O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración inicia un proceso de escoita activa coa patronal e os sindicatos para dar solucións aos novos retos

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Están previstas nos vindeiros días xuntanzas con cada un dos representantes dos sindicatos de UXT, CCOO e CIG co obxectivo de seguir matendo un posicionamento de escoita activa cos axentes sociais e económicos para acertar no deseño das medidas 
  • Avogou pola colaboración público-privada para que Galicia siga creando emprego de calidade nun mercado de traballo dinámico e inclusivo 

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, iniciou hoxe unha rolda de contactos con patronal e sindicatos que arrancou cunha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, en San Lázaro. 

González explicou, ao inicio da xuntanza, que nos vindeiros días celebraranse tamén reunións cos diferentes representantes de UXT, CCOO e CIG e dos diferentes foros con competencias na nova Consellería, como son, entre outros, os autónomos, a economía social e o comercio, para continuar deseñando programas da man dos axentes sociais e económicos co triplo obxectivo de conseguir un emprego de calidade nun mercado laboral dinámico e inclusivo e un crecemento económico intelixente; garantir a competitividade do tecido comercial, asegurando a súa viabilidade e impulso e o relevo xeracional; e redobrar a aposta polo retorno das galegas e galegos no exterior. 

O conselleiro fixo fincapé que unha das preocupacións principais é a escasez de man de obra -hai 12.000 vacantes sen cubrir- para o que apuntou que é preciso reter e atraer novo talento con programas como o Retorna Cualifica Emprego para dar a oportunidade de voltar a Galicia aos descendentes de emigrantes galegos de primeira, segunda ou terceira xeración. En definitiva, na reunión incidiu na aposta do Goberno galego pola colaboración público-privada a través dos procesos de escoita activa cos que hoxe arrancou cunha xuntanza coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) para dar solucións aos retos da nova Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23930 {"title":"O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración inicia un proceso de escoita activa coa patronal e os sindicatos para dar solucións aos novos retos","published_date":"2024-04-29","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887405\/20240429+ConselleiroCEG1.jpg","id":"23930"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-29/23930-conselleiro-emprego-comercio-e-emigracion-inicia-proceso-escoita-activa-coa-patronal-e-os-sindicatos-dar-solucions-aos-novos-retos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.