A Xunta destaca o novo taller de xastrería de Fernando Freire como exemplo de emprendemento artesán e transmisión dun oficio tradicional

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, destacou o papel da artesanía como xerador de emprego e dinamizador do comercio durante a inauguración deste obradoiro en Santiago
  • Fernando Freire é docente dun dos cursos de especialización do programa 'Aprender da tradición. Oficios e técnicas' impulsado pola Xunta para mellorar a capacitación profesional dos artesáns galegos e garantir a remuda nos oficios tradicionais
  • Esta iniciativa vinculada á xastrería artesanal é pioneira en España e o obxectivo do Goberno galego é continuar nesta liña para seguir formando futuros xastres

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta tarde á inauguración do obradoiro de xastrería artesanal de Fernando Freire en Santiago de Compostela. Durante a súa visita, Alén quixo destacar o importante papel da artesanía na creación de emprego e na dinamización do comercio local das vilas e cidades e sinalou a Fernando Freire como exemplo de emprendemento no sector e de impulso da remuda xeracional no seu oficio a través da docencia. 

En concreto, o director xeral de Comercio e Consumo referiuse ao curso de iniciación á xastrería artesanal enmarcado no proxecto Aprender da tradición. Oficios e técnicas impartido por este artesán dende novembro de 2023 e que ten previsto rematar no mes de xuño. Nesta actividade, de 168 horas de duración, participan titulares de obradoiros de Artesanía de Galicia, alumnos e profesores de moda.

Esta iniciativa vinculada á xastrería artesanal é pioneira en España e o obxectivo da Xunta de Galicia é continuar nesta liña de traballo e oficio para seguir formando futuros xastres. 

Aprender da tradición. Oficios e técnicas é un programa impulsado polo Goberno galego a través da Fundación Artesanía de Galicia para a renovación e a conservación de técnicas e de oficios tradicionais na artesanía galega, no que se teñen programado xa cursos especializados en ourivería, tecido tradicional, olería de Buño, patronaxe, tapicería e marroquinería. Ao longo do ano, irase completando con outras técnicas tradicionais vinculadas a diferentes oficios.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24246 {"title":"A Xunta destaca o novo taller de xastrería de Fernando Freire como exemplo de emprendemento artesán e transmisión dun oficio tradicional","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887438\/20240510+DXCC+Artesania+Fernando+Freire+1.jpeg","id":"24246"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24246-xunta-destaca-novo-taller-xastreria-fernando-freire-como-exemplo-emprendemento-artesan-e-transmision-dun-oficio-tradicional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.