A Xunta impulsa a conciliación das persoas autónomas cunha liña específica dotada con 1 M€ no marco da orde unificada de apoios a este colectivo

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Trátase dun dos cinco programas enmarcados na convocatoria única para autónomos lanzada por primeira vez este ano cun orzamento global de máis de 40M€, co obxectivo de beneficiar 8.700 traballadores e traballadoras por conta propia
  • O Bono Autónomo Concilia, co prazo aberto ata o 30 de setembro de 2025, estrutúrase en tres liñas de apoio diferenciadas co obxectivo de facilitar o equilibrio entre as responsabilidades profesionais e os coidados de persoas ao cargo
  • Entre outras opcións, apoia a contratación dunha persoa desempregada para cubrir a baixa de maternidade ou paternidade, coidado de menores, maiores ou dependentes, así como o financiamento de custos asociados a centros ou servizos de coidado
  • A orde única para persoas autónomas ofrece tamén outras axudas que estimulan desde o inicio de actividade, como a cota cero, ata a súa consolidación e mantemento

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia lembra que, no marco da orde unificada de axudas para persoas traballadoras autónomas —dotada con máis de 40 M€— conta cunha liña específica destinada a favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, cun orzamento total de 1 millón de euros. Esta medida concrétase a través do Bono Autónomo Concilia, que se estrutura en tres liñas de apoio diferenciadas co obxectivo de facilitar o equilibrio entre as responsabilidades profesionais e os coidados de persoas ao cargo.

A primeira das liñas, o Bono Autónomo Concilia I, está orientada a apoiar a contratación dunha persoa desempregada para cubrir o período de baixa por maternidade, paternidade ou situacións asimiladas como o risco durante o embarazo ou a lactancia. Neste caso, prevese unha axuda de ata 8.800 euros para contratos de substitución e entre 7.500 e 9.000 euros para a conversión do contrato en indefinido unha vez rematado o período de descanso. A persoa contratada deberá atoparse en situación de desemprego, e exclúense as contratacións con familiares directos ata o segundo grao.

O Bono Autónomo Concilia II está destinado a subvencionar a contratación indefinida, tamén de persoas desempregadas, por parte de autónomos e autónomas que necesiten apoio para o coidado de menores, persoas maiores ou persoas con discapacidade ou en situación de dependencia. As persoas beneficiarias deberán acreditar o vínculo de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa ao cargo, salvo nos casos de menores acollidos, nos que non será necesario acreditar a convivencia. O importe da axuda vai dos 7.500 aos 9.000 euros, segundo o colectivo destinatario, e reducirase proporcionalmente no caso de contratos a tempo parcial.

A terceira das liñas, o Bono Autónomo Concilia III, consiste no apoio aos custos asociados á contratación de centros ou servizos de coidado de menores, maiores ou persoas con discapacidade ou dependencia. Esta axuda cobre o 75% dos custos asumidos cun máximo de 3.000 euros, sempre que se acredite a contratación do servizo correspondente.

O período subvencionable abrangue desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, e para acceder a calquera das tres liñas do Bono Autónomo Concilia é necesario ter o domicilio fiscal en Galicia. Con esta iniciativa, a Xunta continúa a apostar por medidas que favorezan a conciliación e melloren a calidade de vida das persoas autónomas, contribuíndo a un modelo de traballo que pon ás persoas no centro.

Orde única para persoas autónomas

Esta é unha das cinco liñas de axudas integradas na orde unificada de máis de 40 M€ para persoas autónomas, aberta ata o 30 de setembro e cofinanciada parcialmente pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Deles, case 29 millóns destínanse ao programa de promoción do emprego autónomo, que consta de dúas liñas, unha para impulsar o inicio da actividade e o mantemento do emprego autónomo e outra coa que se garante a cota cero durante doce meses de actividade. Para o Bono Nova Oportunidade consígnanse 1,5 millóns de euros, mentres que os apoios do Bono Autónomo contan con 8 millóns.

No caso do Bono Remuda, o orzamento é de máis de 1,2 millóns e inclúe, ademais dos novidosos apoios ás persoas autónomas que traspasan o negocio por xubilación, axudas para quen asume o relevo con dúas liñas, que son o Bono remuda rural, para negocios en concellos de menos de 10.000 habitantes, e o Bono remuda xeral, para os que están en concellos de 10.000 habitantes ou máis.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/07/2025
1085495 {"title":"A Xunta impulsa a conciliación das persoas autónomas cunha liña específica dotada con 1 M€ no marco da orde unificada de apoios a este colectivo","published_date":"2025-07-06","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/193953-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1085495"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-06/1085495-xunta-impulsa-conciliacion-das-persoas-autonomas-cunha-lina-especifica-dotada-1-m-marco-da-orde-unificada-apoios-colectivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.