O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e reúnese cos líderes sindicais de CCOO e CIG en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Nas xuntanzas incidiu na importancia da colaboración público-privada e no diálogo para seguir impulsando a actividade económica
  • A nova estructura da Consellería reforza o emprego autónomo e a economía social para simplificar o catálogo de axudas de acordo co que precisan estes colectivos
  • No Consello da Xunta do luns, precisamente, aprobáronse dous programas relativos a impulsar a economia social, para a transformación de empresas en cooperativas ou sociedades laborais, e o traballo autónomo, para a mellora da competitividade

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, proseguiu hoxe co proceso de escoita activa iniciado o luns coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) con dúas reunións: coa secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, e co líder sindical da CIG, Paulo Carril. Esta rolda de contactos cos principais axentes sociais e económicos de Galicia continuará a vindeira semana co máximo representante de UXT, José Antonio Gómez.

O novo titular de Emprego do Goberno galego incidiu na importancia do diálogo e da colaboración público-privada para seguir impulsando en Galicia o emprego, o comercio e o retorno das galegas e dos galegos no exterior e, en definitiva, para continuar dinamizando a economía galega.

Para iso, a Consellería conta cunha nova estrutura coa que xa se comezou a traballar desde o primeiro día para dar solucións aos novos retos. Baixou o paraugas da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais reforzarase o emprego por conta allea e o emprego autónomo e, para iso, creouse unha Dirección Xeral específica de Traballo Autónomo e Economía Social co cometido principal de simplificar o catálogo de axudas de acordo co que precisan os traballadores autónomos.

No Consello da Xunta celebrado este mesmo luns, precisamente, aprobáronse dous programas vinculados coa economía social e o emprego autónomo. Dunha banda, para a transformación de empresas en cooperativas ou sociedades laborais investiranse 2,3 millóns de euros en apoios que poden alcanzar un máximo de 74.000 euros. Estas axudas van destinadas a empresas sen remuda xeracional, unións de persoas autónomas e calquera tipo de sociedade que desexe converterse nunha fórmula de economía social ou tras a adquisición da entidade por parte das persoas traballadoras.

Aprobouse tamén a quinta edición do programa de mentoría para a mellora da competitividade de 200 autónomos. Desde que naceu a iniciativa en 2020, a Xunta asesorou máis de 850 traballadores autónomos a través deste programa.

Continuado coa estructura da Consellería, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais tamén dependerá a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego que seguirá centrada, entre outros, en casar oferta con demanda para dar as mellores oportunidades ás galegas e galegos que buscan un emprego.

Emigración e Comercio

Coa Secretaría Xeral de Emigración quérese seguir facilitando o retorno das galegas e galegos no exterior para atraer o seu talento a Galicia; e, por último, coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo preténdese mellorar a competitividade comercial, asegurando a súa viabilidade, impulso e relevo xeracional.

O impulso do emprego a través da economía social e os autónomos, das relacións laborais, do comercio e da emigración son as materias que se reforzarán, según González, a través do diálogo e o consenso e a colaboración público-privada para avanzar nos retos de Consellería como son, entre outros, a impulso do emprego de calidade e o axuste da oferta coa demanda utilizando a Intelixencia Artificial.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24002 galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-02/24002-conselleiro-emprego-comercio-e-emigracion-continua-co-proceso-escoita-activa-e-reunese-cos-lideres-sindicais-ccoo-e-cig-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.