A Xunta presenta en Lugo pola súa relevancia no sector forestal unha nova campaña para garantir a seguridade nos aproveitamentos en zonas perigosas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • González agradeceu a implicación das asociacións e empresas representativas deste eido económico á hora de previr os riscos laborais das persoas traballadoras para asegurar a súa competitividade e que siga servindo de panca impulsora do medio rural
  • O acto sucedeu á presentación en Ourense a pasada semana doutra campaña do issga para previr caídas de altura pola instalación de paneis solares en cubertas
  • Con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se conmemorou o pasado domingo 28 de abril, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten preparadas outras accións formativas ou en colaboración con distintos sectores

Lugo, 30 de abril de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou hoxe en Lugo na presentación dunha nova campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) para garantir a seguridade nos aproveitamentos forestais en zonas perigosas. No acto, no que tamén estivo presente a xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, González destacou a relevancia deste eido económico na provincia lucense, así como a implicación das asociacións e empresas representantivas do sector á hora de protexer as persoas traballadoras para que o forestal siga servindo de panca impulsora do medio rural.

En palabras do conselleiro, hoxe debe quedar claro que é fundamental a formación e información do persoal sobre os riscos máis habituais asociados aos aproveitamentos forestais, establecendo as medidas de protección e prevención pertinentes. Neste caso, trátase de recoñecer as zonas perigosas en tarefas como poden ser a corta manual ou mecanizada de árbores, o tronzado ou saca de madeira e a carga sobre plataforma, máis aló doutras situacións especiais que se poden rexistrar. 

Nesa liña,   transmitiuse que é primordial situarse fóra das zonas de perigo e asegurarse de que non haxa persoas nelas cando se opera, así como respectar as recomendacións de seguridade recollidas nos manuais de instrución dos equipos de traballo e atender ao recollido na avaliación de riscos.

Nese senso, González quixo recoñecer o labor do persoal técnico que día a día se encarga da prevención. Tamén o do Grupo de traballo técnico no sector forestal do Issga, que elabora documentos formativos e informativos sobre condicións de traballo seguras que permitan sensibilizar e abordar a sinistralidade laboral neste sector estratéxico. Así, téñense organizado -por exemplo- actividades a prol do correcto desenvolvemento do sector forestal, como cursos de prevención de riscos no uso da motoserra e da rozadoira ou de gamificación para avanzar na prevención de riscos laborais neste eido.

Todas estas actividades enmárcanse na Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027, que persegue afrontar os riscos ante a transformación do mercado laboral e  sentar as bases de cara a crear contornas de traballo seguras, saudables e sustentables. Deste xeito, -entre outras cuestións- abórdanse os riscos psicosociais, os accidentes laborais e as enfermidades profesionais, buscando reducir a sinistralidade en eidos con maior incidencia ou singulares, como é o caso do forestal, pero tamén noutros como o dos coidados, a pesca, a construción ou o naval. 

Máis actos do Issga

O acto de hoxe sucedeu á presentación o pasado mércores en Ourense doutra campaña do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para previr as caídas de altura por mor da instalación de paneis solares en cubertas. Ambas accións enmárcanse nas organizadas co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se conmemorou o pasado domingo 28 de abril, poñendo o foco no cambio climático e as posibles respostas ás situacións que xera neste campo.

Cómpre engadir que o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia organizou tamén unha xornada técnica baixo o título Como avanzar no benestar laboral e ser unha empresa saudable e sostible. Nos próximos días tamén están programadas visitas da Escola Galega de Prevención co gallo de concienciar ás novas xeracións da necesidade de consolidar pautas de saúde e seguridade laboral e accións a prol de colectivos senlleiros como as redeiras e mariscadoras. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23955 galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23955-xunta-presenta-lugo-pola-sua-relevancia-sector-forestal-unha-nova-campana-garantir-seguridade-nos-aproveitamentos-zonas-perigosas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.