A Xunta salienta a importancia do programa Galicia Camiño Emprendedor para dar un pulo a negocios de hostalaría e aloxamento vencellados á ruta Xacobea

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, percorreu hoxe a segunda etapa da iniciativa autonómica de apoio aos autónomos, que discorreu entre Fisterra e Muxía
  • Explicou que a actuación, baseada no mentoring, ofrece asesoramento ás persoas emprendedoras á vez que se percorren os tramos do Camiño
  • Búscase axudar aos traballadores autónomos a consolidar os seus negocios ao tempo que se promociona Galicia e o Camiño como destino de ocio e actividade económica
  • Puxo en valor o compromiso do Goberno galego polos traballadores autónomos, que representan en Galicia o 20,07% das persoas afiliadas, sendo a comunidade a primeira con maior peso do colectivo

Fisterra (A Coruña), 19 de abril de 2024

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, percorreu hoxe a segunda etapa do programa autonómico Galicia Camiño Emprendedor (entre Muxía e Fisterra) co que se ofrece aos traballadores autónomos asesoramento, a través da fórmula do mentoring, para axudarlles a consolidar os seus negocios, mentres se realizan tramos do Camiño co obxectivo tamén de promocionar Galicia e a ruta Xacobea como destino de ocio e actividade económica.

Fernández salientou no tramo que desenvolveu, desde Lires ata Fisterra, que o Camiño serve para xerar alianzas profesionais, ao tempo que se lle dá un pulo aos negocios de hostalería e aloxamento vencellados a el, que destacan pola súa singularidade.

O programa da Xunta, que se leva a cabo en colaboración coa Axencia Galega de Turismo e a Fundación Ronsel, utiliza a metodoloxía mentoring, que se basea na relación de confianza entre o titor e a persoa acompañada. É unha fórmula pola que aposta a Administración autonómica para desenvolver o potencial das persoas participantes. A iniciativa garante o acompañamento permanente dun mentor e a creación dunha rede de contactos profesionais para mellorar a actividade profesional.

Co Galicia Camiño Emprendedor, ademais, promóvese a sustentabilidade nas empresas vinculando o desenvolvemento dos negocios aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

O secretario xeral destacou que o impulso ao emprendemento e ao traballo autónomo é a mellor aposta para xerar progreso e innovación, dinamizar o territorio e fixar poboación. Por iso, indicou que a Xunta está a poñer en marcha programas como Galicia Camiño Emprendedor para dar apoio aos autónomos, que representan en Galicia o 20,07% das persoas afiliadas, sendo a comunidade a primeira con maior peso do colectivo integrado por máis de 213.000 profesionais (datos de marzo).

En palabras de Fernández, as empresas e as persoas traballadoras autónomas contribúen a xerar máis e mellor emprego en Galicia, ao tempo que apuntou que o o emprego é a mellor política social que existe.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23709 galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-19/23709-xunta-salienta-importancia-do-programa-galicia-camino-emprendedor-dar-pulo-negocios-hostalaria-e-aloxamento-vencellados-ruta-xacobea https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.