A Xunta pon en valor na feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade de Vigo a prol do emprendemento

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial entre a comunidade universitaria, con feiras ou premios ao emprendemento
  • Nomeou a mocidade como colectivo prioritario nas políticas de emprego, con apoios como o programa Investigo ou os obradoiros de garantía xuvenil

Ourense, 18 de abril de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, visitou esta tarde a feira EmpregoInCampus Ourense, organizada pola Universidade de Vigo (UVigo) no pavillón de deportes universitario ourensán para que o alumnado das diferentes titulacións poida coñecer as oportunidades profesionais existentes en empresas de moi diversos sectores. Na feira, onde tamén estaba o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, o conselleiro puxo en valor a colaboración coa institución para a promoción do espírito empresarial na comunidade universitaria.

En concreto, segundo sinalou, este ano destínanse ás tres universidades públicas galegas 410.000 euros para promover actividades como feiras de emprendemento e apoio ao emprego nos sete campus. Tamén se crearán premios ao emprendemento, con 20 galardóns aos mellores traballos de Fin de Mestrado e Doutorado e de Fin de Grao nas universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña.

Na feira EmpregoInCampus Ourense, á que tamén asistiron con José González a vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, e o subdelegado do Goberno, Emilio González, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta cun posto para dar a coñecer os programas de apoio ao emprego ou de formación orientada a atopar un oportunidade laboral. Nesa liña, o estudantado poderá saber ademais como preparar un currículum vitae ou unha entrevista de traballo.

Co convencemento de que a mocidade é o maior garante para construír unha Galicia próspera, o conselleiro referiuse a accións de apoio como o programa Investigo para fomentar o emprego xuvenil no eido da investigación, a tecnoloxía e a innovación, con 4,8 millóns de euros para apoiar a contratación nestes campos -concretamente- de persoas menores de 30 anos desempregadas. 

Así mesmo, o programa Galicia Emprega, con 17,5 millóns de euros, persegue incentivar a contratación das persoas desempregadas con máis dificultades para atopar traballo, como son a xente nova. Tamén se reeditan este 2024 os obradoiros de garantía xuvenil, con preto de 6,6 millóns de euros para que uns 240 menores de 30 anos inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil poidan acceder a 15 programas de emprego entre este ano e o que vén.

Segundo resaltou José González, as persoas mozas son tamén un colectivo con acceso preferente noutros programas como o de promoción do emprego autónomo, o de cooperación ou o de fomento do emprego no medio rural. Especial presenza no rural, precisamente, co gallo de xerar riqueza e fixar poboación, ten a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, con 13 centros activos dos que catro se sitúan na provincia de Ourense (Verín, O Carballiño, O Barco e Baños de Molgas) e que están abertos a que a mocidade solicite asesoramento para as súas ideas de negocio.

En definitiva, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración sinalou que as novas xeracións son o futuro e que por iso se seguirá dotando a mocidade das oportunidades que precisan, un esforzo compartido -dixo- coas institucións educativas e formativas e coas empresas e agrupacións empresariais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23682 {"title":"A Xunta pon en valor na feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade de Vigo a prol do emprendemento","published_date":"2024-04-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887167\/20240418+ConselleiroEmpregoIncampus.5.JPG","id":"23682"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-18/23682-xunta-pon-valor-na-feira-empregoincampus-ourense-colaboracion-coa-universidade-vigo-prol-do-emprendemento https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.