A campaña internacional 'Quere o teu mercado' desenvolverase en Galicia o 25 de maio coa participación de máis de 900 praceiros galegos

Imagen del artículo A campaña internacional 'Quere o teu mercado' desenvolverase en Galicia o 25 de maio coa participación de máis de 900 praceiros galegos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración terá lugar o Día do Mercado en 41 prazas galegas que toman parte desta actuación
  • Na xornada celebraranse diversas actividades entre as que destacan showcookings, actuacións musicais, sorteo de cestas de produtos, obradoiros infantís ou concurso de debuxos
  • O obxectivo é promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade das praceiras e praceiros

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2024 A campaña internacional Quere o teu mercado na súa edición 2024, celebrarase en Galicia o Día do Mercado, o 25 de maio, unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coa que se busca promover os mercados e prazas de abastos de Galicia, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros.

Esta ano participarán na actuación máis de 900 profesionais de 41 mercados emprazados en 26 concellos de toda a xeografía galega (19 de Pontevedra, 16 da Coruña, 4 de Ourense e 2 de Lugo).

Ao longo da xornada desenvolveranse diversas actividades entre as que destacan a realización de showcookings, actuacións musicais, sorte de cestas de produtos do mercado, obradoiros infantís ou concurso de debuxos.

A actuación enmárcase na importancia que a Xunta dálle ao  comercio de proximidade, xa que ten enorme relevancia na xeración de  emprego e na dinamización das economías locais. É parte fundamental para o crecemento económico e social de Galicia.

Trátase dunha campaña internacional que arrancará o vindeiro 17 de maio ata o 1 de xuño.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24270 {"title":"A campaña internacional 'Quere o teu mercado' desenvolverase en Galicia o 25 de maio coa participación de máis de 900 praceiros galegos","published_date":"2024-05-12","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887444\/abastos+c.jpg","id":"24270"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-12/24270-campana-internacional-quere-teu-mercado-desenvolverase-galicia-25-maio-coa-participacion-mais-900-praceiros-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.