Martina Aneiros anima aos particulares a descargar o Bono Activa Comercio co que acceder a descontos de ata 30 euros nos negocios de proximidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Esta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que alcanza a quinta edición, está dotada de 2,5 M€ e prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas 
  • Os bonos descargados poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento da convocatoria

Ferrol, 30 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o establecemento Loureda Joven, un dos preto de 400 negocios dos municipios das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal adheridos ata o momento á nova convocatoria do Bono Activa Comercio, unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración dotada con 2,5 M€.

Segundo lembrou a responsable do Goberno autonómico, a medida pretende incentivar a demanda e atraer nova clientela ao comercio de proximidade polo que pon a disposición das persoas consumidoras bonos de desconto de ata 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos que teñen de prazo ata o próximo 1 de setembro para sumarse á iniciativa.

Como en anteriores edicións, os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. Só se permitirá descargar un único bono por persoa, e o importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros. 

Martina Aneiros animou a descargar estes descontos a través da web www.bonosactivacomercio.gal e a empregalos canto antes, "xa que non se limitará o número de usuarios que se poden descargar os bonos, de xeito que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 M€ de orzamento cos que se dota esta convocatoria, os bonos que se teñan descargado xa non se poderán empregar", aclarou. Nos catro primeiros días da campaña lévanse descargados presto de 300.000 bonos en toda Galicia. A lista de negocios vinculados, así como toda a información sobre esta medida, pode consultarse na mencionada web. 

"A Xunta amosa con esta nova convocatoria o seu compromiso tanto co comercio local como coas persoas consumidoras convocando este programa que tan boa repercusión tivo ata o de agora e co que se pretende mobilizar 12 millóns de euros en vendas", sinalou Aneiros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23953 {"title":"Martina Aneiros anima aos particulares a descargar o Bono Activa Comercio co que acceder a descontos de ata 30 euros nos negocios de proximidade","published_date":"2024-04-30","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/BonoComercio.jpg","id":"23953"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-30/23953-martina-aneiros-anima-aos-particulares-descargar-bono-activa-comercio-co-acceder-descontos-ata-30-euros-nos-negocios-proximidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.