José González visita a 61ª Feira do Viño do Ribeiro de Ribadavia
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
Ribadavia (Ourense), 4 de maio de 2024
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo alcalde de Ribadavia, César Fernández, visitou este mediodía a 61ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, tras asistir onte ao acto de inauguración.
No recinto da Alameda da localidade ourensá, González fixo un percorrido polos diferentes postos e puxo en valor tanto a calidade dos viños como o potencial dinamizador e de xeración de emprego da denominación de orixe (DO) Ribeiro.