A Xunta impulsa o emprego rural mediante o apoio á contratación de máis de 400 persoas desempregadas nos concellos galegos

  • A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a notificar a resolución da orde Aprol Rural á que se destinan este ano sete millóns de euros para dinamizar o emprego de proximidade e mellorar as oportunidades de persoas desocupadas

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

A Xunta de Galicia está a destinar sete millóns de euros á contratación de persoas en desemprego para a realización de tarefas en concellos rurais, relacionadas principalmente coa prevención de incendios. A Administración autonómica está a notificar a resolución desta orde, da que se beneficiarán 288 entidades locais das catro provincias e un total de 427 persoas. 

Este programa diríxese a que concellos rurais, ben de maneira individual ou conxunta, contraten persoas demandantes de emprego. Os traballadores incorporados destinaranse á realización de tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios nas faixas secundarias: planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión da biomasa.

Con esta medida a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración proporciona aos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado de traballo a experiencia e práctica profesional que precisan e axuda a que teñan máis oportunidades.

Por provincias, as entidades locais da Coruña contratarán 120 persoas; as de Lugo, 89; en Pontevedra financiaranse 68 contratos e, en Ourense, un total de 150. 

Con carácter xeral outórganse subvencións para financiar un único contrato por concello, aínda que as prazas con apoio poden chegar a catro atendendo a que a solicitude a realicen entidades fusionadas ou municipios emprendedores. 

Con estas achegas, a Xunta reforza a colaboración coas entidades locais para financiar os custos salariais totais das persoas incorporadas. 

O programa está a avogar pola creación de postos de traballo no ámbito local e contribúe ao aproveitamento das posibilidades que brinda o emprego de proximidade. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23749 {"title":"A Xunta impulsa o emprego rural mediante o apoio á contratación de máis de 400 persoas desempregadas nos concellos galegos","published_date":"2024-04-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23749"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-23/23749-xunta-impulsa-emprego-rural-apoio-contratacion-mais-400-persoas-desempregadas-nos-concellos-galegos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.