A Xunta avoga por unir sinerxías público-privadas para referendar a posición de Galicia como terra de oportunidades

  • José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo, a economía social e o comercio para abordar en común os retos
  • Como administración facilitadora para os investimentos en Galicia, avogou por simplificar e desburocratizar os procedementos
  • O novo Mapa do Emprendemento da Consellería de Emprego está a reunir todos os recursos e entidades implicados en Galicia e en dúas semanas xa aglutina un total de 145 rexistros de axentes que promoven as iniciativas empresariais

Pontevedra, 2 de maio de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou hoxe na inauguración en Pontevedra do centro dixital HubNet -unha iniciativa coa que a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa impulsará a transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o nacemento de novos negocios-, que o representante autonómico puxo como exemplo das actuacións que Galicia está a desenvolver para seguir a ser terra de oportunidades.  

González defendeu a colaboración público-privada dentro do ecosistema emprendedor para aproveitar sinerxías e para unir a todos os actores clave da economía en favor do crecemento da comunidade. Neste sentido lembrou que está a desenvolver un proceso de diálogo e escoita activa con patronal e sindicatos -hoxe mesmo reuniuse con representantes de CCOO e CIG- que completará nas próximas datas en contacto cos foros de autónomos, economía social ou do comercio e coas confederacións de empresarios de carácter provincial. 

"Queremos escoitar propostas para tratar de validar o que queremos mellorar", incidiu González, que apuntou como algúns dos aspectos prioritarios abordar cuestións como a formación para o emprego, a casación da demanda de traballo coa oferta, a loita contra a sinistralidade laboral e o absentismo laboral. 

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de reforzar a súa estrutura coa creación dunha nova dirección xeral específica de emprego autónomo e economía social, co obxectivo, dixo o titular deste departamento, de aproveitar o potencial emprendedor dos galegos. 

O Goberno galego quere ser unha Administración cada vez máis facilitadora para a empresa. Na presente Lexislatura avanzarase na simplificación, a desburocratización e a simplificación do catálogo de axudas existentes, aspectos nos que incidiu o conselleiro. 

González referendou o seu compromiso de apoiar ao tecido produtivo para que siga a crecer e a crear emprego de calidade. Tamén para abordar de maneira decisiva  a innovación no sector comercial minorista e a súa dixitalización para que ofreza un produto diferenciado que atraia máis clientela e blinde a súa fidelidade. 

Neste camiño, engadiu o conselleiro, "as Cámaras de Comercio son unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento empresarial, sobre todo na parte das pemes e na súa internacionalización". 

Mapa do emprendemento

O conselleiro referiuse, por outra banda, ao Mapa de emprendemento que vén de lanzar o seu departamento, un espazo virtual (www.mapaemprendemento.gal) que integra por primeira vez o ecosistema galego de apoio ao emprendemento con todos axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio. 

Tras o seu lanzamento hai dúas semanas, a web xa aglutina 145 de entidades (outras vinte amosaron o seu interese en facelo) que traballan na promoción das iniciativas empresariais na comunidade, afirmou González, quen amosou a súa convicción de que o emprendemento é chave que crear empregos próximos, de calidade, sustentables e igualitarios e para potenciar, a través das  novas ideas, un tecido empresarial máis rico e variado, plural e diverso. 

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24005 galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24005-xunta-avoga-unir-sinerxias-publico-privadas-referendar-posicion-galicia-como-terra-oportunidades https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.