A Xunta celebra o éxito da V edición do Bono Activa Comercio que se saldou con preto de 300.000 descargas para obter descontos por valor de 2,5 millóns

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe en Chantada dous dos 6.850 comercios galegos -case un milleiro na provincia de Lugo- que ofreceron descontos  
  • Destacou que xa se teña esgotado o crédito habilitado pola Xunta en tempo récord, o que permitiu que, en tan só cinco días, se acadasen os doce millóns de euros en vendas

Chantada (Lugo), 2 de maio de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe en Chantada dous dos negocios adheridos á V edición da campaña Bono Activa Comercio, onde celebrou que -tan só cinco días despois de que se activase a descarga de bonos para particulares- xa se teñan esgotado os 2,5 millóns de euros habilitados polo Goberno galego para que os negocios adheridos puideran ofrecer descontos. Así, a campaña saldouse con 6.850 comercios sumados á iniciativa nas catro provincias, con preto de 300.000 bonos descargados e con 12 millóns de euros mobilizados en compras.

En presenza do alcalde de Chantada, Manuel Taboada, do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e do presidente da asociación de empresarios e do Centro Comercial Aberto de Chantada, Iñaki Castiñeira, o director xeral agradeceu a súa implicación aos case mil establecementos da provincia de Lugo que se sumaron a esta campaña. Cualificou de éxito o programa mediante o que o Goberno galego financiou descontos de ata 30 euros co propósito de incidir na fidelización e na apertura a novos clientes do tecido comercial galego.

Cómpre recordar que os negocios que desexaron participar nesta iniciativa levaban adheríndose desde o 16 de abril, mentres que as persoas consumidoras interesadas puideron descargar os seus bonos de desconto na web www.bonosactivacomercio.gal desde o pasado día 26. Ao igual que en anteriores ocasións, cada persoa podía descargar un único bono e como o importe total dos descontos realizados alcanzou xa os 2,5 millóns de euros de presuposto, os bonos descargados xa non poden seguir empregándose.

Cabe engadir que os datos rexistrados nesta quinta edición superan aos da última, cando se adheriron máis de 6.700 negocios e se mobilizaron case 12 millóns de euros en compras. En total, nas catro edicións anteriores mobilizáronse no sector comercial retallista máis de 65,7 millóns de euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23992 galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/23992-xunta-celebra-exito-da-v-edicion-do-bono-activa-comercio-se-saldou-preto-300-000-descargas-obter-descontos-valor-2-5-millons https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.