O obradoiro galego de tornería de madeira de Aitor Martínez recibe o premio ao talento emerxente do Círculo Fortuny

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O artesán obtivo o galardón a Joven Promesa na terceira edición dos Premios Maestro Artesano impulsados polo Círculo Fortuny
  • Aitor Martínez, pertencente á marca Artesanía de Galicia, xa resultara finalista nos Premios Nacionais de Artesanía 2022, na categoría Premio Emprendemento

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

O obradoiro galego de tornería de madeira de Aitor Martínez, Aitor. (Tomiño), pertencente a Artesanía de Galicia, resultou galardoado na III edición dos Premios Maestro Artesano impulsados polo Círculo Fortuny. Aitor Martínez recibiu onte en Madrid o Premio Joven Promesa, en recoñecemento ao seu talento e que lle permitirá recibir un asesoramento por parte dun equipo de mentores durante seis meses.

Aitor Martinez comezou a súa formación como carpinteiro moi novo e dedícouse primeiro á elaboración de interiores de barcos e despois á elaboración de xoguetes artesanais.

Nos últimos anos, a raíz da súa aposta pola formación con profesionais especializados en tornería, dedicou o seu traballo artesanal á elaboración de pezas de madeira torneadas e chegou a formarse na prestixiosa escola Escoulen de Francia, na que só admiten sete alumnos por curso.

O traballo de Aitor está enfocado ao ámbito da decoración e da creación de ambientes e nel recoñécense os trazos dos grandes referentes do sector e, sobre todo, destaca a paixón que soubo trasladar cara á elaboración de pezas máis contemporáneas. Aitor Martínez, pertencente á marca Artesanía de Galicia, desde o ano 2022, resultou tamén finalista do Premio Emprendemento nos Premios Nacionais de Artesanía 2022.

O Círculo Fortuny é unha asociación española de marcas e institucións de excelencia que promove como unha das súas prioridades reforzar o valor do talento e do seu potencial como palanca para o desenvolvemento económico e social. Dende o ano 2022 convoca os Premios Maestro Artesano, co obxectivo de apostar pola sustentabilidade da artesanía e dos seus oficios e de traballar polo seu recoñecemento, promoción, apoio e viabilidade como negocio.

Estes premios contan con tres categorías: Xove Promesa, Mellor traxectoria e Mellor artesán de vangarda e buscan premiar as persoas ou proxectos que representen a produción artesá dun produto da máis alta calidade, experiencia demostrada nun oficio e que sirvan de inspiración a novos talentos.

Na edición do ano pasado,resultou galardoado o artesán Álvaro M. Leiro (Pazos de Borbén) como Mellor artesán de Vangarda. Leiro é experto en cestería tradicional e na súa aplicación á liguaxe contemporánea que colabora dende o ano 2016 coa marca Loewe, e que en decembro do ano pasado foi recoñecido co Premio Nacional de Artesanía 2023.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24240 {"title":"O obradoiro galego de tornería de madeira de Aitor Martínez recibe o premio ao talento emerxente do Círculo Fortuny","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887438\/20240510+Fortuny+1.jpg","id":"24240"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24240-obradoiro-galego-torneria-madeira-aitor-martinez-recibe-premio-ao-talento-emerxente-do-circulo-fortuny https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.