A Xunta aposta por atender as necesidades de talento das empresas con medidas pioneiras na flexibilización da formación e a atracción de traballadores
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Como exemplos da colaboración público-privada, González destacou a revolucionaria convocatoria de apoios a accións formativas para persoas desempregadas, lanzada onte tras un redeseño integral, ou a nova orde do Bono Talento Empresa
- Definindo a Galicia como unha terra de oportunidades, remarcou a aposta por facilitar a captación de talento dun xeito ordenado, con fortes medidas para a diáspora e tamén para os traballadores de terceiros países
- Neste plan salientou fitos como o Retorna Cualifica Emprego -dirixido aos galegos do exterior- ou o aval do Consello Consultivo para solicitar o traspaso das competencias executivas en materia de autorizacións iniciais de traballo para persoas estranxeiras
- Referiuse á aposta do Goberno galego por potenciar o diálogo social para abordar retos como a loita contra o absentismo laboral inxustificado, esa parte "inadmisible", en definición do catedrático da USC Santiago Lago
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
O Grove (Pontevedra), 10 de xullo de 2025
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, puxo hoxe de relevo a aposta innovadora do Goberno galego pola atracción planificada de talento e a flexibilización real da formación. Neste último eido, salientou medidas pioneiras en España como a nova convocatoria de apoios a accións formativas para persoas desempregadas, publicada onte no DOG e á que a Xunta destina 50 M€, ou para persoas ocupadas, con ferramentas como as unidades formativas -8M€- ou a nova orde dos Bono Talento Empresa, dotada con 2 M€ e que sairá mañá.
En relación coa nova edición de apoios para accións formativas destinadas a persoas desempregadas, esta foi definida polo conselleiro como unha revolución que sitúa a Galicia á vangarda, a través dunha orde pioneira que aposta pola colaboración público-privada para axustar esta formación ás necesidades reais do tecido produtivo. Nesta liña, resaltou importantes novidades como a posibilidade de impartir pílulas formativas e, na formación de longa duración, introducir por primeira vez a formación dual obrigatoria.
Así o expuxo na inauguración do Encontro da Toxa 2025: Galicia: Economía Aberta, organizado polo Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga), que se celebra hoxe e mañá na Illa da Toxa e no que tamén participan o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles; o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo. Alí, definindo a Galicia como unha terra de oportunidades, o titular de Emprego debullou o programa de atracción de talento do Goberno galego, con ferramentas dirixidas tanto á diáspora galega como á persoas traballadoras de terceiros países, sempre apostando por unha migración ordeada e da man das empresas galegas.
Atracción de talento exterior
No referido ao retorno da comunidade galega no exterior, a Xunta conta coa Estratexia Galicia Retorna que inclúe ferramentas como o programa Retorna Cualifica Emprego, para canalizar o regreso de profesionais cualificados cun contrato de traballo en firme, contribuíndo á cobertura de vacantes en Galicia nun esforzo no que foi fundamental as innovadoras feiras de emprego celebradas en marzo na Arxentina e no Uruguai.
A isto súmanse as medidas dirixidas aos traballadores procedentes de terceiros países, onde a Xunta ve clave que Galicia asuma as competencias executivas en materia de autorizacións iniciais de traballo para persoas estranxeiras, cuestión que o Goberno autonómico solicitará formalmente tras o informe favorable do Consello Consultivo de Galicia. Este traspaso, subliñou José González, é fundamental para axilizar os procesos e impulsar a planificada estratexia de captación de talento que promove o Goberno galego.
Estas medidas súmanse ás accións internas para a potenciación do capital humano xa residente en Galicia, co foco nas mulleres ou a mocidade. Para a retención de talento mozo salientou programas como investigo e de 1º experiencia profesional, dos que a Xunta acaba de reforzar as edicións deste ano con 1,2 M€ adicionais para as empresas.
Diálogo social
Ademais, o conselleiro puxo o Encontro da Toxa como exemplo da colaboración público-privada e do diálogo social. Neste sentido, subliñou a importancia da colaboración da tripla hélice -empresa, academia e administración- a prol dunha xestión eficaz do talento e adaptada ás necesidades do mercado laboral. Ademais, destacou a aposta da Xunta por potenciar o diálogo social cun futuro decreto que establecerá a súa composición e funcionamento. Como mostra de cuestións que se abordan ao abeiro deste espazo, salientou a loita contra absentismo laboral inxustificado, esa parte "inadmisible", en definición do catedrático da USC Santiago Lago e para a que se creou unha mesa específica e se encargou un informe ás universidades de Santiago e Vigo co fin de propoñer medidas para reducir o seu impacto e sobre o que se afondará proximamente.