A Xunta forma un cento de persoas na prevención da exposición ao radon en centros de traballo

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou o curso organizado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) para actualizar o marco normativo na materia e mellorar a xestión dos riscos nas empresas

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela o curso O radon no ámbito laboral, no que tomaron parte un cento de inscritos, principalmente persoal técnico relacionado coa prevención de riscos laborais.  

A medida, incardinada no Plan de actuacións 2024 do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), permitiu someter a repaso as novidades normativas nesta materia, para prestar asesoramento a empresas e Administración en relación cos riscos da exposición a radiacións ionizantes. 

O secretario xeral puxo en valor o esforzo do Goberno autonómico para reforzar os coñecementos técnicos para xestionar a exposición ao radon nos lugares de traballo e avanzar na súa redución. Lembrou que Galicia, polas súas características xeolóxicas, é un territorio especialmente afectado por este gas, un contaminante natural que afecta á poboación en xeral e tamén no eido laboral. 

O curso de hoxe contou coa presenza da xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, e de reputados especialistas como Marta García-Talavera, experta en radiación natural do Consello de Seguridade Nuclear -único órgano competente en España en materia de radiacións ionizantes-, así  como polos profesores do Laboratorio de Radon de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela, Alberto Ruano Raviña e Juan Barros Dios, líderes a nivel mundial nos estudos e investigacións sobre este gas. 

Con esta actividade, o Issga, como órgano técnico  en materia de seguridade e saúde laboral de Galicia presta apoio, promoción, sensibilización e asesoramento técnico a todos os actores implicados na prevención dos riscos no eido laboral. Este órgano colabora ademais coa Inspección de Traballo e Seguridade Social e participará na execución do Plan nacional contra o radon mediante a estratexia deseñada ad hoc pola Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Sanidade.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24041 {"title":"A Xunta forma un cento de persoas na prevención da exposición ao radon en centros de traballo","published_date":"2024-05-03","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24041"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-03/24041-xunta-forma-cento-persoas-na-prevencion-da-exposicion-ao-radon-centros-traballo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.