A Xunta estrea en Hijos de Rivera un ciclo de xornadas sobre as boas prácticas en responsabilidade social para atraer talento e xerar oportunidades laborais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou na primeira das catro xornadas programadas este mes para estudantes universitarios, na que puxo en valor o compromiso das firmas galegas coa sustentabilidade
  • Destacou o papel referente de Galicia co impulso da Responsabilidade Social Empresarial e polos criterios medioambientais para favorecer a competitividade do seu tecido produtivo
  • As xornadas porán en valor o impacto positivo destes compromisos en firmas galegas como Hijos de Rivera, Profand, Nauterra ou ASM Lab

A Coruña, 10 de maio de 2024.

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no museo MEGA Estrella Galicia na estrea do ciclo de xornadas As tendencias ASG e desenvolvemento do talento: aprendendo de referentes en impacto positivo, promovidas pola Xunta de Galicia para sensibilizar a mozos en formación das oportunidades laborais asociadas aos compromisos coa sustentabilidade e a responsabilidade social das empresas. 

Fernández puxo en valor esta iniciativa enmarcada na Estratexia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) 2023-2025 de Galicia que, con 174,7M€ de orzamento está a preparar a Galicia para os retos da economía sustentable e dixitalizada. 

O secretario xeral defendeu a introdución dos valores e principios da responsabilidade social empresarial na axenda das empresas galegas como mecanismos necesarios para impulsar a súa competitividade, produtividade e crecemento. 

Para axudalas, o Goberno galego ofrece un marco de referencia catalizador para que todos aqueles axentes públicos e privados que queiran avanzar nun exercicio voluntario de maior responsabilidade social. 

A Estratexia comprende 25 accións enmarcadas no eido da empresa, a sociedade e a Administración pública. Pretende, entre outros fins, transformar os modelos de negocio das empresas para que teñan máis oportunidades na economía que vén; apoiar ás empresas para mellorar os seus sistemas de transparencia e atraer e desenvolver talento favorecendo contornas de traballo inclusivas e con solucións innovadoras de impacto social e/ou ambiental. 

O ciclo que hoxe se estrea insírese nestes obxectivos, co gallo de sensiblizar aos estudantes acerca da nova realidade e darlles acceso a espazos de comunicación e acceder a boas prácticas que lles poden brindar máis e mellores oportunidades laborais. 

Tras o seu estreo hoxe na Coruña, celebraranse xornadas semellantes este mes en Profand, en Vilagarcía (13 de maio); en Nauterra, en Carballo (16 de maio) e en AMS Lab, en Lugo (23 de maio). 

O secretario xeral destacou que a comunidade galega quere seguir a situarse á vangarda da promoción da Responsabilidade Social Empresarial entre o seu tecido produtivo e asociativo, na Administración e para o conxunto da sociedade. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
24234 {"title":"A Xunta estrea en Hijos de Rivera un ciclo de xornadas sobre as boas prácticas en responsabilidade social para atraer talento e xerar oportunidades laborais","published_date":"2024-05-10","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/887438\/20240510+SXE+1.JPG","id":"24234"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-05-10/24234-xunta-estrea-hijos-rivera-ciclo-xornadas-as-boas-practicas-responsabilidade-social-atraer-talento-e-xerar-oportunidades-laborais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.