A Xunta pon en valor na 'Feira encontros 45+' as políticas autonómicas de emprego para incentivar a contratación dos colectivos prioritarios
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura desta iniciativa que promove a Cámara de Comercio da Coruña, co apoio da Administración autonómica
- Indicou que o Goberno galego inviste este ano 17,4 millóns para incentivar a contratación de desempregados con máis dificultades para acceder a un traballo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 15 de maio de 2024
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na apertura da II Feira de emprego: encontros 45+ na que salientou a importancia de aplicar dun xeito eficaz e eficiente as políticas activas de emprego para seguir mellorando o mercado de traballo e dar máis oportunidades a aqueles colectivos con máis dificultades para acceder a un posto laboral, como son os maiores de 45 anos.
No evento, que organizou por segundo ano a Cámara de Comercio da Coruña, co apoio da Administración autonómica, Fernández referiuse aos diferentes programas de apoio que ten en activo a Xunta para incentivar a contratación das persoas sen emprego en Galicia. É o caso de Galicia Emprega, co prazo de solicitude aberto ata o vindeiro 30 de setembro. Cos apoios desta actuación autonómica finánciase a contratación de persoas desempregadas na empresa, centros especiais de emprego, entidades sen ánimo de lucro e empresas de inserción.
Para iso, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración inviste este ano 17,4 millóns de euros para apoiar a contratación indefinida entre a mocidade (contará con 6.000 euros de apoio base), persoas paradas de longa duración (9.000 euros), mulleres (10.000 euros), emigrantes retornados ou estranxeiros (9.000 euros) e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social (14.000 euros).
Como novidade nesta edición, redúcese de 55 a 52 anos o acceso ao incentivo deste colectivo, que contarán para a súa contratación cun apoio base de 9.000 euros.
Fernández tamén fixo fincapé na importancia de casar oferta con demanda e apoiar, como o está a facer a Xunta, unha formación para o emprego baseada nos perfís profesionais que están a demandar as empresas galegas. Tamén referiuse á ferramenta Emi, que co uso da intelixencia artificial é un software que está a dotar ao Servizo Público de Emprego dos recursos necesarios para que as empresas poidan localizar o mellor talento ao tempo que as persoas que recorren a el conseguen consolidar a súa traxectoria profesional.
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais puxo en valor a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, unha iniciativa da Xunta coa que se asesorou desde a súa posta en marcha, en xullo de 2022, máis de 1.800 proxectos de diferentes sectores.