A Xunta salienta as medidas a prol da remuda xeracional dos autónomos e o comercio para reforzar o seu papel no emprendemento ligado ao territorio

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • José González destacou o esforzo do Executivo autonómico por apoiar de forma transversal ás persoas autónomas, clave no tecido produtivo galego e no pulo de sectores absolutamente estratéxicos como o comercio
  • No ámbito da remuda, lembrou que todas as persoas interesadas en traspasar un negocio en Galicia contan co asesoramento e a visibilidade da Rede de Polos, con cinco oficinas activas na provincia de Lugo, que xa atenderon preto de 1.000 proxectos
  • A isto súmanse apoios económicos fundamentais como o Bono remuda (1,2 M€) que este ano engade como novidade, xunto ás axudas xa incluídas para quen asume o relevo, apoios para quen traspasa por xubilación
  • Mencionou que a remuda e a conexión coa mocidade, tanto para fomentar vocacións emprendedoras como para fortalecer o seu vínculo cos negocios de proximidade, é tamén un dos eixos do vixente Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030
Imagen del artículo A Xunta salienta as medidas a prol da remuda xeracional dos autónomos e o comercio para reforzar o seu papel no emprendemento ligado ao territorio
Lugo, 17 de xullo de 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, clausurou esta tarde a xornada divulgativa para autónomos e comerciantes organizada por APE Galicia, na que tamén estiveron presentes representantes do sector da provincia de Lugo.

Durante o acto, González destacou o compromiso da Xunta de Galicia por apoiar de maneira transversal ás persoas autónomas, clave no tecido produtivo galego e no pulo de sectores absolutamente estratéxicos como o comercio. Galicia é a segunda comunidade con maior proporción de persoas autónomas respecto ao total de afiliacións, cun 19,29 %, porcentaxe que en Lugo supera o 24 %. Neste contexto, puxo en valor as políticas públicas centradas en ámbitos prioritarios como a remuda xeracional, o emprendemento, a formación continua e o acompañamento personalizado.

A este respecto, lembrou que todas as persoas interesadas en traspasar un negocio en Galicia poden acudir á Rede de Polos —con cinco oficinas activas na provincia de Lugo, en Friol, Mondoñedo, Sarria, A Fonsagrada e Monforte de Lemos, que en conxunto xa atenderon preto de 1.000 proxectos emprendedores— para darlle visibilidade á súa oferta e solicitar ao persoal técnico asesoramento no proceso de transmisión. Ademais, mencionou que teñen á súa disposición apoios económicos clave como o Bono remuda (1,2 M€) que este ano engade como novidade —ás axudas xa incluídas para quen asume o relevo—, apoios para quen traspasa por xubilación. Esta é unha das cinco liñas que, por primeira vez, se unifican no paquete de axudas para autónomos, dotado con máis de 40 millóns de euros. Nel inclúense tamén outras medidas, como o Bono Autónomo Concilia, que ofrece apoio á contratación dunha persoa traballadora para cubrir situacións como unha baixa por maternidade ou paternidade, así como para contratar persoal ou facer fronte a gastos relacionados con centros ou servizos de atención ao coidado de menores ou maiores ao cargo.

Xunto a estas axudas, José González destacou tamén o impulso a ferramentas innovadoras como o chatbot de intelixencia artificial da Oficina Virtual do Emprego Autónomo, deseñado para resolver dúbidas de forma inmediata e accesible. Ademais, avanzou a próxima posta en marcha da Academia Virtual para persoas traballadoras autónomas, unha plataforma dixital que ofrecerá formación e asesoramento práctico para mellorar a xestión e o rendemento dos seus negocios. Este novo espazo permitirá acceder, en calquera momento e desde calquera lugar, a contidos flexibles e adaptados ás necesidades do colectivo, con especial atención a aspectos como a tramitación administrativa, a fiscalidade ou a rendibilidade empresarial.

O comercio como sector clave

O conselleiro puxo tamén en valor a importancia do sector comercial en Galicia, que conta con máis de 32.000 establecementos e xera preto de 107.000 empregos, cun papel protagonista do colectivo autónomo. Neste sentido, referiuse ao actual Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, dotado con máis de 320 millóns de euros, co obxectivo de reforzar a visibilidade e dinamización do sector.

Con esta folla de ruta, a Xunta aposta por un modelo de comercio máis competitivo, moderno e conectado coa sociedade, que garanta a súa continuidade e o seu papel esencial nas vilas e cidades galegas. Entre os principais eixes do plan destacan a remuda xeracional e a conexión coa mocidade, tanto para fomentar vocacións emprendedoras como para fortalecer o vínculo dos máis novos co comercio de proximidade. A formación continua, especialmente a través de accións de microformación, é outro dos piares fundamentais desta estratexia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 17/07/2025
1101354 {"title":"A Xunta salienta as medidas a prol da remuda xeracional dos autónomos e o comercio para reforzar o seu papel no emprendemento ligado ao territorio","published_date":"2025-07-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1101354"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-07-17/1101354-xunta-salienta-as-medidas-prol-da-remuda-xeracional-dos-autonomos-e-comercio-reforzar-seu-papel-emprendemento-ligado-ao-territorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.