A delegada da Xunta en Ferrol clausura no campus industrial a xornada 'Moda inclusiva, Moda-b'

Ferrol, 8 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, clausurou esta tarde a xornada Moda inclusiva, Moda-B, sobre a adaptación da moda ás circunstancias psicomotrices das persoas con diversidade funcional. Na súa intervención Aneiros puxo o aceno no auxe que está a adquirir o sector da moda "un dos principais motores industriais da economía da nosa comunidade" e destacou a importancia da celebración de eventos coma este que "aportan valor á formación do alumnado e contribúen a poñer o foco de atención nas necesidades dun sector da poboación ao que temos que dar resposta", dixo.

O evento, que terá continuidade mañá cun desfile de moda inclusiva nos exteriores do campus de Ferrol, está organizado pola asociación sociocultural ASCM, en colaboración con alumnas do grao en Xestión Industrial da Moda do Campus Industrial de Ferrol e alumnos de diferentes ciclos formativos do IES Carvalho Calero. O proxecto está subvencionado a través da convocatoria de axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24169 {"title":"A delegada da Xunta en Ferrol clausura no campus industrial a xornada 'Moda inclusiva, Moda-b'","published_date":"2024-05-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"24169"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-08/24169-delegada-da-xunta-ferrol-clausura-campus-industrial-xornada-moda-inclusiva-moda-b https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.