A Xunta recoñece ao CEIP Domaio de Moaña polo seu fomento do cooperativismo entre o alumnado
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Moaña (Pontevedra), 18 de xuño de 2025
A Xunta continúa coa entrega de galardóns do certame Cooperativismo no Ensino nos diferentes centros premiados na edición de 2025. Nesta ocasión, o CEIP Plurilingüe Domaio no concello pontevedrés de Moaña, foi galardoado con catro premios ao mellor traballo das categorías dirixidas a alumnado de infantil e primaria polos seus proxectos Os súper saudables: cooperación en acción; Cooperamos por unha biblioteca chea de vida; A aventura de cooperar pola igualdade, xogando e creando e Coñécete, coopera, transforma, destacando o seu compromiso coa difusión dos valores cooperativos.
O certame Cooperativismo no ensino é unha iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para difundir e promover o cooperativismo entre estudantes de todas as etapas educativas en Galicia —desde infantil ata formación profesional e ensinanzas de réxime especial— co que se busca impulsar a realización de actividades que fomenten o traballo en equipo, a responsabilidade compartida e a solidariedade entre o alumnado. Durante o mes de xuño, as diferentes entregas de galardóns servirán como antesala á celebración do Día do Cooperativismo Galego o vindeiro 5 de xullo, que baixo o lema As cooperativas promoven solucións inclusivas e sostibles para un mundo mellor e coincidindo co Ano Internacional das Cooperativas este 2025, pretendese destacar o seu papel crucial no desenvolvemento económico e social, na creación de emprego e na construción de sociedades máis xustas.