A Xunta activa a terceira e a cuarta campaña de ´Merca no teu Comercio´ en máis de 25 concellos galegos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá en Pontevedra na presentación da terceira e cuarta campaña quincenal do programa Merca no teu comercio

Pontevedra, 10 de xullo de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, participou hoxe en Pontevedra na presentación da terceira e cuarta campaña quincenal do programa Merca no teu comercio, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio co obxectivo de estimular a demanda e poñer en valor o comercio de proximidade, especialmente nos municipios rurais galegos e nos barrios sen asociación comercial.
A terceira campaña desenvolverase desde hoxe, 10 de xullo, ata o vindeiro 25 de xullo, nos concellos de Silleda e Vila de Cruces (Pontevedra); nos municipios ourensáns de Bande, Lobeira, Entrimo, Muíños e Lobios; na Fonsagrada (Lugo); e nos concellos de Narón e Fene (A Coruña). Pola súa banda, a cuarta campaña terá lugar entre o 20 de xullo e o 4 de agosto, e nesta ocasión celebrarase nos municipios coruñeses de Padrón, Rois e Dodro; nos concellos lucenses de Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo; en Ourense nos municipios de Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña; e, finalmente, na provincia de Pontevedra nos concellos de Tui, Oia e O Rosal.
Do mesmo xeito que nas dúas campañas anteriores, os consumidores poden rexistrar as súas compras a través da páxina web oficial da campaña ou mediante os propios comerciantes, duplicando así as opcións de participación. Entre todas as persoas participantes sortearanse 20 tarxetas prepago de 50 euros, que poderán ser canxeadas nos comercios locais adheridos ata o 31 de decembro de 2025.