Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Luísa Villalta

Imagen del artículo Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Luísa Villalta

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A maiores, a Secretaría Xeral tamén subirá de xeito gratuíto a súa web o libro ilustrado na que se narra a vida da homenaxeada nesta data

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

A Secretaría Xeral da Emigración celebrará o próximo venres 17 o Día das Letras Galegas con varias actividades dedicadas á cultura e lingua galega e á figura de Luísa Villalta, escritora á que se dedica esta celebración en 2024.

Os actos comezarán pola mañá cunha felicitación do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dedicada aos galegos do exterior aos que agradecerá a súa implicación na promoción e difusión da cultura e a lingua galega nos diversos países nos que residen, e animará a seguir utilizando o galego entre a colectividade exterior.

Posteriormente, pola tarde, a partir das 20 horas (hora de España), os interesados e interesadas en coñecer a historia e a vida da escritora coruñesa á que se dedica o Día das Letras Galegas poderán desfrutar dun contacontos sobre a súa figura que se poderá ver a través da páxina web e das diferentes plataformas dixitais da Secretaría Xeral (GaliciaAberta) da man de Polo Correo do Vento.

Finalmente, terá lugar tamén a publicación dunha banda deseñada titulada Tinta do mar  destinada aos máis pequenos para que poidan coñecer a vida e obra da poeta, narradora e dramaturga galega á que se homenaxea nesta ocasión, e que se poderá ver e ler, de xeito gratuíto, na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24391 {"title":"Emigración celebra o Día das Letras Galegas cun contacontos dedicado a Luísa Villalta","published_date":"2024-05-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1053343\/miranda+letras+2024+maio.jpg","id":"24391"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-16/24391-emigracion-celebra-dia-das-letras-galegas-cun-contacontos-dedicado-luisa-villalta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.