Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do Día mundial da seguridade e saúde no traballo

A Xunta de Galicia, con motivo do Día mundial da seguridade e saúde no traballo, que se conmemora o día 28 de abril, quere reiterar un ano máis, o seu firme compromiso co emprego de calidade, co convencemento de que o primeiro chanzo pasa por garantir a seguridade e a saúde mediante unha adecuada xestión dos riscos laborais nos lugares de traballo.

A Organización Internacional do Traballo (OIT) escolleu como lema para o ano 2024 Repercusións do cambio climático na seguridade e a saúde no traballo co gallo de analizar os desafíos que presenta para a poboación traballadora e para as empresas. Algúns exemplos de riscos laborais agravados polo cambio climático son o estrés térmico, a radiación UV, a contaminación atmosférica, os accidentes industriais graves, os fenómenos meteorolóxicos extremos, o aumento das enfermidades transmitidas por vectores e a maior exposición aos produtos fitosanitarios.

Todos estes riscos inciden no crecemento económico, no emprego e a saúde e precisan de actuacións para evitar ou minimizar as súas consecuencias na poboación traballadora.

Galicia, ademais de participar nas estratexias a nivel europeo e nacional neste ámbito, conta cun marco propio configurado pola Estratexia de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia: Horizonte 2027, froito do consenso coas organizacións sindicais e empresarial galega, que se converten nos principais motores para asentar no día a día a prevención de riscos laborais, e avanzar cara ao benestar laboral nas empresas galegas, combatendo desde a orixe os riscos e, polo tanto, a lacra da sinistralidade laboral.

Nesta estratexia contémplanse obxectivos e actuacións dirixidos aos novos escenarios e novas realidades do traballo, sen descoidar sectores aos que se dedica unha actuación prioritaria e preferente desde o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga).

É preciso reforzar a prevención de riscos laborais nos traballos que, en xeral, se desenvolven no exterior e en sectores ou actividades especialmente afectadas polas condicións meteorolóxicas como son a pesca, o marisqueo, o traballo das redeiras ou a construción.

Desde a Xunta seguiremos a facer fincapé tamén nos traballos de altura, na colocación de paneis solares e na actividade forestal.

Desde a Administración autonómica queremos, así mesmo, neste Día mundial da seguridade e saúde no traballo, poñer en valor e recoñecer o labor do persoal técnico en prevención de riscos laborais que día a día asesora e conciencia sobre a importancia de adoptar medidas preventivas no lugar de traballo. Os riscos laborais son cada vez máis complexos e necesitan dunha implicación de todo o ámbito empresarial, da colaboración das traballadoras e traballadores e da axuda, a través do exercicio das súas funcións, da Administración laboral e sanitaria.

O Goberno galego amosa o seu compromiso coa seguridade e saúde no traballo porque é a súa obriga vixiar que se cumpre coas medidas preventivas. Estamos vixiantes porque o máis importante son as vidas das persoas.

Con espazos de traballo seguros avanzaremos na consolidación da calidade do emprego. Continuamos, polo tanto, incidindo na creación de contornas de traballo saudables e sostibles, que teñan como valor fundamental a seguridade e a saúde integral das persoas traballadoras e o crecemento económico e social das empresas e das organizacións. O reto é lograr un verdadeiro estado do benestar que teña como centro as persoas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23900 {"title":"Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do Día mundial da seguridade e saúde no traballo","published_date":"2024-04-28","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"23900"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-28/23900-declaracion-institucional-da-xunta-galicia-motivo-do-dia-mundial-da-seguridade-e-saude-traballo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.