A Xunta financia con máis de 3,7 M€ un total de 80 accións formativas para persoas desempregadas na área de Ferrolterra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración oferta máis de 37.000 horas formativas nun total de 13 entidades da zona 

Narón (A Coruña), 13 de maio de 2024

A Xunta financiará con máis de 3,7 M€ un total de 80 cursos formativos que se imparten nas anualidades 2023 e 2024 en 13 centros ou entidades de formación acreditados nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal no marco do plan AFD (accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas). Así o avanzou esta mañá a delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, durante unha visita realizada ás instalacións da Fundación Laboral de la Construcción, no polígono Río do Pozo, onde se desenvolve un curso de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión. 

Durante a visita na que estivo acompañada pola alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e a vicepresidenta do Consello Territorial de Galicia da Fundación Laboral de la Construcción, Alejandra Gesto, Aneiros tivo a oportunidade de intercambiar impresións cos 10 alumnos do curso que están levando a cabo a súa formación neste centro. Fundación Laboral de la Construcción, como centro acreditado para impartir formación profesional para o emprego en Galicia e beneficiario da convocatoria autonómica, imparte un total de cinco cursos nesta convocatoria. Actualmente ten en marcha o de montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión e outro de soldadura con electrodo que imparte en horario de tarde a outros 13 alumnos.

A delegada territorial explicou que dos 3,7 M€ de investimento que esta convocatoria deixará na comarca, 2,1 corresponden coa anualidade de 2023 e 1,5 coa de 2023. En total, impartiranse 37.580 horas formativas. 

"A Xunta segue apostando pola financiación de accións formativas destinadas á cualificación profesional das galegas e dos galegos, con prioridade para os que se atopan en situación de desemprego", indicou a la delegada, "o que se procura é mellorar tanto a cualificación profesional dos alumnos como a competitividade das empresas".

As accións formativas están dirixidas á adquisición e mellora de competencias profesionais relacionadas cos requirimentos de produtividade e competitividade das empresas; ás necesidades de adaptación aos cambios operados nos sectores produtivos; e ás aspiracións de inserción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24291 {"title":"A Xunta financia con máis de 3,7 M€ un total de 80 accións formativas para persoas desempregadas na área de Ferrolterra","published_date":"2024-05-13","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887447\/FundacionLaboralAFD.jpg","id":"24291"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-13/24291-xunta-financia-mais-3-7-m-total-80-accions-formativas-persoas-desempregadas-na-area-ferrolterra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.