A Xunta destaca en Biscaia o vínculo entre artesanía e territorio con exemplos como o proxecto Enredadas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá en Karrantza na Xornada Arte e Pastoreo, impulsada pola marca Mutur Beltz a través dunha charla sobre artesanía contemporánea e territorio
- O evento enmárcase na IX Residencia Artística del Buen Vivir, un referente da arte localizada no medio rural e concibida como unha convivencia creativa baseada na sustentabilidade, na agroecoloxía e nos vínculos comunitarios
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Valle de Carranza (Biscaia), 28 de xuño de 2025
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá na xornada Arte e Pastoreo, impulsada en Karrantza (Biscaia) pola marca téxtil Mutur Beltz, especializada na recuperación da la da ovella autóctona karrantzana. Durante a súa intervención, Fabeiro falou sobre o papel da artesanía na vertebración do territorio, na fixación de poboación e na dinamización das zonas rurais, así como das grandes posibilidades dos oficios tradicionais para aproveitar os recursos locais para xerar novos produtos.
Entre outras cuestións destacou o programa Enredadas, que impulsa a Xunta desde o ano 2012 co obxectivo de fomentar a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas, como exemplo para que outros oficios tradicionais se acheguen ao mercado contemporáneo. Trátase dunha iniciativa enfocada a diversificar o traballo das redeiras artesás galegas para lles facilitar a apertura de novas oportunidades de negocio a través doutros ámbitos como a moda, os complementos e a decoración, ao que se lle engadiu tamén o ámbito das mascotas.
A través de cursos de formación especializada e continuada, redeiras artesás de diferentes localidades galegas tiñan a posibilidade de acadar unha renovación desta actividade tradicional ao tempo que un incremento dos seus ingresos. Deste xeito, foméntase a colaboración intersectorial, a introdución de novos materiais, a mellora das técnicas e a calidade dos produtos elaborados. Ao mesmo tempo, contribúe a potenciar o valor social do oficio das redeiras, a sustentabilidade e a economía circular.
De feito, grazas a este proxecto, a Fundación Pública Artesanía de Galicia foi galardoada como exemplo de boas prácticas co Premio Promociona para Entidades Públicas na XI edición dos Premios Nacionais de Artesanía 2016.
Residencia Artística del Buen Vivir
A Xornada Arte e Pastoreo está enmarcada na IX Residencia Artística del Buen Vivir, que está concibida como unha convivencia creativa baseada na sustentabilidade, na agroecoloxía e nos vínculos comunitarios e que está consolidada xa como un referente da arte localizada no medio rural. A Residencia - que se desenvolve ata o luns 7 de xullo - está impulsada tamén por Mutur Beltz, un proxecto fundado pola artista e investigadora Laurita Siles e por Joseba Edesa, co obxectivo de preservar a ovella carranzana e o oficio de pastor/a, ambos en perigo de extinción. Esta problématica abórdana mediante a agroecoloxía, a arte e o deseño, destacando a súa produción téxtil innovadora e apoiada por bioeconomía circular da la local. Mutur Beltz contribúe a revitalizar a industria local, a preservar as tradicións e a dinamizar o entorno rural, contribuíndo e descentralizando a arte contemporánea desde o rural.