A Xunta e a USC investigan o xacemento de corro dos mouros, en Lugo, que data do final da Idade de Bronce

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial, Javier Arias, indicou que o Goberno galego destina 30.000 euros á campaña de escavacións para estudar a funcionalidade desa estrutura singular 

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 22 de xullo de 2024

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) levan a cabo un traballo conxunto de investigación sobre o xacemento de Corro dos Mouros, en Santa María Madalena de Adai (Lugo), unha estrutura singular cuxa construción corresponde ao final da Idade de Bronce.

Os resultados de dúas mostras analizadas por carbono 14 sitúan a fase de construción deste xacemento arqueolóxico no século XIII antes de Cristo, continuando a súa ocupación no séculos X e IX antes de Cristo. 

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude inviste 30.000 euros nesta intervención que promove a Universidade, baixo a dirección da profesora María Pilar Prieto Martínez. Ambos visitaron hoxe as escavacións, que permitiron exhumar parte do foso e do parapeto, e atopar numerosos fragmentos de cerámica de recipientes ben conservados. 

Trátase dun xacemento arqueolóxico tipo "roda",  que presenta unha forma en planta de tendencia circular delimitado por un parapeto ben definido en planta e altura, cunhas dimensións internas entre os 27 m -de norte a sur- e 30 m -de leste a oeste-, e unhas dimensións externas ao redor dos 52 metros de diámetro.

A campaña dá continuidade aos traballos realizados pola Universidade o pasado ano, e ademais de constatar a boa conservación do muro interno que rodea perimetralmente todo o xacemento, permitiu observar a existencia dun muro de contención exterior e un recheo de xabre entre eles de, polo menos, 4 metros de anchura. Tamén puido definirse o foso, de perfil en V con dous chanzos que suavizan lixeiramente a súa pendente, duns 7 metros de ancho e sobre 1,5 m de altura.

Confírmase a existencia dunha coiraza de xeixo colocada sobre o muro de contención de gran anchura, probablemente ocupando todo o muro perimetral, onde se romperon cantos rodados de diverso tamaño para ser colocados como cubrición. 

Este tipo de xacemento está nunha fase incipiente de investigación en Galicia, xa que a día de hoxe só hai 13 investigados e outros 50 detectados. Os estudos existentes, aínda preliminares, consideran que poderían ter unha funcionalidade funerario-ritual xa que no interior dalgún deles se localizaron unha serie de enterramentos en fosa, aínda que existe outra liña de investigación que interpretan este tipo de sitios como de uso habitacional e doméstico, como posibles proto castros do Bronce Final. 

Visita guiada

No Corro dos Mouros estanse a rematar os traballos de campo, que consistiron na roza do xacemento e da súa contorna e na realización da sondaxe arqueolóxica duns 32 metros de longo por 2 metros de ancho en todos os elementos (parapeto, foso, coiraza e interior do recinto). 

Como remate desta primeira fase da campaña arqueolóxica de 2024, mañá martes, ás 5 da tarde, levarase a cabo unha visita ao xacemento arqueolóxico, gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas, que será guiada pola directora da intervención.

En setembro realizarase unha segunda fase que consistirá na prospección xeofísica, magnética e con xeorradar, para mellorar a delimitación e o seu contexto inmediato.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 22/07/2024
342671 {"title":"A Xunta e a USC investigan o xacemento de corro dos mouros, en Lugo, que data do final da Idade de Bronce","published_date":"2024-07-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278600\/20240722+NP+MorrinaFest.jpg","id":"342671"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-22/342671-xunta-e-usc-investigan-xacemento-corro-dos-mouros-lugo-data-do-final-da-idade-bronce https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.