José González pon en valor os recursos galegos ao emprendemento e salienta que a cifra de menores de 30 anos sen emprego acadou un mínimo histórico en abril

  • Explicou que o Goberno galego traballa para dar ás persoas emprendedoras todas as facilidades, unificando e coordinando todas as iniciativas, recursos e instrumentos, un eido ao que a Xunta destina este ano 31 millóns de euros, un 51,6 % máis que en 2023
  • O último informe GEM 2022/2023 reflectiu que a Taxa de Actividade Emprendedora (TEA) na comunidade galega elevouse ata o 5,4 %, sendo o segundo valor máis alto desde 2010
  • Estes bos datos únense aos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social de abril: Galicia lidera a caída do desemprego en España ao tempo que aumentaron as cotizacións polo que a comunidade crea emprego

Vigo, 10 de maio de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo en valor hoxe en Vigo, na apertura da segunda xornada da edición 2024 do congreso The Way Startup Summit, a aposta firme do Goberno galego polo emprendemento, un eido ao que se destina en 2024 preto de 31 millóns de euros, o que supón un 51,6 % máis que en 2023.

González sinalou neste foro, ao que asistiu onte o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, que o emprendemento é unha fórmula de éxito en Galicia: o último informe GEM 2022/2023 reflectiu que 2022 foi un ano positivo para o emprendemento en Galicia, cunha Taxa de Actividade Emprendedora (TEA) que se elevou ata o 5,4 %, sendo o segundo valor máis alto desde 2010.

Estes bos datos únense aos publicados esta semana de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social que reflicten que Galicia liderou a caída do paro en España con respecto a hai un ano, acadando unha cifra de desemprego histórica, xa que o número de persoas paradas nunca antes estivo por debaixo das 127.000 persoas, desde que hai rexistros (1996).

Así mesmo, apuntou que a cifra de menores de 30 anos sen emprego (13.851) é a máis baixa nun abril desde que hai rexistros (2006) e a de mulleres en paro (73.339) é a menor de toda a serie histórica (1996). O número de parados de longa duración (63.068) é o menor nun abril desde 2008. Na comparativa con abril de 2023, por sectores económicos, a baixada do paro liderouna a construción (-12,87 %), seguida da industria (-12,54 %), do sector primario (-11,32 %) e dos servizos (-8,93 %).

En Vigo, a cifra de desemprego rexistrou a máis baixa de toda a serie histórica (maio 2005) con 16.712 persoas en paro. Con respecto a hai un ano, baixou nun -10,94 %, unha redución maior á media acadada nas sete grandes cidades (-9,14 %); e na provincia de Pontevedra, o descenso do desemprego situouse nun -9,19 %

Con respecto ás afiliacións, Galicia continúa a crear emprego, cunha suba nas cotizacións reflectida tanto con respecto a hai un ano (+1,72 %) como na evolución mensual (+0,63 %).

Colaboración público-privada

En palabras de González e, para seguir mellorando as cifras do mercado laboral, Galicia busca atraer investimentos cara ao seu ecosistema de emprendemento innovador para o que a Xunta desenvolve unha intensa política de impulso ao investimento no tecido produtivo para que calquera proxecto emprendedor que se queira asentar en Galicia se quede en Galicia.

O conselleiro indicou que, para iso, a colaboración público-privada é moi importante para ir da man do tecido produtivo e tamén das forzas sindicais para acertar no deseño das medidas e das políticas activas de emprego. Así, lembrou que o primeiro que está a facer como conselleiro de Emprego, Emigración e Comercio é levar a cabo un proceso de escoita activa cos axentes sociais e económicos de Galicia.

Con base tecnolóxica

Así mesmo, fixo un relatorio dos principais programas autonómicos de impulso ao emprendemento en xeral e tamén o baseado no crecemento a partir dunha base tecnolóxica e ideas de negocios innovadoras. Con respecto a este eido, a Xunta apoiou a creación de máis de 400 empresas de base tecnolóxica e 2.200 postos de alta cualificación, grazas ao programa de incentivos ao emprendemento dirixido a investigadores e titulados universitarios, que acredita 23 anos de traxectoria.

 

Outros recursos ao emprendemento que ten en marcha a Administración galega son a Rede de polos de emprendemento, con 13 activos que dan cobertura a toda a xeografía galega, e que está a impulsar os proxectos das persoas emprendedoras en calquera das súas fases: proxectos novos, que están a piques de iniciarse ou que se queren consolidar.

Desde esta Rede, ademais, estase tamén facilitando a remuda xeracional para axudar os negocios que precisan de novas persoas para garantir o seu futuro.

Púxose en marcha ademais, un mapa de emprendemento para facilitar o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, reunindo todos os axentes territoriais e servizos ao dispor dos emprendedores da comunidade, un recurso que sumou en menos dun mes 162 entidades rexistradas relacionadas co impulso de iniciativas empresariais.

O conselleiro tamén referiuse a unha colección de guías de utilidade para poñer en marcha e xestionar un negocio, que se irán incrementando ata acadar 16. A elaboración da Estratexia do Emprendemento para o ano 2024 recollerá todo o relativo a estas iniciativas para completar as previsións  no ámbito do traballo autónomo e da economía social.

Por último, tras ratificar o compromiso da Xunta co emprendemento innovador e coa xeración do emprego de calidade, apuntou que tamén o Goberno galego traballa para mellorar o índice de empregabilidade e estabilidade no emprego, intentando axustar oferta e demanda laboral con instrumentos como Emi, baseado na Intelixencia Artificial.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24215 {"title":"José González pon en valor os recursos galegos ao emprendemento e salienta que a cifra de menores de 30 anos sen emprego acadou un mínimo histórico en abril","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24215"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24215-jose-gonzalez-pon-valor-os-recursos-galegos-ao-emprendemento-e-salienta-cifra-menores-30-anos-sen-emprego-acadou-minimo-historico-abril https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.