A Xunta pon de relevo a colaboración da rede de polos con AJE Galicia para o fomento do emprendemento

  • Esta tarde celebrouse en Vigo a xornada 'Aprende a xerar ingresos coas redes sociais da túa empresa', organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia
  • Enmarcada nas accións da Rede de polos de emprendemento que ten 13 centros activos na Comunidade, forma parte tamén do convenio asinado con AJE Galicia para a titorización de negocios e a organización de congresos ou actividades de networking

Vigo, 15 de maio de 2024

A Xunta pon de relevo a colaboración coa Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego con accións como a que se celebrou esta tarde en Vigo, titulada Aprende a xerar ingresos coas redes sociais da túa empresa. Ademais de estar enmarcada na axenda de actividades dos Polos, a xornada forma parte do convenio de colaboración asinado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con AJE Galicia.

Este convenio inclúe formación específica para o fomento do emprendemento e a dinamización do rural, actividades de networking e a organización de congresos. A maiores, supón a posta en marcha de medidas de asesoramento e de titorización para a creación de empresas, tamén ao abeiro da Rede de polos que conta con 13 centros activos no conxunto do territorio, dous deles na provincia de Pontevedra (Silleda e O Porriño), á espera de que abra un máis en Vilanova de Arousa.

Sobre a xornada desta tarde, tratouse a optimización das redes sociais para acadar os obxectivos comerciais ou a xeración de ingresos con distintas tácticas de venda directa e colaboracións. Tamén a creación de comunidades para afianzar os seguidores e a fidelización e o aumento de vendas.

En definitiva, o obxectivo é que as persoas participantes poidan aprender a crear unha comunidade, a fidelizar audiencias ou a optimizar as súas redes sociais empresariais, co propósito de que os seguidores se traduzan en vendas e, en consecuencia, na competitividade e rendibilidade dos negocios.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24377 {"title":"A Xunta pon de relevo a colaboración da rede de polos con AJE Galicia para o fomento do emprendemento","published_date":"2024-05-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24377"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-15/24377-xunta-pon-relevo-colaboracion-da-rede-polos-aje-galicia-fomento-do-emprendemento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.