A Xunta achégalle aos máis pequenos o oficio dos zoqueiros a través da figura de Elena Ferro

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron esta mañá no CEIP Monte dos Postes de Santiago á primeira das demostracións incluídas no programa 'Artesanía na Escola'
  • Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019, é a protagonista de 'Eu son zoqueira', a primeira das unidades didácticas deste proxecto de divulgación da artesanía entre os máis novos impulsado polo Goberno galego

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron esta mañá en Santiago de Compostela á primeira das demostracións do proxecto Artesanía na Escola, iniciado pola Xunta este mesmo ano co obxectivo de achegarlles aos máis pequenos os nosos oficios artesanais e os valores da artesanía. A zoqueira Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019, e protagonista da primeira das unidades didácticas do proxecto, achegouse esta mañá a Santiago de Compostela para iniciar as demostracións prácticas sobre o seu oficio e responder as dúbidas dos escolares.  

Artesanía na Escola consiste na creación de diferentes unidades didácticas monográficas sobre oficios artesanais a través da figura de recoñecidos profesionais da artesanía e poñendo especial atención nos oficios máis tradicionais. Ademais das unidades didácticas en papel, os centros recibirán material didáctico en versión dixital e a visita dalgún dos artesáns que formen parte do proxecto. 

No caso desta primeira unidade didáctica, Eu son zoqueira, protagonizada por Elena Ferro, a coñecida zoqueira de Merza (Vila de Cruces) iniciou as súas demostracións visitando dous centros de ensino composteláns: primeiro o CEIP Monte dos Postes -onde a acompañaron o director xeral de Comercio e Consumo e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia- e, posteriormente, o CEIP Pío XII. 

Cada unidade didáctica falará dun oficio concreto a través da traxectoria dun artesán ou artesá real, co obxectivo de facilitarlle ao alumnado a comprensión do tema ou a ampliación de información, e tamén coa intención de que eses profesionais da artesanía poidan visitar algúns dos centros que están a participar no programa. 

Os obxectivos do programa Artesanía na Escola son divulgar os oficios artesanais que son patrimonio cultural e tamén sector económico, poñer en valor o produto feito á man e do profesional da artesanía como creador e como transmisor de coñecementos, divulgar os vellos saberes e amosar os novos oficios vinculados a unha artesanía máis contemporánea, transmitir os valores da artesanía vinculados a un consumo responsable, á produción local e sustentable e á economía circular e, a longo prazo, atallar a remuda xeracional nos oficios artesanais. 

'Eu son zoqueira'

A primeira das unidades didácticas deste proxecto, Eu son zoqueira, está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e está centrada no oficio da elaboración tradicional de zocos a través da figura de Elena Ferro, responsable de Eferro, un obradoiro familiar activo dende o ano 1915 e que viu recoñecida a súa traxectoria co Premio Nacional de Artesanía no ano 2019.

Elena Ferro destaca polo seu traballo cun produto característico da tradición rural: os zocos de madeira, que sufriron unha época de crise cando quedaron en desuso e só se empregaban para o traxe tradicional. Esta artesá conseguiu un cambio no valor de uso deste calzado de traballo, outorgándolle un novo significado a este produto sen eliminar a súa esencia e reinventándoo como complemento de moda con constantes innovacións en deseños, materiais e cores. 

A través de ilustracións e dunha linguaxe adaptada para o alumnado de Primaria, explícase a importancia dos zocos como calzado tradicional en Galicia e o oficio da elaboración dun zoco a través das partes que o conforman e das ferramentas empregadas. Nas fichas -que se entregan só en formato dixital- repásanse diferentes conceptos explicados no libro.

  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24321 {"title":"A Xunta achégalle aos máis pequenos o oficio dos zoqueiros a través da figura de Elena Ferro","published_date":"2024-05-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053337\/20240514+Artesania+na+Escola+1.jpg","id":"24321"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-14/24321-xunta-achegalle-aos-mais-pequenos-oficio-dos-zoqueiros-traves-da-figura-elena-ferro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.