A Xunta resalta o valor da olería de Buño como exemplo de preservación artesanal e proxección de futuro

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron esta mañá a 40 edición da Mostra da Olería de Buño, que se celebra ata o domingo
  • O Executivo autonómico promove desde 2023 o relevo xeracional neste oficio a través do programa Aprender da Tradición. Oficios e técnicas, cunha oferta formativa especializada impartida polo artesán Antonio Pereira ´Rulo´

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Malpica de Bergantiños (A Coruña), 2 de agosto de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na visita institucional á cuadraxésima edición da Mostra da Olería de Buño, un dos principais referentes da olería tradicional en Galicia e núcleo activo de creación e transmisión deste oficio.

Durante o acto, destacou a relevancia desta feira como unha das citas monográficas máis consolidadas do calendario artesanal galego, así como o papel de Buño como espazo de recoñecemento á tradición e de impulso a novas xeracións de oleiros. Nese sentido, salientouse o labor que se está a desenvolver a través do programa Aprender da Tradición. Oficios e técnicas, impulsado pola Xunta co obxectivo de garantir a continuidade e a evolución do sector artesanal galego.

A Mostra de Olería de Buño celébrase ata mañá domingo en horario de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 horas, no Parque García Alén. Entre as novidades que incorpora esta edición atópanse as demostracións de olería e os talleres de barro para nenos. Entre os artesáns que participan nesta 40 edición, participan oleiros de Buño que forman parte da marca Artesanía de Galicia como Alfarería Rulo, Alfarería Aparicio, O Falsete ou Obradoiro Cambón, así como Risco Estudio (A Coruña).

Na programación do evento, organizado pola Asociación Oleira de Buño coa colaboración da Deputación da Coruña e as entidades O Quinteiro de Buño e Terras de Buño, inclúense tamén espectáculos musicais, faladoiros e animación para todos os públicos.

Remuda xeracional

Desde 2023, a olería de Buño é un dos focos principais do programa Aprender da Tradición. Oficios e técnicas, unha iniciativa formativa promovida pola Xunta para fomentar a recuperación dos oficios tradicionais, facilitar o relevo xeracional e profesionalizar o sector.

Neste tempo, impartíronse en Buño dos cursos de formación —Formas tradicionais da olería de Buño, entre decembro de 2023 e abril de 2024, e Perfeccionamento de técnicas tradicionais da olería de Buño, dende outubro de 2024 a marzo de 2025— e está previsto continuar coa formación especializada nesta olería tradicional.

Os cursos estiveron impartidos polo oleiro Antonio Pereria "O Rulo", artesán con máis de 40 anos de traxectoria que combina as formas tradicionais con esmaltes axustados ás novas tendencias. Nos últimos anos, está a colaborar con prestixiosos cociñeiros, con grandes marcas como Loewe ou Zara Home, e as súas pezas chegan a países como Suíza ou Xapón. Dende o ano 2023 preside a Asociación Olería de Buño e o pasado mes de xuño, foi recoñecido cun dos Premios de Honor da Asociación Española de Ciudades de la Cerámica.

Os obxectivos específicos do programa Aprender da tradición. Oficios e técnicas son capacitar os artesáns e expertos en oficios artesanais para que poidan transmitir os seus coñecementos; facilitar a formación de novas xeracións interesadas en aprender estes oficios e técnicas; fomentar a comercialización de produtos elaborados por artesáns locais e sensibilizar a comunidade sobre a importancia da conservación dos oficios tradicionais.

Unha das liñas estratéxicas da Xunta en materia de artesanía é preservar o patrimonio cultural e promover o desenvolvemento económico e a sustentabilidade de oficios, técnicas e coñecementos ancestrais transmitíndollelos ás xeracións futuras.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 02/08/2025
1150305 {"title":"A Xunta resalta o valor da olería de Buño como exemplo de preservación artesanal e proxección de futuro","published_date":"2025-08-02","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1808257\/20250802+NPBendicionNovasEmbarcacions+5.jpeg","id":"1150305"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-02/1150305-xunta-resalta-valor-da-oleria-buno-como-exemplo-preservacion-artesanal-e-proxeccion-futuro https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.