A Xunta participa no sorteo dos premios da campaña 'Merca no teu comercio' nos concellos pontevedreses de Mos e Gondomar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Mos (Pontevedra), 11 de xullo de 2025
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá no municipio de Mos no sorteo da campaña Merca no teu Comercio, organizada neste concello e no de Gondomar e onde tamén estiveron os alcaldes de ambos concellos, Nidia Arévalo e Paco Ferreira, respectivamente. As restantes accións da campaña continuarán desenvolvéndose ao longo das 4 provincias, de xeito quincenal e culminando tamén con sorteos ata o próximo 31 de outubro. Esta iniciativa enmárcase no convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Comercio co obxectivo de apoiar a innovación e a revitalización do sector.
Nesta ocasión, os consumidores puideron rexistrar as súas compras tanto a través da páxina web da campaña como directamente nos establecementos participantes, o que permitiu ampliar as vías de participación e duplicar as oportunidades de optar a unha das 20 tarxetas prepago de 50 euros sorteadas, canxeables nos comercios locais ata o 31 de decembro de 2025. Ademais, onte presentouse a terceira fase da iniciativa, que estará activa ata o 25 de xullo nos concellos de Silleda e Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra; Bande, Lobeira, Entrimo, Muíños e Lobios, na provincia de Ourense; A Fonsagrada, en Lugo; e Narón e Fene, na provincia da Coruña. Pola súa parte, a cuarta campaña desenvolverase entre o 20 de xullo e o 4 de agosto, nos municipios coruñeses de Padrón, Rois e Dodro; nos concellos lucenses de Burela, Xove, O Vicedo, Covas e Cervo; en Ourense, en Viana do Bolo, A Veiga, O Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña; e, finalmente, na provincia de Pontevedra, en Tui, Oia e O Rosal.