A Xunta sitúase á vangarda da formación para persoas desempregadas cunha orde innovadora que aposta pola flexibilización e o diálogo público-privado

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O DOG publica hoxe a nova convocatoria de Accións Formativas para Desempregados, dotada con 50M€ e reformulada por completo no marco da transformación cara a un modelo máis eficaz e aliñado coas necesidades reais do tecido produtivo
  • Entre as principais novidades, introdúcese a posibilidade de recibir microformacións dentro desta orde e, tamén por primeira vez, a formación dual obrigatoria nas formacións de longa duración, cun mínimo do 25% en contornas reais de traballo
  • A colaboración entre as entidades formativas, os clústeres e as empresas será fundamental, podendo o tecido produtivo demandar directamente accións formativas a través dos centros para garantir unha resposta áxil ás súas necesidades
  • As oficinas de emprego reforzan o seu papel, identificando necesidades formativas por sectores e territorios e derivando candidatos, que deberán comprometerse á asistencia no marco do seu itinerario consensuado de empregabilidade
  • As axudas poderán solicitarse desde o 16 de xullo ata o 30 de novembro de 2025 e completaranse en 2026 cunha orde específica que estará aberta desde comezos de ano e durante boa parte do exercicio

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova orde de Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), dotada con 50 M€ e que marcará un punto de inflexión no modelo de formación para o emprego que impulsa Galicia, reforzando a posición da Comunidade á vangarda no ámbito das accións dirixidas especificamente a persoas desempregadas das a través da flexibilización e da colaboración público-privada.

A convocatoria supón un redeseño integral respecto das edicións anteriores co obxectivo de garantir unha formación máis aliñada coas necesidades do tecido produtivo e incorporar a máxima flexibilidade na duración dos cursos para favorecer a rápida adaptación ás demandas do mercado, con novidades clave como a incorporación das microformacións e da formación dual obrigatoria nas formacións de longa duración, cun mínimo do 25% en contornas reais de traballo. Ademais, a nova orde promove a colaboración entre empresas e entidades formativas podendo o tecido produtivo demandar directamente acciones formativas a través dos centros para garantir unha resposta áxil ás súas necesidades á hora de establecer as accións formativas. Por exemplo, se unha empresa necesita soldadores, poderá contactar cun centro e solicitar un curso formativo axustado ás súas necesidades. Deste xeito, a entidade poderá organizar a acción coa garantía de que existe un nicho de empregabilidade, favorecendo unha oferta máis eficaz e orientada á inserción laboral.

As axudas poderán solicitarse do 16 de xullo ao 30 de novembro de 2025. O orzamento, procedente de fondos finalistas do Estado, está repartido en dúas anualidades: 30 M€ en 2025 e 20 M€ en 2026 —para financiar accións que se inicien este ano e poidan prolongarse no seguinte— e completarase o vindeiro ano cunha orde especifica que estará aberta boa parte do exercicio. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades e centros de formación acreditados e contémplanse anticipos de ata o 60 % para garantir a súa solvencia. Os cursos diríxense preferentemente a persoas desempregadas, aínda que se permite a participación de ocupadas ata un 30 % das prazas, sempre que non se cubran con persoas sen traballo. Prevese beneficiar en total a preto de 12.000 persoas.

Principais novidades

A nova orde AFD incorpora importantes novidades que supoñen un novo paradigma para todos os axentes implicados. Para as persoas desempregadas, a convocatoria representa unha oportunidade de acceder a formación máis útil e afastada de calendarios ríxidos. Grazas á flexibilidade na duración das accións e á participación das oficinas de emprego na orientación e selección do alumnado, cada itinerario poderá adaptarse mellor aos perfís profesionais. Como novidade, cada acción formativa debe responder a unha demanda real, cun compromiso previo acreditado polas entidades formativas dun mínimo do 30% do alumnado. Ademais, poderán impartirse graos B (200-300 h) e C (600-1.000 h), e por primeira vez microformacións de grao A (30-40 h), o que abre un novo escenario máis dinámico e adaptado ás necesidades reais do mercado.

Para as empresas, implica apostar por un modelo onde a formación vai parella á realidade produtiva. Así, cando demanden unha necesidade concreta de capacitación, poderán canalizala a través dos centros acreditados, garantindo unha resposta áxil. Ademais, nos programas de grao C, introdúcese de forma obrigatoria a formación dual, que require que polo menos o 25% das horas se desenvolvan en contornas de traballo, reforzando a utilidade práctica da aprendizaxe. As oficinas de emprego tamén reforzan o seu papel neste modelo, asumindo funcións na identificación de necesidades formativas por sectores e territorios, así como na derivación de persoas candidatas —con obriga de asistencia no contexto do seu itinerario consensuado de empregabilidade—.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250709/AnuncioG0767-270625-0002_gl.html

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 09/07/2025
1088369 {"title":"A Xunta sitúase á vangarda da formación para persoas desempregadas cunha orde innovadora que aposta pola flexibilización e o diálogo público-privado","published_date":"2025-07-09","institution_slug":"galicia","institution_name":"Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/195018-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1088369"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-09/1088369-xunta-situase-vangarda-da-formacion-persoas-desempregadas-cunha-orde-innovadora-aposta-pola-flexibilizacion-e-dialogo-publico-privado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.