O Mapa do emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso de iniciativas empresariais en Galicia

Imagen del artículo O Mapa do emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso de iniciativas empresariais en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aspira a facilitar, con este novo espazo web, o desenvolvemento de novas actividades empresariais, reunindo todos os axentes territoriais e servizos ao dispor dos emprendedores na comunidade

Santiago de Compostela, 1 de maio de 2024

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración vén de lanzar o Mapa de emprendemento, un espazo virtual (http://www.mapaemprendemento.gal)  que integra por primeira vez o ecosistema galego de apoio ao emprendemento con todos axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio. Tras dúas semanas desde o seu lanzamento, a web xa reúne 145 rexistros de entidades (outra vintena trasladou o seu interese en adherirse) que traballan na promoción das iniciativas empresariais na comunidade. 

Con medidas coma esta, a comunidade estase a consolidar como rexión emprendedora. O novo espazo será unha ferramenta moi útil para quen desexe desenvolver unha actividade en Galicia, para que sexa quen de localizar, de xeito áxil e nunha mesma contorna, a todos os axentes territoriais cos que pode contar. 

O Goberno galego quere ser unha Administración facilitadora, polo que na presente Lexislatura avanzará na simplificación e unificación do catálogo de axudas existentes para o emprendemento. 

Desde este 2024 a Xunta de Galicia está a axudar ás persoas que se dan de alta por primeira vez no réxime de autónomos, ao ofrecer o 100% de financiación da súa cota durante os primeiros doce meses. Case 5.000 persoas solicitaron estes apoios. 

A Rede de polos de emprendemento, por outra banda, asesorou xa máis de 1.600 experiencias de emprendemento desde o seu estreo hai case dous anos. Esta trama, integrada por trece polos en activo, aos que se sumarán en breve dous máis e un centro coordinador, dá cobertura a emprendedores radicados en todo o territorio, especialmente en zonas rurais, onde a iniciativa está a contribuír a dinamizar as economías locais.

A Administración autonómica está a apostar ademais pola remuda,  para evitar que morra o ecosistema comercial das localidades galegas. Así, no marco da Rede de polos, estase a desenvolver desde a Consellería de Emprego, Comercio e Igualdade, un programa específico, cun cento de empresas adheridas, coa finalidade de garantir a súa supervivencia, poñendo en contacto a persoas que cesan a súa actividade coas interesadas en retomala.

Non menos importante é para a Xunta a aposta pola economía social, con gran arraigamento en Galicia, que se seguirá a promover con apoios para o inicio de actividade, a consolidación e a xeración de emprego, contribuíndo tamén á súa promoción, esencial por se tratar dun modelo igualitario e de responsabilidade social. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23978 {"title":"O Mapa do emprendemento suma en dúas semanas 145 entidades rexistradas relacionadas co impulso de iniciativas empresariais en Galicia","published_date":"2024-05-01","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887408\/iStock_manosordenador.jpg","id":"23978"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-01/23978-mapa-do-emprendemento-suma-duas-semanas-145-entidades-rexistradas-relacionadas-co-impulso-iniciativas-empresariais-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.