A Xunta destaca a colaboración público-privada como clave para fortalecer un ecosistema emprendedor que reteña talento e atraia novas iniciativas a Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- José González destacou o labor da entidade en eidos como a formación, a mentoría e o acompañamento a proxectos emprendedores, especialmente no apoio ás persoas que deciden desenvolver ou consolidar iniciativas empresariais no territorio galego
- Sinalou que o Executivo autonómico aposta polo emprendemento como un eixo estratéxico para dinamizar o mercado laboral, impulsar o desenvolvemento local e contribuír á fixación de poboación e ao equilibrio territorial
- Destacou algunhas das principais liñas de apoio impulsadas pola Xunta neste ámbito, cun orzamento superior aos 32 millóns de euros en 2025 e no que a Rede de polos xoga un papel clave, sumando xa máis de 4.400 asesorados nas 15 oficinas activas
- Tamén puxo o foco na importancia do talento retornado para potenciar o mercado laboral, con medidas integradas na Estratexia Galicia Retorna como Retorna Cualifica Emprego, as axudas a Retorno Emprendedor (1M€) ou o programa Merlo
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 18 de xullo de 2025
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, interveu hoxe na inauguración do acto polo 25º aniversario da Fundación Ronsel, celebrado na sede da Fundación Luis Seoane da Coruña.
O conselleiro puxo en valor a traxectoria da entidade, subliñando o seu papel no impulso da empregabilidade e no fomento do emprendemento en Galicia. Destacou, neste sentido, o traballo da Fundación nos eidos da orientación laboral, a formación, a mentoría e o acompañamento a proxectos emprendedores, especialmente no apoio ás persoas que deciden desenvolver ou consolidar iniciativas empresariais no territorio galego.
Ademais, fixo fincapé na importancia da colaboración público-privada que promove a Xunta para fortalecer o ecosistema emprendedor, cun modelo que busca actuar como administración facilitadora, catalizando a confluencia de talento, recursos, alianzas e acompañamento. Nese contexto, sinalou que entidades como a Fundación Ronsel son aliadas estratéxicas para facer posible ese obxectivo. A este respecto, recoñeceu o labor da Fundación Ronsel en programas impulsados pola Xunta de Galicia de apoio ás persoas emprendedoras. Iniciativas que, segundo indicou González, permiten mobilizar recursos, sumar capacidades e ofrecer apoio integral no eido do autoemprego.
Emprendemento ligado ao territorio
Durante a súa intervención, o conselleiro sinalou que a Xunta de Galicia aposta polo emprendemento ligado ao territorio como un eixo estratéxico para dinamizar o mercado laboral, impulsar o desenvolvemento local e contribuír á fixación de poboación e ao equilibrio territorial. Un compromiso que foi recoñecido pola Unión Europea co galardón Galicia Rexión Emprendedora Europea 2025.
Neste marco, destacou algunhas das principais liñas de apoio impulsadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración neste eido, cun orzamento superior aos 32 millóns de euros en 2025. Entre elas, puxo de relevo o papel canalizador da Rede de polos de emprendemento, con 15 oficinas activas en todo o territorio galego, que teñen atendido máis de 4.400 proxectos e realizado arredor de 12.800 titorías personalizadas.
Tamén fixo referencia ao apoio ao traballo autónomo, a través da orde unificada de axudas dotada con máis de 40 millóns de euros, así como ás actuacións dirixidas ao fortalecemento do tecido comercial, onde o emprendemento tamén xoga un papel relevante, mediante o Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030.
Atracción de talento exterior
O conselleiro puxo tamén o foco no papel estratéxico que xoga o talento retornado no fortalecemento do ecosistema emprendedor galego, subliñando que o retorno non é só unha cuestión demográfica, senón tamén unha oportunidade de innovación e desenvolvemento empresarial. Neste contexto, referiuse á Estratexia Galicia Retorna, dotada con 450 millóns de euros ata 2026, como marco para canalizar o regreso de persoas galegas do exterior, cunha atención especial ás que desexan integrarse ou emprender no tecido económico da comunidade.
Entre os programas que conforman esta estratexia, destacou o Retorna Cualifica Emprego, centrado na inserción laboral de profesionais cualificados, así como o programa de Axudas ao Retorno Emprendedor (1M€). Tamén salientou o programa Merlo de mentoría para persoas emprendedoras retornadas como exemplo de acompañamento especializado que contribúe á viabilidade e consolidación dos negocios impulsados por este colectivo.