a xornada, destacou a contribución das entidades sociais á economía circular facilitando a consecución dun triplo obxectivo nos eidos da inclusión social, a formación e a creación de emprego e o coidado medioambiental. Nesta liña, salientou a experiencia, traballo e compromiso medioambiental de entidades como Cegasal e Aeiga, polo que a súa colaboración é vital para levar a Galicia á primeira liña do crecemento verde, sostible e innovador.

 

A responsable autonómica lembrou ademais que o Goberno galego está comprometido coa posta en valor e a redución ao mínimo dos residuos como demostra que xa en 2019 aprobase a Estratexia Galega de Economía Circular. De feito, Galicia traballa a prol dunha xestión racional dos residuos e dun impulso á economía social coa finalidade de acadar un mundo máis xusto, sostible e inclusivo.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/05/2024
24415 {"title":"A Xunta pon en valor as súas políticas para unha economía verde e sustentable que aposte pola inclusión e polos beneficios sociais e colectivos","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/240516_emprego_x-1.JPG","id":"24415"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24415-xunta-pon-valor-as-suas-politicas-unha-economia-verde-e-sustentable-aposte-pola-inclusion-e-polos-beneficios-sociais-e-colectivos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.