A Xunta lanza un espazo web que reunirá todos os recursos para impulsar o emprendemento en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • José González puxo en valor a Rede de polos que, con 13 centros en Galicia, xa asesorou ao redor de 1.600 novos proxectos empresariais en menos dous anos
  • A Administración autonómica ten en marcha un plan de remuda para negocios sen continuidade ao que se adheriron xa un cento de empresarios
  • Galicia consolidouse neste inicio de ano como a comunidade con maior esforzo investidor en materia de emprego, con máis de 200 millóns mobilizados

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na conmemoración en Galicia do Día Mundial do Emprendemento, un acto que aproveitou para poñer en valor a potencialidade da comunidade galega como rexión emprendedora e para referendar os apoios que o Goberno galego seguirá a brindar na nova Lexislatura ás persoas que desexen investir ou desenvolver unha actividade económica na comunidade.

Entre outras medidas, o representante da Xunta referiuse ao lanzamento do denominado Mapa de emprendemento, un espazo virtual (www.mapaemprendemento.gal) que integra por primeira vez o ecosistema galego de apoio ao emprendemento con todos axentes, entidades, redes e recursos dispoñibles para iniciar un negocio.

González destacou, no acto celebrado esta mañá na Cidade da Cultura, que a Xunta seguirá a impulsar o emprendemento e fará un "esforzo importante" para reforzar o acompañamento ás persoas cunha idea de negocio.

O conselleiro referiuse á Rede de polos que, con 13 centros abertos,  estase a consolidar como dinamizadora da economía, en especial no rural, ao se nutrir das novas ideas e oportunidades relacionadas, entre outros ámbitos, coa tecnoloxía, o turismo, as enerxías renovables ou as producións orgánicas. A idea, remarcou, é chegar aos 15 centros máis un que atuará como coordinador, e avogar polo acompañamento de xeito máis intenso.

A Rede asesorou desde o seu estreo, hai algo menos de dous anos, máis de 1.600 proxectos. Os promotores atopan nestes centros apoio técnico e experto para o inicio ou renovación dos seus negocios en todas as etapas.

O representante autonómico quixo destacar, por outra banda, a aposta pola remuda, unha necesidade que , dixo, hai que atender para evitar que morra o ecosistema comercial das localidades galegas.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ten en marcha, no marco da Rede de polos, un programa específico de remuda, cun cento de empresas adheridas, coa finalidade de garantir a súa supervivencia, poñendo en contacto a persoas que cesan a súa actividade coas interesadas en retomala.

Na mesma liña, González sinalou a importancia de seguir a potenciar e dinamizar o emprendemento na economía social. Estes modelos promoven valores como a igualdade ou a solidariedade e antepón os intereses da colectividade.

Todo tipo de emprendemento

A Xunta de Galicia quere apoiar todo tipo de emprendemento, innovador ou tradicional, "todo aquelo que nos permita progresar como sociedade e como comunidade autónoma", afirmou o conselleiro, quen fixo referencia aos galegos no exterior, onde hai xente con moita cualificación, á que se lle pode brindar a posibilidade de ofrecerlle un retorno digno, para que poida traballar na comunidade por conta allea ou pola vía do emprendemento.

González amosou o seu convencemento de que a comunidade debe enfrontar o reto demográfico poñendo en valor o emprendemento, a actividade económica e atraendo  xente con ganas de innovar.

Con datos dos dous primeiros meses do 2024, a Xunta é a primeira Administración autonómica do Estado polo seu esforzo investidor, con máis de 205 millóns de euros mobilizados en distintas convocatorias para o emprego, destacou o novo titular de Emprego, Comercio e Emigración.

Iniciativas impulsadas pola Xunta como a cota cero para os novos autónomos, o programa de promoción do emprego autónomo ou o de nova oportunidade para traballadores por conta propia están a propiciar máis e mellor emprego.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
23644 {"title":"A Xunta lanza un espazo web que reunirá todos os recursos para impulsar o emprendemento en Galicia","published_date":"2024-04-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887164\/20240417+Dia+Emprendemento+1.jpg","id":"23644"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-04-17/23644-xunta-lanza-espazo-web-reunira-os-recursos-impulsar-emprendemento-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.