A Xunta organiza unha xornada técnica sobre benestar laboral no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027

Imagen del artículo A Xunta organiza unha xornada técnica sobre benestar laboral no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou esta semana esta xornada que dá comezo aos actos organizados co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, que se conmemora o próximo 28 de abril
  • Expuxéronse dúas propostas complementarias ao alcance do tecido produtivo galego para achegar o benestar laboral ás empresas con programas de promoción da saúde e para que coñezan os beneficios da certificación das boas prácticas

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2024

A Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), organizou esta semana unha xornada técnica baixo o título Como avanzar no benestar laboral e ser unha empresa saudable e sostible, no marco da oferta formativa do seu plan de actuación para 2024 e en liña cos obxectivos da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027. A acción -na que participou a xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja- tamén forma parte dos actos organizados co gallo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo que se conmemora o próximo 28 de abril e que este ano está centrado nas repercusións do cambio climático neste eido e nas posibles respostas.

Nesta xornada técnica, realizada en colaboración con Aenor, expuxéronse dúas propostas compatibles e complementarias ao alcance do tecido produtivo galego. En concreto, tratouse sobre como achegar o benestar laboral ás empresas con programas de promoción da saúde. Por outra banda, abordouse o fomento da cultura do benestar e as estratexias e beneficios da certificación dos sistemas de xestión de organización saudable cando se prima a seguridade laboral, a saúde, a sustentabilidade e o compromiso responsable coa contorna.

Cómpre apuntar que entre as medidas e accións da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 para protexer a saúde laboral inclúense liñas de acción concretas orientadas a potenciar a saúde no traballo e a consecución do benestar laboral. Nese senso, unha empresa é saudable cando, ademais de cumprir a lei en materia de prevención de riscos laborais, enfoca a saúde das persoas traballadoras de xeito integral e integrado en todas as políticas corporativas. Así, deben terse en conta tanto os factores de risco físicos como os psicosociais do traballo, tendo en conta sempre as achegas das propias persoas traballadoras.

O Issga forma parte desde hai 11 anos do Comité Técnico de Verificación da Rede Española de Empresas Saudables (REES) que, con preto dun milleiro de compañías adheridas, busca xuntar esforzos pola saúde das persoas. En concreto, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia avalía os programas e accións das empresas de cara ao recoñecemento de boas prácticas na promoción da saúde, das empresas saudables e sustentables neste eido e das mellores accións en saúde cardiovascular, saúde mental e traballo inclusivo.

Cabe engadir que para acadar o benestar laboral é fundamental garantir espazos que protexan, promovan e apoien a seguridade e saúde do persoal. Xa que no lugar de traballo adoitamos pasar moitas horas, manter os bos hábitos é esencial non só para lograr a saúde dos empregados, senón tamén para potenciar a motivación, o espírito laboral e a satisfacción no traballo mellorando, ao tempo, a calidade de vida en xeral.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23719 {"title":"A Xunta organiza unha xornada técnica sobre benestar laboral no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo Horizonte 2027","published_date":"2024-04-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/84832-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"23719"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-20/23719-xunta-organiza-unha-xornada-tecnica-benestar-laboral-marco-da-estratexia-seguridade-e-saude-traballo-horizonte-2027 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.