A Xunta felicita ao grupo 'Las Rías' polos seus 50 anos como referente do sector da ferraxería e a bricolaxe e por incardinar os valores do cooperativismo galego

Imagen del artículo A Xunta felicita ao grupo 'Las Rías' polos seus 50 anos como referente do sector da ferraxería e a bricolaxe e por incardinar os valores do cooperativismo galego

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que destacou o seu compromiso coa xeración de emprego e a riqueza pegada ao territorio

Vigo, 27 de abril de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Vigo nos actos conmemorativos do 50º aniversario da fundación da cooperativa Las Rías, entidade referente no sector da ferraxería e da bricolaxe en Galicia e Portugal, que puxo como exemplo dos valores que preconiza a economía social: a solidariedade, a cohesión territorial e a xeración de riqueza e emprego pegada ao territorio.  

Fernández felicitou ao grupo, que conta con presenza en máis de 120 puntos de venta en Galicia, norte de Portugal e León, e cualificou de referente esta sociedade cooperativa,  que se ten convertido na maior rede comercial do sector, e modelo a seguir polos novos emprendedores da economía social.

O secretario xeral remarcou tamén o compromiso de Las Rías co emprego inclusivo e de calidade e o seu papel fundamental na contribución ao crecemento económico de Galicia, obxectivos nos que, ao longo da súa traxectoria, ten contado co apoio da Xunta de Galicia.

Na súa intervención, o secretario xeral reafirmou o compromiso do Goberno galego coa  economía social, para impulsar o emprendemento e o emprego. Para seguir promovendo a economía social, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración seguirá afondando na difusión da economía social, na creación e consolidación de iniciativas e na promoción do emprego inclusivo.

A Administración autonómica vén de aprobar a Estratexia da Economía Social Horizonte 2027, que fomentará o crecemento das empresas e contribuirá a crear novas firmas atendendo á diversificación de sectores.

Tamén se está a avanzar na nova Lei de cooperativas, para adaptala aos novos tempos e axilizar a creación de entidades, dixo Fernández, un traballo no que se están a recadar as necesidades dos principais interlocutores.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23902 {"title":"A Xunta felicita ao grupo 'Las Rías' polos seus 50 anos como referente do sector da ferraxería e a bricolaxe e por incardinar os valores do cooperativismo galego","published_date":"2024-04-27","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887199\/IMG-20240427-WA0010.jpg","id":"23902"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-27/23902-xunta-felicita-ao-grupo-rias-polos-seus-50-anos-como-referente-do-sector-da-ferraxeria-e-bricolaxe-e-incardinar-os-valores-do-cooperativismo-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.